Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30059

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Advertidos erros na referida disposición publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 26172, onde di:

«Aprobación de modelos».

Debe dicir:

«Artigo 1. Aprobación de modelos».

– Na páxina 26173, onde di:

«i) Modelo de solicitude de dedución no canon da auga para familias numerosas, que figura no anexo IX da presente orde».

Debe dicir:

«i) Modelo de solicitude de dedución no canon da auga e no coeficiente de vertedura para familias numerosas, que figura no anexo IX da presente orde».

– Na páxina 26174, onde di:

«k) Modelo de solicitude de exención no canon da auga por estar en situación de exclusión social, que figura no anexo XI da presente orde».

Debe dicir:

«k) Modelo de solicitude de exención no canon da auga e no coeficiente de vertedura por estar en situación de exclusión social, que figura no anexo XI da presente orde».

– Na páxina 26175, onde di:

«Presentación das declaracións, comunicacións e solicitudes aprobadas nesta orde».

Debe dicir:

«Artigo 2. Presentación das declaracións, comunicacións e solicitudes aprobadas nesta orde».

– Na páxina 26175, onde di:

«Presentación e pagamento das autoliquidacións».

Debe dicir:

«Artigo 3. Presentación e pagamento das autoliquidacións».

– Na páxina 26176, onde di:

«Declaración de impagados polas entidades subministradoras e prestadoras do servizo de sumidoiros».

Debe dicir:

«Artigo 4. Declaración de impagados polas entidades subministradoras e prestadoras do servizo de sumidoiros».

– Na páxina 26176, onde di:

«Esta orde entrará en vigor o 1 de xullo de 2012».

Debe dicir:

«Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación».

Advertidos erros nos modelos AU230I, AU230L e AU230O, que se inclúen como anexos IX.a, XII.a e XV, respectivamente, e na declaración incluída no anexo XVIII, cómpre proceder á súa publicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file