Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2012 Páx. 21238

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 16 de maio de 2012 pola que se resolve a convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Orde do 9 de xaneiro de 2012 apróbanse as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención das drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e co Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como co especificado no artigo 13 da citada Orde do 9 de xaneiro de 2012 , da Consellería de Sanidade (DOG n.º 13, do 19 de xaneiro) pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións para proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro, os órganos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia, nos termos que se fixen regulamentariamente, as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Así mesmo, o artigo 12 da citada orde establece que, examinadas pola comisión de valoración constituída para o efecto as solicitudes presentadas, se procederá á súa resolución. Esta resolución foi ditada pola conselleira de Sanidade o 16 de maio de 2012, por proposta do titular da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, órgano instrutor do procedemento.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único. Ordenar a publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2012 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención das drogodependencias na Comunidade Autónoma de Galicia, así como daquelas subvencións non concedidas ou das solicitudes desestimadas, que se relacionan no anexo desta orde, con expresión das contías e nome dos beneficiarios e dos motivos que deron lugar á súa non concesión ou desestimación.

Finalidade das subvencións: axudas ao desenvolvemento de proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas, nos ámbitos escolar, familiar e xuvenil, recollidos na carteira de servizos en materia de prevención das drogodependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e de proxectos de prevención indicada dirixida á redución de riscos e diminución de danos en drogodependentes en situación de emerxencia social.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Aplicación orzamentaria: 1002.413A.481.1

Clase

Proxecto

Cód. Exp.

Entidade solicitante

CIF

Puntuación

Solicitude

Motivo

Contía subvenc.

% concedido sobre
solicitude

1

Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais ou agrupacións de concellos cunha poboación

=> 50.001 habitantes

SA463F/2012/1C 01

ADAFAD

G15487838

67,92

Concedida

43.729,61

88,30%

SA463F/2012/1C 02

Alborada

G36624963

Non concedida

Incumpr.

art. 4.1.a)

SA463F/2012/1C 03

ASFEDRO

G15072010

52,17

Concedida

34.601,30

86,72%

SA463F/2012/1C 04

ATOX

G32106429

Non concedida

Incumpr.

art. 4.1.a)

SA463F/2012/1C 05

MADRO

G36750651

52,45

Concedida

34.300,00

100%

SA463F/2012/1C 06

Proxecto home

G15258213

Non concedida

Incumpr.

art. 4.1.a)

2

Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en concellos individuais ou agrupacións de concellos cunha poboación

=> 10.001 hab. e < 50.000 habitantes

SA463F/2012/2C 01

Abeiro

G15381627

70,76

Concedida

32.278,70

100%

SA463F/2012/2C 02

Avante

G36144707

44,24

Non concedida

Incumpr.art. 10

SA463F/2012/2C 03

Érguete Baixo Miño

G36124279

81,39

Concedida

48.475,02

86,63%

SA463F/2012/2C 04

Neria

G15388051

60,43

Concedida

37.519,54

62,53%

SA463F/2012/2C 05

Renacer

G15281611

68,66

Concedida

41.658,14

96,11%

3

Plans comunitarios

SA463F/2012/3C 01

A. VV. do polígono Vite

G15228661

61,81

Concedida

46.395,79

68,23%

SA463F/2012/3C 02

Distrito 5.º

G15413727

66,42

Concedida

49.388,84

82,52%

SA463F/2012/3C 03

Plan Comunit. Teis

G36791960

64,17

Concedida

35.960,00

100%

SA463F/2012/ 3C 04

Rexurdir

G36046241

66,36

Concedida

49.349,87

78,03%

4

Proxectos dirixidos a comunidades étnicas con especial risco

SA463F/2012/4C 01

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

55,10

Concedida

33.250,00

95%

5

Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva nun programa de intervención precoz de drogodependentes en situación de emerxencia social

SA463F/2012/5C 01

Fund. Érguete Integración

G36861078

70,38

Concedida

118.093,17

76,19%

SA463F/2012/5C 02

Comité Antisida Ourense

G32169609

48,90

Non concedida

Incumpr. art. 10

SA463F/2012/5C 03

Médicos del Mundo

G79408852

64,78

Non concedida

Incumpr

art. 8.e)

SA463F/2012/5C 04

A Creba

G15476310

Desestimada

Incumpr.

art. 3.4

SA463F/2012/5C 05

Asut. Ourense. Usuarios y Ex-Usuarios e Técnicos en Drogas

G32283400

Desestimada

Incumpr.

art. 1 , 4 e 8

604.999,98