Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de explanación e rampla con destino á explotación dun varadoiro de reparación de embarcacións e actividades complementarias no porto de Meira (Moaña) (expediente 13-11-22-C-1).

Mediante Resolución do 28 de setembro de 2012, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada o 20 de febreiro de 2012 pola Mesa de Contratación e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG número 241, do 20 de decembro de 2011, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación de explanación e rampla con destino á explotación dun varadoiro de reparación de embarcacións e actividades complementarias no porto de Meira (Moaña), por falta de licitadores admitidos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución ou, potestativamente, recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia