Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Crespo, SAT n.º 1322 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xaneiro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Iván Fernández Castro, presidente; Aurea Castro Jacobo, secretaria e José Fernández Negro, como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Gandería Iglesias, SAT n.º 1040 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xaneiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular todos os acordos tomados na asemblea do 12 de decembro de 2011.

2. Aprobar a baixa do socio Antonio Esturao Redondo, pola transmisión do único título que ten ao socio Alonso José Iglesias Tojo, de forma que o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Alonso José Iglesias Tojo 198 títulos 118.998,00 € de capital social

Cándido Iglesias Turnes 198 títulos 118.998,00 € de capital social

Rufina Tojo Botana 198 títulos 118.998,00 € de capital social

3. Modificar o artigo 11 tal e como consta na acta da asemblea, de forma que o número de socios que constitúen a SAT pasan a ser tres.

4. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Cándido Iglesias Turnes, presidente; Alonso José Iglesias Tojo, secretario e Rufina Tojo Botana, como vogal.

c) A sociedade agraria de transformación Xuaneiro, SAT n.º 980 XUGA, na asemblea xeral do 13 de xaneiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Ampliar o capital social da SAT nun importe de dezaseis mil douscentos vinte e sete euros con vinte e sete céntimos (16.227,27 €), que se distribúe entre os socios de forma equitativa, correspondéndolle a cada un o importe de cinco mil catrocentos nove euros con nove céntimos (5.409,09 €), polo que queda un capital social total de cento once mil setecentos oitenta e sete euros con oitenta e seis céntimos (111.787,86 €) representado por 186 títulos de 601,01 € cada un deles, e distribuído entre todos os socios da seguinte forma:

José Manuel Ferreiro Turnes 62 títulos 37.262,62 € de capital social

Pilar Noya Grela 62 títulos 37.262,62 € de capital social

Carmen Turnes Paredes 62 títulos 37.262,62 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto segundo consta na acta da asemblea.

3. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: José Manuel Ferreiro Turnes, presidente; Carmen Turnes Paredes, secretaria e María Pilar Noya Grela, como vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Hedra, SAT n.º 919 XUGA, na asemblea xeral do 30 de xaneiro de 2012, que ratifica a do 21 de novembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Maximino Varela Fernández, presidente; Ángel Roberto Díaz Iglesias, secretario e José Vicente Veiga Fernández, como vogal.

e) A sociedade agraria de transformación Agritonsa, SAT n.º 881 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2011 que ratifica a do 9 de xuño de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Agritonsa, SAT n.º 881 XUGA en Agrícola Tomiñesa, S.L.

f) A sociedade agraria de transformación Río Verde, SAT n.º 939 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2011, que ratifica a do 9 de xuño de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Río Verde, SAT n.º 939 XUGA en Río Verde Plantaciones Agrícolas, S.L.

g) A sociedade agraria de transformación Vivero As Vaqueiras, SAT n.º 1331 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2011, que ratifica a do 9 de xuño de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a transformación desta sociedade nunha sociedade limitada, é dicir, transformar a Vivero As Vaqueiras, SAT n.º 1331 XUGA en Vivero As Vaqueiras, S.L.

h) A sociedade agraria de transformación Serviagro Galicia, SAT n.º 1391 XUGA, na asemblea xeral do 21 de decembro de 2011, que ratifica a do 21 de decembro de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa formulada polo socio José Manuel López Otero, con DNI n.º 71855545, no seu propio nome e representación, logo de comprobar que reúne os requisitos legais para iso, coa conseguinte devolución do capital social desembolsado no seu día, que ascende á cantidade de catrocentos euros (400,00 €).

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en cinco mil douscentos euros (5.200,00 €), e estará representado por trece (13) títulos nominativos de catrocentos euros (400,00 €) cada un deles.

i) A sociedade agraria de transformación Vilachá, SAT n.º 1155 XUGA, na asemblea xeral do 20 de febreiro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Gerardo Sánchez López, presidente; Benjamín López Mato, secretario e Fernando Rodríguez López, como vogal.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Sandamil, SAT n.º 1132 XUGA, na asemblea xeral do 2 de febreiro de 2012, que ratifica a do 7 de novembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Esther Cabana Pérez, Manuel Sandamil Cabana e Luis Sandamil Cabana.

b) A sociedade agraria de transformación Cardama, SAT n.º 1368 XUGA, na asemblea xeral do 10 de febreiro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Alejandro Carrillo Fernández, Carlos Carrillo Calvo e Begoña Alonso Basalo.

C) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Agritonsa, SAT n.º 881 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2011, que ratifica a do 1 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A sociedade agraria de transformación Río Verde, SAT n.º 939 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2011, que ratifica a do 1 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

c) A sociedade agraria de transformación Vivero As Vaqueiras, SAT n.º 1331 XUGA, na asemblea xeral do 15 de decembro de 2011, que ratifica a do 1 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

d) A sociedade agraria de transformación Cardama, SAT n.º 1368 XUGA, na asemblea xeral do 15 de febreiro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria