Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01238-O-2012 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 11 de xaneiro de 2013

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción imposta

LU-01238-O-2012

0286-GMR

Garda Civil 2701 V08644T

Berlypan, S.L.

B15561665

Pg. ind. A Barcala, nave 3

15679 Cambre-A Coruña

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t.

Exceso de peso superior ao 8 %

7.6.2012; 8.38; N-VI; 543,800

Art. 142.2 da LOTT,

art. 199.2 da ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT,

art. 201.1.c) da ROTT

321 euros

LU-01587-O-2012

0036-GXW

Garda Civil 2701 R10457X

Templo Food Services, S.L.

B83458729

Pg. Bergondo, r/ Parroquia Lubre, nave G 20-2

15165 Bergondo-A Coruña

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 11 %

4.9.2012; 18.36; A-6; 540,00

Art. 142.2 da LOTT,

art. 199.2 da ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT,

art. 201.1.c) da ROTT

351 euros