Neste Concello tramítase expediente de delimitación do núcleo rural común de Barxelas, Punxín, que se somete a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, segundo o disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo.
Todo isto para efectos de exame e reclamacións do expediente por parte dos interesados, que se encontra de manifesto na Secretaría do concello e que poderá ser consultado de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas.
Punxín, 13 de abril de 2012.
Manuel Vázquez Fernández
Alcalde