Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39138

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012.

Publicadas mediante a Resolución do 27 de agosto de 2012 (DOG nº 168, do 4 de setembro) as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos vacantes da escala superior e da escala técnica de estatísticos da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012, e transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, unha vez examinadas estas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da escala do corpo superior e da escala técnica de estatísticos da Administración da Xunta de Galicia.

Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.

A lista de solicitantes admitidos encóntrase á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Izquierdo

Valverde

María

44466591-R

Cód. causa

Causa exclusión

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo