Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2012 Páx. 29380

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de xullo de 2012 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2012, e se procede á súa convocatoria.

O Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) recolle no eixo estratéxico 1-xestión do talento, as actuacións de apoio á carreira investigadora, entre as cales se atopa o Programa de apoio á etapa predoutoral.

Segundo o devandito plan, este programa financia contratos cunha duración máxima de tres anos. A contratación deste persoal nas súas etapas iniciais ten relevancia para lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos. Constitúe ademais a base para que, mediante a execución dun proxecto de investigación, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador.

Igualmente, no eixo estratéxico 9-proxectos singulares, plásmase o compromiso de establecer iniciativas de alto impacto en sectores especialmente estratéxicos e onde Galicia posúe contrastada potencialidade. Dentro deste eixo, nos seus puntos 9.1, unha vida de innovación (CEI) e 9.2, un mar de innovación, recóllese a aposta pola excelencia nos procesos de investigación, como se vén demostrando cos recoñecementos do Campus Vida, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela, e do Campus do Mar, liderado pola Universidade de Vigo, como Campus de Excelencia Internacional.

Ademais, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre homes e mulleres dedicados á investigación no Sistema universitario de Galicia, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre homes e mulleres que recolle o artigo 1 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de homes e mulleres. Por isto, as axudas que se regulan nesta convocatoria terán en consideración o peso relativo das mulleres nas propostas presentadas, de xeito que se potencie o seu número e a calidade do seu traballo.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procede á convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral do ano 2012.

Polo que antecede esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e procede á súa convocatoria. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten titulados/as superiores para a súa formación como doutores/as nos seus centros, nas seguintes modalidades:

– Modalidade A: Axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral de carácter xeral.

– Modalidade B: Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral, no ámbito do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar.

– Modalidade C: Axudas de carácter específico de apoio á etapa predoutoral, no ámbito do Campus de Excelencia Internacional Campus Vida.

Artigo 2. Beneficiarios e solicitantes

Poderán ser beneficiarias das axudas desta convocatoria, as universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda. A duración do contrato será dun ano, prorrogable ata un máximo de tres por períodos anuais logo do informe favorable da comisión académica do programa de doutoramento, e deberá axustarse á lexislación laboral e fiscal vixente.

Poderán acceder a estes contratos de apoio á etapa predoutoral, co visto e prace dunha universidade do SUG, os/as titulados/as superiores que se vaian formar como doutores/as nas universidades do Sistema universitario de Galicia que cumpran, na data de peche da convocatoria, os seguintes requisitos:

1. Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea. Non obstante, os cidadáns non comunitarios poderán solicitar a axuda, aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 3 desta orde para cada unha das diferentes modalidades.

2. Cumprir un dos requisitos seguintes:

2.1. Estar en posesión dun título universitario español de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura superior e ter superados 60 créditos ECTS (créditos European Credit Transfer System) dun máster universitario que conduza ao doutoramento.

2.2. Estar en posesión dun título universitario español de grao e ter superados 300 ECTS entre estudos de grao e posgrao (dos que polo menos 60 ECTS sexan de máster).

2.3. Estar en posesión dun título universitario español de diplomatura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica e ter superados 300 ECTS entre os estudos de máster e diplomatura (dos que polo menos 60 ECTS sexan de máster).

2.4. Estar en posesión dun título universitario español de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura superior e ter a suficiencia investigadora/diploma de estudos avanzados (DEA).

2.5. Estar en posesión dun título obtido nun sistema educativo estranxeiro que acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Para os efectos de obter unha axuda deste programa, considérase que os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros universitarios privados españois están recoñecidos oficialmente cando a persoa acredite, no caso de ser seleccionada, as condicións para ser admitida nun programa de doutoramento dunha universidade española mediante certificación da universidade correspondente.

3. A data de finalización dos estudos para a obtención do título universitario de licenciado/a, graduado/a ou equivalente que dean acceso aos estudos de máster universitario debe ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008. Enténdese como data de finalización dos estudos aquela que figure no certificado requirido segundo o disposto no artigo 4, punto e3) desta orde.

4. A data de terminación de estudos indicados no punto anterior poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2008, pero posterior ao 1 de xaneiro de 2006, nos seguintes casos:

– Os/as licenciados/as ou graduados/as en medicina, farmacia, bioloxía, química ou psicoloxía que, na data de peche do prazo de presentación de solicitudes, estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR).

– Os/as titulados/as que acrediten fidedignamente algunha das seguintes circunstancias entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 1 de xaneiro de 2008: baixa maternal, que teñan a cargo menores de 3 anos, que teñan baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos ou ascendentes de 1º grao de consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme, persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecidos como tales e cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

5. Posuír unha media simple de expediente académico igual o superior a 7. Para os/as titulados/as de enxeñaría e arquitectura a media deberá ser igual ou superior a 6. Esta media calcúlase segundo o protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos que estea vixente no momento de publicación desta convocatoria.

6. Non ter sido seleccionado/a ou contratado/a coas axudas do programa María Barbeito do Incite, predoutorais do I2C ou outras homologables (bolsas/contratos predoutorais ou equivalentes), agás as axudas predoutorais da propia universidade, ás cales terá que renunciar no caso de resultar seleccionado/a.

7. Non ter o título de doutor/a.

Artigo 3. Importe, número e duración das axudas

A duración das axudas será dun máximo de tres anos, que se desenvolverá entre o 1 de novembro de 2012 e o 31 de outubro de 2015, e non poderán ser obxecto de prórroga.

As axudas concedidas para cada contrato en cada unha das modalidades serán de:

Modalidade A: 19.000 € anuais, financiados ao 100% pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Modalidade B: 22.000 € anuais, financiables ata un 80% pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Modalidade C: 22.000 € anuais, financiables ata un 80% pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nestes importes están incluídos a retribución bruta anual do contrato e o pagamento dos custos sociais. Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior bruta á estipulada para cada modalidade, deberá achegar a diferenza. A cantidade que achegue a institución poderá proceder dos seus orzamentos ou doutras axudas públicas ou privadas que reciba.

Os importes das axudas só poderán ir destinadas ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais. En ningún caso serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

En todo caso respectaranse as condicións da Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE, durante o período de programación 2007-2013, modificada pola Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo.

O número máximo de contratos que poderán financiarse, segundo as distintas modalidades, será:

Modalidade A: 75 axudas. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4. O número de axudas concedidas para cada ámbito de coñecemento (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias Sociais e Xurídicas; Enxeñería e Arquitectura; Ciencias da Saúde) non será inferior a 12.

Modalidade B: 12 axudas. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4.

Modalidade C: 12 axudas. O número máximo de cidadáns non comunitarios que poderán obter este tipo de axudas é de 4.

Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e, de ser o caso, ao seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

b) Á data de incorporación efectiva do/a contratado/a ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizos e á duración do contrato.

Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 5.1 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, as persoas contratadas polas universidades mediante as axudas de apoio á etapa predoutoral teñen dereito a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como dos relativos aos da seguridade social, que se deriven do contrato que formalicen coa universidade de adscrición.

Artigo 4. Formalización e presentación de solicitudes

As solicitudes serán subscritas directamente polas persoas interesadas ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se achega no anexo III desta orde, e que está ao dispor dos interesados na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es (na epígrafe da Secretaría Xeral de Universidades), e presentaranse no Rexistro Único da Xunta de Galicia ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a presentación de instancias. Se no uso deste dereito a solicitude é remitida por correo, presentarase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de que proceda á súa certificación. A solicitude irá asinada polo/a candidato/a ao contrato predoutoral ou polo seu representante legal e levará o visto e prace da autoridade que representa legalmente a universidade en que o/a candidato/a será contratado/a no caso de concedérselle a axuda e, ademais, polo representante do campus de excelencia correspondente no caso de que se opte pola/s modalidade/s B e/ou C.

Cada solicitude poderá optar a calquera das tres modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos para cada unha delas, e tomando en consideración os seguintes aspectos:

1) Se opta a máis dunha modalidade, deberá indicar a orde de prelación elixida no punto sinalado para o efecto no formulario de solicitude.

