Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 16 de maio de 2012 Páx. 18681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 30 de abril de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes IN414B-2011-3, IN414B-2011-256, IN414B-2011-330, IN414B-2011-379, IN414B-2011-387, IN414B-2011-609, IN414B-2011-617 e IN414B-2011-656.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN414B-2012-3.

Interesada: Fidel Electricidad, S.L.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-256.

Interesado: Electrodomésticos Menaje del Hogar (polígono).

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-330.

Interesada: Comercial Noya, C.B.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-379.

Interesada: Electrodomésticos Menaje del Hogar, S.A. (Urzaiz).

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-387.

Interesado: Comercial Ricardo.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-609.

Interesado: Couce Electrodomésticos.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-617.

Interesado: Electrodomésticos Quique.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.

Expediente: IN414B-2012-656.

Interesada: L&L Tecnolar, C.B.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.