Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/101-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, n.º 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Castelao, 3.

Situación: Cangas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 22 metros de lonxitude, con orixe e final na L.M.T. CAG803 unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/4500-230 V, situado na rúa Castelao, n.º 3, Cangas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra