Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40496

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos funcionarios do corpo de médicos forenses que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1656/2010, do 31 de maio.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, esta dirección xeral resolveu adxudicar destinos nos órganos que se relacionan no anexo aos integrantes do corpo de médicos forenses nomeados funcionarios de carreira pola Orde do 21 de setembro de 2012, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os funcionarios do corpo de médicos forenses aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante o departamento territorial respectivo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia, nos seguintes enderezos, segundo a provincia onde estea radicado o órgano xudicial no cal obtivesen destino:

– Departamento Territorial de Lugo.

Servizo de Xustiza e Admón. Local.

Rolda da Muralla, 70.

27071 Lugo.

– Departamento Territorial de Ourense.

Servizo de Xustiza e Admón. Local.

Paseo da Habana, 79.

32071 Ourense.

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, se esta non é simultánea á do Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto, para o cal esta dirección xeral lles remitirá, coa antelación suficiente, aos servizos de xustiza dos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cinco exemplares do acordo de nomeamento (documentos F1R).

Segundo. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que foron adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Terceiro. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles participantes que teñan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Cuarto. Os funcionarios do corpo de médicos forenses, aos que se lles outorga destino en virtude desta resolución, malia ter sido destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, se esta non é simultánea á do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

Destino adxudicado

1

36119526G

Costas Costas, Eduardo José

Subdirección Territorial de Lugo do Instituto de Medicina Legal de Galicia

2

44844646M

Méndez Fernández, Tamara

Subdirección Territorial de Ourense do Instituto de Medicina Legal de Galicia

3

33285518X

Castro Pereira, José Ramón

Subdirección Territorial de Ourense do Instituto de Medicina Legal de Galicia