Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 26 de abril de 2012 Páx. 15298

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012 pola que se fai pública a incorporación de Fernando Ignacio González Laxe como conselleiro nato deste órgano.

Unha vez manifestado por Fernando Ignacio González Laxe o seu desexo de se incorporar ao Consello Consultivo de Galicia e declarado que non está incurso en ningunha causa de incompatibilidade, nesta data procedeuse á súa toma de posesión e á conseguinte incorporación a este Consello Consultivo na súa condición de conselleiro nato. Todo iso de conformidade co disposto no artigo 4.bis da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, na súa actual redacción dada pola Lei 12/2007, do 27 de xullo.

A presente resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2012.

M.ª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia