Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39043

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o segundo cuadrimestre do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2012

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Foz para instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

Realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

20.7.2012

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver un programa de asistencia odontolóxica ás persoas maiores e/ou con discapacidade nas residencias públicas.

Proporcionar servizos de odontoloxía a usuarios de centros de maiores ou discapacitados dependentes da Secretaría Xeral de Política Social, servizos que desenvolverán no propio centro.

1.6.2012

33.743,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento de actuacións no marco do II Plan galego de inclusión social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (eixo 2, código 71 do P.O. do Fondo Social Europeo 2007/2013).

Regular o marco de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o mantemento dunha rede coordinada de equipos de inclusión sociolaboral e accións complementarias de formación, sensibilización social, e de acompañamento para a inserción de persoas e colectivos vulnerables no eido da inclusión social. O tema prioritario é a busca de vías de integración e reintegración na vida laboral de persoas con carencias que lles impiden ou dificultan o acceso ao mercado laboral, a través de accións formativas, itinerarios integrados de inserción, entre outros.

10.7.2012

1.798.328,08

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Cangas para promover o funcionamento do centro sociocomunitario de Cangas.

Promover o funcionamento do centro sociocomunitario de Cangas.

21.5.2012

Máximo:

25.488,00

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria e da Consellería de Traballo e Benestar, o Concello de Cerceda e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a construción dun centro de día e residencial para persoas maiores dependentes.

Construción dun centro de día e residencial para persoas maiores dependentes no concello de Cerceda.

10.7.2012

811.237,82

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento dos proxectos de persoas maiores.

Desenvolvemento dos proxectos de persoas maiores.

11.7.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e a Deputación Provincial da Coruña para a coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia da Coruña e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados.

Coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia da Coruña e contratación de traballadores e traballadoras desempregados.

11.7.2012

Achega da Xunta de Galicia: 3.821.624,53

Achega da Deputación:

1.933.284,04

Contratación de traballadores/as desempregados/as pola Consellería de Traballo e Benestar, máximo:

1.902.640,72

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e a Deputación Provincial de Pontevedra para a coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia de Pontevedra e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados.

Coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia de Pontevedra e contratación de traballadores e traballadoras desempregados.

18.7.2012

Achega da Xunta de Galicia:

2.480.818,89

Achega da Deputación:

1.280.008,35

Contratación traballadores/as desempregados/as pola Consellería de Traballo e Benestar, máximo:

2.000.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e a Deputación Provincial de Ourense para a coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia de Ourense e para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados.

Coordinación do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais na provincia de Ourense e contratación de traballadores e traballadoras desempregados.

19.7.2012

Achega da Xunta de Galicia:

1.708.253,83

Achega da Deputación:

850.000,00

Contratación traballadores/as desempregados/as pola Consellería de Traballo e Benestar, máximo:

1.200.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior.

Financiamento da Universidade Sénior que consiste na oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior, que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

7.6.2012

25.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para o financiamento da Aula de Formación Aberta. Programa para maiores.

Financiamento da Aula de Formación Aberta. Programa para maiores. Oferta de estudos para aqueles maiores que no seu momento non puideron acceder á universidade ou que, sendo xa titulados, se atopan en idade inhabitual para as tarefas académicas.

25.5.2012

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais en Favor das Persoas con Atraso Mental de Ourense para o financiamento dun servizo de atención ambulatoria permanente.

Financiamento dun servizo de atención ambulatoria permanente no concello de Ourense e o seu contorno.

7.6.2012

29.100,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

Financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

3.7.2012

60.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV Ciclo Universitario.

Financiamento do IV Ciclo Universitario, que vai dirixido a persoas maiores de 55 anos con independencia da súa formación cultural previa.

6.6.2012

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Galicia (Afaga) para o financiamento do proxecto Estimula-DOM.

Financiamento do programa Estimula-DOM.

7.6.2012

29.100,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na comunidade autónoma de Galicia.

Financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na comunidade autónoma de Galicia.

23.7.2012

23.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o mantemento da Federación e dun programa de atención a persoas con discapacidade en áreas urbanas de Galicia.

Mantemento da Federación e promoción de actividades a persoas con discapacidade nas áreas urbanas de Galicia.

28.5.2012

341.200,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Centro Asociado UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior.

Financiamento do programa UNED Sénior que ten por finalidade ofrecer e desenvolver no ámbito rural galego unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior de idade que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

25.5.2012

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade en áreas rurais de Galicia.

Mantemento da Federación e promoción de actividades a persoas con discapacidade nas áreas rurais de Galicia.

8.5.2012

381.302,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións a Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga-Feaps Galicia) para promover a atención das persoas con discapacidade intelectual residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Promoción da atención das persoas con discapacidade intelectual.

8.5.2012

219.249,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para a realización do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da Federación.

Atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva e mantemento.

8.5.2012

819.249,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dos seus programas dirixidos as persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Programas dirixidos ás persoas con enfermidade mental.

8.5.2012

381.302,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia) para o mantemento da Federación e promoción de actividades ás persoas con síndrome de Down en Galicia.

Mantemento da Federación e promoción de actividades.

8.5.2012

238.314,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas Autistas da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia) para colaborar no mantemento da federación.

Mantemento da Federación.

8.5.2012

76.260,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia) para promover a realización de actividades de formación, ocio e deportivo-terapéuticas dirixidas a persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias.

Promoción e inserción social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e o ocio.

8.5.2012

209.716,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym) para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia.

Programa de atención a lesionados medulares.

8.5.2012

47.663,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia) para colaborar no mantemento da federación.

Mantemento da Asociación.

8.5.2012

25.329,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) para colaborar no mantemento da federación e no desenvolvemento de programas de atención ambulatoria das persoas afectadas de dano cerebral adquirido.

Mantemento da Federación e desenvolvemento de programas de atención ambulatoria das persoas con dano cerebral adquirido.

8.5.2012

19.484,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) para o financiamento dun programa de rehabilitación funcional e inserción social de persoas con dano cerebral adquirido.

Financiamento dun programa de rehabilitación funcional e inserción social de persoas con dano cerebral adquirido.

21.6.2012

81.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal) para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da Federación.

Financiamento dos programas de atención a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da Federación.

8.5.2012

25.329,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas.

Desenvolvemento de actividades para a mellora da calidade de vida dos afectados.

8.5.2012

18.510,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades.

Financiamento de realización de actividades.

21.6.2012

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades.

Financiamento de realización de actividades.

28.6.2012

15.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades.

Financiamento de realización de actividades.

23.7.2012

27.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia) para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e as súas familias en Galicia.

Promoción de atención das persoas con trastornos de espectro autista e das súas familias.

28.5.2012

34.100,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi-Galicia) para o mantemento da entidade.

Mantemento da entidade.

2.7.2012

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos para o financiamento das Aulas da Terceira Idade.

Financiamento das Aulas da Terceira Idade.

28.5.2012

236.633,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais e Persoas con Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento (Raiolas-Autismo Lugo) para o mantemento da entidade.

Mantemento da asociación.

8.8.2012

3.600,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades.

Mantemento da entidade e a realización de actividades.

8.8.2012

8.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Anade para o financiamento do II Congreso e Festival de Arte e Discapacidade.

Financiamento do II Congreso e Festival de Arte e Discapacidade.

31.7.2012

2.100,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos/as con discapacidade e as súas familias.

Contribuír ao financiamento de dúas unidades destinadas a apoio psicosocial de nenos/as en idade infantil e xuvenil, de 0 a 16 anos, con déficits que xeran alteracións discapacitantes ou con risco de padecelos, así como apoio ás súas familias.

7.5.2012

200.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento dos programas Na Rúa e Espabila.

Establecemento dun marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Juan Soñador en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social, que estean baixo a protección das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería, poderán acceder aos programas Na Rúa e Espabila que se desenvolven nas devanditas cidades. Estes programas desenvolveranse de conformidade co sinalado no documento Programas de atención á infancia e mozos en situación de risco social ou desprotección en Galicia 2012.

24.5.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación da Coruña para a atención de menores no centro residencial Fogar Infantil Emilio Romay na Coruña.

O obxecto deste convenio é a atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, no centro Fogar Infantil Emilio Romay, establecemento do que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

Para a execución do convenio a Deputación Provincial da Coruña ofrécelle á Consellería de Traballo e Benestar, que acepta, 20 prazas distribuídas en dous módulos ou unidades de convivencia, da forma seguinte:

– Un fogar de acollemento residencial para 10 nenos/as de 0-15 meses.

– Un fogar de acollemento residencial para 10 nenos/as de 15 meses a 6 anos.

21.6.2012

149.650,00

Prórroga do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Centros de Menores para o impulso e adopción da ferramenta informática Xeceme.

Prorrogar a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Agaceme coa finalidade de que a Consellería poida empregar a ferramenta Xeceme nos seus centros de menores, beneficiándose Agaceme da maior capacidade de adaptación e evolución de Xeceme que xorde co novo escenario en que tanto Agaceme como a Consellería achegan recursos económicos para o mantemento, evolución e soporte de Xeceme.

26.6.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

Financiamento dun programa de atención a familias monoparentais.

16.7.2012

25.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Ribeira para a ampliación da escola infantil 0-3 municipal.

Financiamento das obras de ampliación da escola infantil 0-3 municipal.

11.6.2012

444.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Agolada para a creación dun punto de atención á infancia municipal.

Financiamento da construción dun punto de atención á infancia municipal.

7.8.2012

120.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Meira para a creación dunha escola infantil 0-3 municipal, coa posibilidade de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Financiamento da construción dunha escola infantil 0-3 municipal.

17.8.2012

246.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Nogueira de Ramuín para a creación dun punto de atención á infancia municipal, coa posibilidade de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Financiamento da construción dun punto de atención á infancia municipal.

17.8.2012

120.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cogami para a execución das prestacións en beneficio da comunidade, en virtude da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cogami para a execución da medida xudicial de prestacións en beneficio da comunidade imposta polos xuíces de menores, en virtude do artigo 7.1.k) da Lei orgánica 5/2000 e das exercidas na reparación do dano acordadas en virtude do artigo 19 da Lei orgánica 5/2000, a menores/mozos, de ambos os dous sexos, residentes no ámbito territorial de Galicia, sen prexuízo das competencias dos ditos xulgados e das responsabilidades correspondentes á Xunta de Galicia.

10.7.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Universidade de Santiago de Compostela e as asociacións de cooperativas Unión de Cooperativas Agrarias (Agaca), Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota) e a Federación de Empresas Cooperativas (Sinerxia), para a formación de xestores e titores especializados en proxectos cooperativos.

Establecer as condicións entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Universidade de Santiago de Compostela e as asociacións de cooperativas Unión de Cooperativas Agrarias (Agaca), Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota) e a Federación de Empresas Cooperativas (Sinerxia), para la formación de xestores e titores especializados no asesoramento de proxectos cooperativos.

20.6.2012

80.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Unión de Cooperativas Agrarias (Agaca) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Unión de Cooperativas Agrarias (Agaca), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

256.886,79

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Unión de Cooperativas Galegas do Transporte (Ucogatra) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Unión de Cooperativas Galegas do Transporte (Ucogatra), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

9.405,48

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Empresas Cooperativas (Sinerxia) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Empresas Cooperativas (Sinerxia), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

60.760,63

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (Ugacota), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

152.063,79

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (Ucetag), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

84.633,84

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas do Mar de Galicia (Ugacomar) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Cooperativas do Mar de Galicia (Ugacomar), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

5.033,04

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), para a materialización das axudas ao fomento e consolidación do asociacionismo, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 2012), pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

31.7.2012

31.216,43

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación de Empresarios de Galicia, para a realización das actividades de información do Eurest Galicia-Norte de Portugal.

30.5.2012

26.015,86

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Autoescolas para a organización e realización de cursos de seguridade viaria.

Establecer os termos da colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Autoescolas para a organización e desenvolvemento dos cursos de educación viaria gratuítos, dirixidos aos beneficiarios das axudas para a obtención do carné de conducir clase B, reguladas na Orde do 4 de maio pola que se establecen as bases reguladoras que rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 91, do 14 de maio).

25.5.2012

0,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Muíños (Ourense) para a realización de actividades xuvenís.

Realización de actividades xuvenís do 6 de agosto ao 1 de setembro de 2012, en catro quendas de 6 días cada unha, no albergue xuvenil do Corgo.

10.4.2012

6.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Galicia Europa para financiar os gastos de funcionamento dunha oficina habilitada pola Fundación para información da xuventude.

Funcionamento dunha oficina habilitada pola Fundación para a realización de actividades de información, documentación e asesoramento á xuventude galega que demanda información sobre Europa. As actividades realizaranse en colaboración co Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

4.5.2012

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consello da Xuventude de Galicia para axudar a financiar as actividades que o Consello da Xuventude de Galicia ten previsto realizar durante o ano 2012.

Axudar a financiar as actividades que o Consello da Xuventude de Galicia ten previsto realizar durante o ano 2012, así como os gastos ordinarios de funcionamento desa institución no referido período, dando cumprimento ao establecido na Lei 2/1987, do Parlamento de Galicia.

4.5.2012

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), para o financiamento dos I Xogos Interautonómicos de Atletismo.

Financiamento dos I Xogos Interautonómicos de Atletismo.

3.7.2012

5.500,00