Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19739

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Bioloxía Mariña.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Bioloxía Mariña, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor de la Universidad de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Bioloxía Mariña

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

18

Prácticas externas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulo

O Medio Mariño: Oceanografía Física

3

Obrigatorio

1.º

I. Materias Básicas

Botánica Mariña

3

Obrigatorio

Zooloxía Mariña

3

Obrigatorio

Microbioloxía Mariña

3

Obrigatorio

Ecoloxía Mariña

3

Obrigatorio

Fisioloxía de Organismos Mariños

6

Obrigatorio

Bases Moleculares da Adaptación ao Medio Mariño

3

Obrigatorio

Técnicas de Estudo de Organismos Mariños

3

Obrigatorio

Deseño Experimental e Recursos de Información

3

Obrigatorio

Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas

6

Obrigatorio

1.º

II. Materias Comúns

Cartografía, S.I.G. e Teledetección

3

Obrigatorio

Xestión do Medio: Socioeconomía, Educación Ambiental e Lexislación

3

Obrigatorio

Bioloxía da Conservación

3

Optativo

1.º

III. Usos Sustentables e Xestión do Medio Mariño

Diversidade Xenética e as súas Aplicacións ao Estudo de Organismos Mariños

6

Optativo

Contaminación e Ecotoxicoloxía Mariña

3

Optativo

Bioloxía de Especies Explotadas e Potencialmente Explotables

6

Optativo

1.º

IV. Recursos

Mariños

Avaliación e Explotación de Recursos no Litoral

3

Optativo

Pesquería e Explotación de derivados da Pesca

3

Optativo

Estatística Espacial e Modelización

3

Optativo

1.º

V. Materias

Optativas

Especies Invasoras e Fouling

3

Optativo

Bioloxía do Desenvolvemento de Organismos Mariños

3

Optativo

Mecanismos de Toxicidade e Desintoxicación de Xenobióticos

3

Optativo

Prácticas Externas

18

Obrigatorio

2.º

VI. Prácticas Externas

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

VII. Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Bioloxía Mariña, o alumnado deberá superar 72 ECTS obrigatorios dos módulos I, II, VI e VII, 12 ECTS dos módulos III ou IV e 6 ECTS dos ofertados no módulo V.