Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44433

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de subinspector sanitario, relativa á baremación provisional da fase de concurso.

O número 4 da base sexta B) da Resolución do 27 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 149, do 5 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, dispón que, tras realizar o tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará o anuncio da súa exposición no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que os/as aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal que,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na páxina web www.sergas.es a puntuación provisional obtida pola aspirante da clase de subinspector/a sanitario/a no proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 149, do 5 de agosto), relativa á baremación provisional da fase de concurso.

Segundo. Os/as interesados/as poderán presentar reclamación ante o tribunal, no prazo de quince días hábiles seguintes a esta publicación. A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas da fase de concurso.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

Carmen Gerpe Caamaño
Presidenta do tribunal