Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de establecemento para o desenvolvemento e a distribución de material informático.

Wurth, S.L. Software y Servicios solicitou unha licenza municipal para a apertura dun local destinado ao desenvolvemento e a distribución de material informático, situado na rúa F, números 18-20, naves F-18 e F-20, do parque empresarial de Alvedro, parroquia de Almeiras. O expediente sométese á información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que as persoas afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Culleredo, 20 de febreiro de 2012.

P.D. (Resolución 22.6.2011; BOP n.º 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo