Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44432

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 25 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 103, do 31 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 16 de novembro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de outubro de 2012 para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día quince (15) de decembro de 2012, no salón de actos e nas aulas número 1, 2, 4 e 5 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal