Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39602

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece, na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vai ter lugar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, de nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: do 5 ao 9 de novembro de 2012.

4. Lugar de celebración: clúster de Acuicultura, Couso, s/n, Aguiño. 15965 Ribeira (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

Día 5.11.2012

16.00-17.00 horas

Introdución. Lexislación.

17.00-18.30 horas

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.30-20.00 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 6.11.2012

16.00-17.30 horas

Métodos de loita antivectorial.

17.30-20.00 horas

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 7.11.2012

16.00-17.00 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

17.00-18.30 horas

Praguicidas e medio natural: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.30-20.00 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 8.11.2012

16.00-17.00 horas

Preparación de disolucións de produtos.

17.00-18.00 horas

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-20.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 9.11.2012

16.00-18.00 horas

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-20.00 horas

Resolución de exercicios prácticos.

20.00-21.00 horas

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, de nivel básico.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 5 ao 9 de novembro de 2012.

Lugar de celebración do curso: clúster de acuicultura, Couso, s/n, Aguiño.15965 Ribeira (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: do 5 ao 8 de novembro, das 16.00 as 20.00 horas e o 9 de novembro das 16.00 as 21.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 28 de outubro de 2012, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: