Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18691

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

ANUNCIO de información pública sobre licenza para explotación avícola.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e por instancia de María Fe Pedrouzo Lois, solicítase licenza para instalación de explotación avícola, en Portela de Riba, deste termo municipal de Piñor (Ourense).

O expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais e de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, por un período de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste edicto no DOG e no BOP de Ourense, para os efectos das posibles alegacións ou reclamacións contra o mesmo.

Piñor, 4 de maio de 2012.

Francisco José Fraga Civeira
Alcalde