Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18696

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

CEEI Galicia, S. A.

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2012 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos por CEEI Galicia, S.A. no primeiro cuadrimestre de 2012.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, publícase a relación dos convenios de colaboración subscritos por CEEI Galicia, S.A. no primeiro cuadrimestre de 2012, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

María Teresa Cancelo Márquez
Apoderada de CEEI Galicia, S.A.

ANEXO

A. Convenios de colaboración (artigo 11.1.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño).

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de
C.E.E.I. Galicia, S.A.

CEEI Galicia, S.A. e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Participación nas actividades da EGAP do persoal dependente de CEEI Galicia

24 de xaneiro de 2012

Sen achega económica

CEEI Galicia, S.A. e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Protocolo para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (Proxecto GEM) en España a nivel rexional

18 de abril de 2012

25.000,00 euros