Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2012 Páx. 39175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ICA-CO-0026/2010-PC.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-CO-0026/2010-PC.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento integro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente nº: ICA-CO-0026/2010-PC.

Denunciada: Gallega de Carnes. S.A.

Último enderezo coñecido: Amil, nº 13, 15660 Cambre (A Coruña).