2) No caso da modalidade B, deberá indicar o clúster a que opta entre os recollidos no anexo II.

3) No caso da modalidade C, deberá indicar o programa de doutoramento en que ten previsto formalizar a matrícula.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou dos seus organismos ou sociedades, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude (anexo IV).

b) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención de subvencións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo IV).

c) Unha declaración en que conste que non foi seleccionado/a ou contratado/a con cargo ás axudas do programa María Barbeito do Incite, predoutorais do I2C ou outras homologables (anexo IV).

d) Consentimento expreso á Administración para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. A reserva que puider facer o/a solicitante no senso de non autorizar a obtención dos datos ou a publicidade dos datos nos rexistros, que en todo caso terá que se expresar, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou á revogación do acto de outorgamento (anexo IV).

e) Certificación académica detallada do título de licenciado, grao ou equivalente que lle deu acceso aos estudos de máster (orixinal ou fotocopia compulsada) en que conste expresamente:

e1) As cualificacións obtidas, as datas de obtención destas e o número de créditos.

e2) A media simple, segundo o protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento da publicación desta convocatoria. No caso de titulados por universidades non pertencentes ao SUG, a media simple será determinada polos servizos da Secretaría Xeral de Universidades seguindo o establecido no devandito protocolo de colaboración do SUG.

e3) A data en que se finalizaron os estudos e a constancia expresa de que as materias relacionadas constitúen o programa completo da titulación correspondente.

e4) A nota media da promoción.

Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico.

No caso de estudos validados deberá presentarse, así mesmo, certificación académica para os estudos de orixe, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas e1), e2), e3) e e4) do presente artigo.

Para os efectos de determinar a media do expediente académico, as persoas que acceden ao 2º ciclo dunha titulación superior a través do curso de adaptación correspondente, deberán achegar, ademais da certificación correspondente ao curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á titulación de 1º ciclo ou aos estudos de 1º ciclo realizados, nos mesmos termos que os indicados nas alíneas e1), e2), e3) e e4) deste artigo.

As persoas que posúan unha certificación académica expedida en idioma distinto do castelán ou do galego deberanlle xuntar a correspondente tradución oficial. En tales casos, ademais dos detalles xerais indicados nas alíneas e1), e2), e3) e e4) deste artigo, a certificación indicará cales son as cualificacións máxima e mínima dentro do sistema de avaliación correspondente e cal é a cualificación mínima para aprobar.

f) As persoas que se acollan aos supostos previstos no artigo 2.4 deberán acreditalo documentalmente.

g) Certificación académica detallada, orixinal ou fotocopia compulsada, en que se indiquen as cualificacións correspondentes, a data de finalización dos estudos, a nota media do expediente académico e a nota media da promoción, en que conste, segundo corresponda:

g1) A obtención dun título oficial de máster universitario que permita o acceso ao período de investigación dun programa de doutoramento, segundo o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro (DOG do 30 de outubro).

g2) A superación do mínimo de 60 créditos por actividades formativas non incluídas nun máster universitario, nos termos establecidos no artigo 19.2.a) do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro (BOE do 30 de outubro).

g3) A superación do mínimo de 60 créditos dun programa oficial de posgrao necesario para a admisión no doutorado, segundo o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro (BOE do 25 de xaneiro).

g4) A superación dos cursos académicos correspondentes ao programa de doutoramento a que se estea adscrito ou a obtención do diploma de estudos avanzados (DEA) ou suficiencia investigadora, no caso das ensinanzas reguladas polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril (BOE do 1 de maio).

h) Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión entre 800 e 1.500 palabras, e no cal consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo.

– Estratexias específicas de análise e indagación que se vai utilizar.

– Sinatura da persoa que vai realizar o traballo e visto e prace dun/dunha doutor/a da universidade en que se vai matricular a tese acreditando a viabilidade da proposta.

– Ademais, no caso das modalidades B e C, sinatura do responsable do campus de excelencia coa indicación expresa de que o traballo proposto se encadra dentro das liñas admitidas nese campus.

i) Fotocopia do DNI/NIE, só no caso de non autorizar a comprobación dos datos persoais a través do Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia, que se recolle no anexo IV de declaracións xuradas, ou a fotocopia do pasaporte, no caso dos cidadáns non comunitarios que non teñan permiso de residencia en España.

j) Declaración de non ter o título de doutor/a (anexo IV).

k) Declaración opcional do/a interesado/a do compromiso de utilizar a lingua galega en todas as relacións que, como consecuencia deste procedemento, manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (anexo IV).

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas seleccionadas e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos/as seleccionados/as e dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

De conformidade co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación das solicitudes comportará a autorización da universidade ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, polo que queda liberado o beneficiario de achegar as correspondentes certificacións.

Artigo 5. Tramitación

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades.

Os servizos da Secretaría Xeral de Universidades comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet no enderezo http://www.edu.xunta.es/

Esta lista estará exposta por un período de 10 días naturais, e os/as interesados/as poderán, durante ese mesmo prazo, formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos ante a Secretaría Xeral de Universidades, e presentar, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que o/a interesado/a desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poidan acordarse outro tipo de actuacións.

Artigo 6. Avaliación e selección

A selección das solicitudes realizarase a partir das puntuacións obtidas pola aplicación dos baremos que se especifican neste artigo. A valoración farase chegar á comisión de selección, que elaborará a proposta de resolución de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

A comisión de selección estará constituída por sete membros:

– O/a titular da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en que delegue, que actuará como presidente/a da comisión.

– Serán vogais da comisión:

• O/a subdirector/a xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en que delegue.

• O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades.

• Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo/a presidente/a da comisión de selección.

• Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

O baremo aplicable será o seguinte:

a) Expediente académico da licenciatura, grao ou equivalente: media simple da titulación segundo o protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento de publicación desta convocatoria. Esta nota media do expediente académico, aproximada a catro decimais, será ponderada pola media da promoción.

b) Estudos de terceiro ciclo, programa oficial de posgrao ou de máster: media, segundo o caso, do DEA, dos créditos correspondentes ao programa de doutoramento, ou media do mínimo de 60 créditos do programa oficial de posgrao que dea acceso ao doutoramento, ou das materias do título oficial de máster universitario que dea acceso ao período de investigación do doutoramento, segundo o baremo recollido no protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos vixente no momento da publicación desta convocatoria. Esta nota media, aproximada a catro decimais, será ponderada pola media da promoción.

c) Polo compromiso do/a interesado/a de emprego do galego na realización das actividades para as que se solicita a axuda, recibirá 0,15 puntos.

d) A puntuación final de cada solicitante obterase segundo a seguinte fórmula:

nota media ponderada da titulación x 2 + nota media ponderada do máster (ou equivalente) + compromiso de galego

– Na modalidade A, as solicitudes recibidas agruparanse no correspondente ámbito de coñecemento dos cinco recollidos no Real decreto 1393/2007, isto é, Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias Sociais e Xurídicas; Enxeñaría e Arquitectura; e Ciencias da Saúde. A adscrición dos diferentes títulos universitarios oficiais do SUG a estes ámbitos de coñecemento aparece recollida no anexo I desta orde. En caso doutras titulacións, o solicitante indicará a que ámbito corresponden.

As solicitudes de axudas de apoio á etapa predoutoral desta modalidade ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as axudas adxudicaranse comezando polo/a solicitante de maior puntuación, respectando o número de axudas por áreas de coñecemento recollido no artigo 3 desta convocatoria e o número máximo de cidadáns non comunitarios.

– Na modalidade B, as solicitudes recibidas agruparanse por clústers. As solicitudes de axudas de apoio á etapa predoutoral desta modalidade ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as axudas adxudicaranse comezando polos dous solicitantes de maior puntuación de cada clúster (ata un total de 8). As outras catro prazas adxudicaranse aos/ás solicitantes restantes con mellor nota, independentemente do clúster en que se apuntasen. En calquera caso respectarase o número máximo de cidadáns non comunitarios.

– Na modalidade C, as solicitudes recibidas ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as axudas adxudicaranse comezando polo/a solicitante de maior puntuación. En caso de empate, priorizaranse aquelas solicitudes cuxo proxecto de tese se realice no marco de programas de doutoramento con cualificación de excelencia ou asociados á Escola de Doutoramento Internacional de Ciencias Biomédicas e Tecnoloxías da Saúde. Para tal fin, os/as solicitantes indicarán o programa de doutoramento en que teñen previsto formalizar a matrícula.

e) No caso de que cos criterios enunciados anteriormente persista a igualdade de puntuación, prevalecerán as mulleres sobre os homes e, de manterse o empate, a solicitude de maior nota media do título de licenciatura, grao ou equivalente.

f) A comisión de selección elaborará unha lista de agarda para cada modalidade por orde decrecente de puntuación, en que figurarán as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda, pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección.

A proposta de concesión formulada pola comisión así como, de ser o caso, as listas de espera para posibles substitucións, publicaranse na internet, na epígrafe de axudas do enderezo http://www.edu.xunta.es. A dita publicación terá só efectos informativos.

Artigo 7. Resolución

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A comisión de selección elevará a proposta de resolución que incluirá, para cada universidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas e as listas de espera de cada modalidade, ao titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de seis meses, contados desde a publicación da presente orde. A non resolución en prazo faculta os/as interesados/as para entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa, poderá ser impugnada polos/as interesados/as mediante recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Os/as asinantes das solicitudes denegadas ou desestimadas poderán recuperar a documentación presentada, no prazo dun ano a partir da publicación da concesión das axudas no Diario Oficial de Galicia. Pasado ese prazo, aquela documentación que non sexa recollida será destruída, agás a que for obxecto de recurso.

Artigo 8. Aceptación da axuda

A aceptación da axuda supón a publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión Europea.

Unha vez asinada a resolución, as universidades beneficiarias procederán á contratación das persoas seleccionadas para os seus organismos mediante a formalización de contratos predoutorais, consonte co artigo 2 desta convocatoria.

A data límite para a sinatura dos contratos será o 30 de novembro de 2012, agás para os cidadáns non comunitarios que poderán asinar o contrato ata o 31 de xaneiro de 2013, sen que isto supoña ampliación da data límite de finalización dos contratos.

A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Xunto con cada un dos contratos as universidades achegarán a seguinte documentación:

1. Documento de aceptación da axuda.

2. Certificación ou documento acreditativo de que a persoa contratada está matriculada nun programa de doutoramento oficial impartido nunha universidade do SUG, así como que realiza a tese nun centro do SUG.

3. Certificación, expedida pola Comisión Académica de Programas de Doutoramento, en que conste a aprobación do proxecto de traballo de investigación e os datos relativos ao/á director/a do proxecto de tese e ao/á titor/a, no caso de que este/a non sexa o/a director/a da tese.

Artigo 9. Libramento da subvención

As universidades como beneficiarias, e como contratantes das persoas seleccionadas, serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes e serán as perceptoras dos fondos para o pagamentos dos contratos.

Para proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente remita a xustificación da axuda nos termos que a continuación se indican:

a) Na data límite do 20 de decembro de 2012, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada de copia compulsada dos contratos de traballo, das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados/as, correspondentes ao mes de novembro de 2012.

b) Na data límite do 30 de xuño de 2013, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de decembro de 2012 a abril de 2013, ambos os dous meses incluídos.

c) Na data límite do 20 de decembro de 2013, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de maio de 2013 a outubro de 2013, ambos os dous meses incluídos.

d) Na data límite do 30 de xuño de 2014, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de novembro de 2013 a abril de 2014, ambos os dous meses incluídos.

e) Na data límite do 20 de decembro de 2014, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de maio de 2014 a outubro de 2014, ambos os dous meses incluídos.

f) Na data límite do 30 de xuño de 2015, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de novembro de 2014 a abril de 2015, ambos os dous meses incluídos.

g) Na data límite do 20 de decembro de 2015, a certificación dos gastos e pagamentos realizados, acompañada das nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos/das contratados/as, correspondentes ás mensualidades de maio de 2015 a outubro de 2015, ambos os dous meses incluídos.

Para os casos de inicio, renuncia ou suspensión dos contratos en día distinto ao primeiro ou último de mes, calcularanse os importes dos meses incompletos sobre a base de meses de trinta días.

O cofinanciamento co Fondo Social Europeo (FSE) implica que os/as beneficiarios das axudas deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Presentar copia do contrato, nóminas, recibos de pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social dos contratados.

2. Manter unha separación contable adecuada dos gastos da subvención que facilite a pista de auditoría, así como conservar a documentación por un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo 2007-2013, tal como se define no artigo 89.3 do Regulamento 1083/2006, do Consello.

3. Cumprir as obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e comunicar aos contratados/as o cofinanciamento polo FSE do custo subvencionado do contrato.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá ao beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Xunto coa última xustificación, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen dende a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 10. Réxime de compatibilidade

As axudas concedidas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e coa realización doutro traballo remunerado.

Non obstante, a persoa contratada poderá recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación). Neste caso será preciso que a persoa contratada presente na Secretaría Xeral de Universidades, para a súa autorización se procede, unha breve memoria descritiva dos traballos, xunto cun informe do seu director de tese e outro da universidade en que estea contratada, con indicación expresa de que as ditas bolsas son compatibles co seu traballo e co contrato asinado.

As persoas contratadas con cargo a estas axudas poderán, por petición propia, dedicar ata un máximo de 60 horas por curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas a ensinanzas prácticas ou suplencias, logo da conformidade entre o director do traballo de investigación e o departamento implicado. Esta colaboración non suporá, en ningún caso, a asunción polo/a contratado/a das responsabilidades que corresponden ao profesorado.

No momento en que algún/ha dos/as contratados/as realice a lectura da súa tese de doutoramento, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades no prazo dos 15 días seguintes; se o escrito vén acompañado dun informe do/a director/a da tese dando conta de que o/a doutorando/a participa noutras tarefas de investigación, non retribuídas, do grupo, poderase autorizar, por parte da Secretaría Xeral de Universidades, a continuación do aproveitamento da axuda ata o remate da anualidade vixente do contrato, sempre que as disposicións legais e as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan.

Artigo 11. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando o/a solicitante/a reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá de poñelo en coñecemento da Secretaría Xeral de Universidades.

Artigo 12. Incumprimento, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga da universidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Renuncia das axudas e interrupcións

No caso de que a persoa seleccionada perdese a condición de contratado/a unha vez percibidas as axudas pola súa universidade, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a universidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido ao secretario xeral de Universidades, nun prazo mínimo de 15 días naturais, antes de que se produza.

En canto ás substitucións, no caso de que se produza algunha renuncia, facúltase o secretario xeral de Universidades para adxudicar a axuda ás persoas da lista de agarda, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de catro meses a partir da data de resolución. O/a substituto/a quedará suxeito/a ás mesmas condicións e polo tempo restante do aproveitamento da axuda. En ningún caso o período correspondente á substitución poderá rematar máis alá da data xeral de finalización indicada para os contratos no artigo 3 desta convocatoria.

Durante a vixencia do contrato, a súa suspensión en virtude das causas previstas nos artigo 45 e 46 do Estatuto dos traballadores non comportará a ampliación da duración da axuda, agás as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade durante o período de duración do contrato, que interromperán o seu cómputo, de conformidade co establecido na disposición derradeira terceira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades. Neste caso, o tempo interrompido poderá recuperarse sempre que este sexa por períodos de, polo menos, 30 días e que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan. En ningún caso a recuperación do tempo interrompido poderá supoñer un aumento do importe da axuda concedida inicialmente e a cantidade correspondente á cota patronal da seguridade social do período prolongado correspóndelle asumila á universidade contratante.

Artigo 14. Control

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. Poderá solicitar un informe ás universidades beneficiarias sobre a execución das axudas e, en particular, sobre as persoas contratadas, a lectura da súa tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido, e a situación actual do contratado/a. Este informe poderá ser solicitado durante os dous anos seguintes á data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

Antes do remate de cada ano de contrato, e para proceder á súa renovación, cada universidade remitirá o informe favorable da Comisión Académica do programa de doutoramento xunto coa proposta de renovación e a prórroga do contrato, de ser o caso.

Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control sobre os fondos de cohesión e, en particular, de FSE.

Artigo 15. Dotación orzamentaria

As axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 15.40.561B.444.4 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, na cal existe crédito axeitado e suficiente, coa seguinte distribución por anos:

Programa

Modalidade

Crédito (en euros)

2012

2013

2014

2015

Contratos predoutorais

Xeral (A)

118.750,00

1.306.250,00

1.425.000,00

1.425.000,00

Campus do Mar (B)

17.600,00

193.600,00

211.200,00

211.200,00

Campus Vida (C)

17.600,00

193.600,00

211.200,00

211.200,00

Total

153.950,00

1.693.450,00

1.847.400,00

1.847.400,00

Estes créditos poderán redistribuírse entre as diferentes modalidades cando o volume de solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requiran.

As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80%. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e as persoas contratadas con cargo a elas deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Disposición derradeira primeira

A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Áreas de coñecemento

Artes e Humanidades

LRU

Grao

Licenciatura en Historia

Historia

Xeografía e Historia

Licenciatura en Historia da Arte

Historia da Arte

Licenciatura en Filosofía

Filosofía

Licenciatura en Humanidades

Ciencias da Cultura e Difusión Cultural

Humanidades

Licenciatura en Filoloxía Alemá

Lingua e Literatura Modernas

Licenciatura en Filoloxía Francesa

Licenciatura en Filoloxía Italiana

Licenciatura en Filoloxía Portuguesa

Licenciatura en Filoloxía Románica

Licenciatura en Filoloxía Clásica

Filoloxía Clásica

Licenciatura en Filoloxía Galega

Lingua e Literatura Galegas

Estudos de Galego e Español

Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Filoloxía Hispánica

Lingua e Literatura Españolas

Estudos de Galego e Español

Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Filoloxía Inglesa

Lingua e Literatura Inglesas

Linguas Estranxeiras

Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Licenciatura en Belas Artes

Belas Artes 

Licenciatura en Tradución e Interpretación

Tradución e Interpretación

Licenciatura en Documentación

Información e Documentación

Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación

Ciencias

LRU

Grao

Licenciatura en Matemáticas

Matemáticas

Licenciatura en Bioloxía

Bioloxía

Licenciatura en Química

Química

Licenciatura en Física

Física

Ciencias Ambientais

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Nutrición Humana e Dietética

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Licenciatura en Ciencias do Mar

Ciencias do Mar

Ciencias da Saúde

LRU

Grao

Diplomatura en Enfermaría

Enfermaría

Diplomatura en Óptica e Optometría

Óptica e Optometría

Licenciatura en Farmacia

Farmacia

Licenciatura en Medicina

Medicina

Licenciatura en Odontoloxía

Odontoloxía

Licenciatura en Psicoloxía

Psicoloxía

Licenciatura en Veterinaria

Veterinaria

Diplomatura en Fisioterapia

Fisioterapia

Diplomatura en Logopedia

Logopedia

Diplomatura en Podoloxía

Podoloxía

Diplomatura en Terapia Ocupacional

Terapia Ocupacional

Enxeñaría e Arquitectura

LRU

Grao

Enxeñaría Técnica en Topografía

Enxeñaría Xeomática e Topografía

Enxeñeiro Agrónomo

Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias

Enxeñaría Agraria

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. en Mecanización e Construcións Rurais

Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural

Enxeñaría Técnica Agrícola, esp. Explotacións Agropecuarias

Enxeñaría Técnica AGrícola, esp. Hortofruticultura e Xardinaría

Enxeñeiro de Montes

Enxeñaría Forestal e do Medio Natural

Enxeñaría Técnica Forestal, esp. en Explotacións Forestais

Enxeñaría Química

Enxeñaría Química

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Química Industrial

Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

Licenciatura en Química (Ciencias)

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Transportes e Servizos Urbanos

Enxeñaría Civil

Enxeñeiro en Automática e Electrónica Industrial

Enxeñaría de Enerxía

Enxeñeiro técnico de Telecomunicación, esp. en Sistemas de Telecomunicación

Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

Enxeñeiro técnico de Telecomunicación, esp. en Son e Imaxe

Enxeñeiro de Telecomunicación

Enxeñeiro de Minas

Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Enxeñeiro de Organización Industrial

Enxeñaría en Organización Industrial

Enxeñeiro técnico industrial, esp. en Química Industrial

Enxeñaría en Química Industrial

Enxeñeiro Industrial

Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

Enxeñeiro Técnico Forestal, esp. en Industrias Forestais

Enxeñaría Forestal

Enxeñeiro Técnico Industrial, esp. en Mecánica

Enxeñaría Mecánica

Arquitecto

Arquitectura

Arquitecto Técnico

Enxeñaría de Edificación

Enxeñaría Técnica de Obras Públicas, esp. en Construcións Civís

Enxeñaría de Obras Públicas

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electricidade

Enxeñaría Eléctrica

Enxeñaría Técnica Industrial, esp. en Electrónica Industrial

Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial

Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Propulsión e Servizos do Buque

Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque

Enxeñeiro en Informática

Enxeñaría Informática

Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión

Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas

Licenciatura en Máquinas Navais

Enxeñaría Mariña

Diplomatura en Máquinas Navais

Licenciatura en Náutica e Transporte Marítimo

Enxeñaría Náutica e de Transporte Marítimo

Diplomatura en Navegación Marítima

Enxeñaría Naval e Oceánica

Arquitectura Naval

Enxeñaría Técnica Naval, esp. en Estruturas Mariñas

Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos

Tecnoloxía de Enxeñaría Civil

Ciencias Sociais e Xurídicas

LRU

Grao

Diplomatura en Relacións Laborais

Relacións Laborais e Recursos Humanos

Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

Administración e Dirección de Empresas

Diplomatura en Ciencias Empresariais

Consultoría e Xestión da Información

Comercialización e Loxística

Ciencias Empresariais

Comercio

Licenciatura en Ciencias Políticas

Ciencia Política e da Administración

Licenciatura en Comunicación Audiovisual

Comunicación Audiovisual

Licenciatura en Dereito

Dereito

Licenciatura en Economía

Economía

Licenciatura en Pedagoxía

Pedagoxía

Licenciatura en Xeografía

Xeografía e Ordenación do Territorio

Licenciatura en xornalismo

Xornalismo

Mestre, especialidade en Educación Musical

Educación Primaria

Mestre, especialidade en Educación Primaria

Mestre de Educación Primaria

Mestre de Educación Física

Mestre de Audición e Linguaxe

Mestre, especialidade en Educación Especial

Mestre, especialidade en Lingua Estranxeira

Mestre, especialidade en Educación Física

Mestre, especialidade en Educación Infantil

Educación Infantil

Diplomatura en Educación Social

Educación Social

Diplomatura en Traballo Social

Traballo Social

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas

Publicidade e Relacións Públicas

Diplomatura en Turismo

Turismo

Diplomatura en Xestión e Administración Pública

Dirección e Xestión Pública

Licenciatura en Socioloxía

Socioloxía

ANEXO II
Modalidade B: Campus do Mar

Clúster a que opta

Área de especialización

Observación do océano e cambio global

Observación do océano

Cambio global

Uso sustentable dos recursos mariños

Xestión e uso dos recursos

Acuicultura

Transformación e valorización

Xestión integral do mar

Análise e avaliación ambiental da zona costeira

Planificación litoral

Protección costeira e seguridade marítima: enxeñaría e regulación

Progreso tecnolóxico, enxeñaría e xestión empresarial

Tecnoloxía naval e sistemas

Infraestruturas portuarias, xestión e transporte marítimo

Xestión, dereito e competitividade

Enerxía

missing image file
missing image file
missing image file