Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador PO-4/2012 IC, por infraccións en materia de industria.

Con data do 12 de decembro de 2012, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador PO-4/2012 IC, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industrial de Pontevedra, contra Amable Padín Paulos, NIF 35434540-G, titular da empresa instaladora de instalacións térmicas do mesmo nome.

Intentada a notificación da proposta, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle ao interesado o contido da proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírtese o interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de 15 días desde ao seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos ou informacións que estime convenientes perante o instrutor do procedemento, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na praza da Estrela, s/n, en Vigo.

Vigo, 21 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-4/2012 IC.

Interesado: Amable Padín Paulos, NIF 35434540-G.

Enderezo: rúa Os Duráns, nº 3, 5º D, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feitos imputados: unha infracción leve, en materia de industria.

Preceptos infrinxidos: artigo 33.4.c) da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia (DOG nº 166, do 26 de agosto).

Sanción proposta: 500 euros.