Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/13-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Melchor Barreiro e Hijos, S.L.

Domicilio social: lugar dos Muíños, Coiro, 15145 A Laracha.

Denominación: proxecto de distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública.

Situación: área de repartición AR-S3 (Urbanización Buenos Aires), concello da Laracha, A Coruña.

Características técnicas: proxecto de distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública na área de repartición AR-S3 do concello da Laracha, A Coruña, para alimentación de parcelas 1 a 9 dedicadas a edificios de vivendas, locais comerciais e garaxes, parcelas 10 a 41 dedicadas a vivendas unifamiliares, parcelas E-L dedicadas a equipamento local e parcelas E-G dedicadas a equipamento xeral. Alimentación desde la liña Cillobre-Proame (expediente 34.543) intercalando 3 CT en bucle entre CT existente Edificio Buenos Aires (expediente 52.892) e CT existente Instituto (expediente 26-1/97). LMTS condutor
RHZ1-OL-12/20kV, 240 mm2 Al. Tres CT, cada un deles das seguintes características: soterrados, prefabricados, dúas celas de liña 24 kV 400 A, dúas celas de protección 24 kV 400 A, dous trafos de 630 kVA cada un, 15-20000/230-400 V, aceite. Cadros de baixa tensión (un por trafo) e liñas de distribución en BT, soterradas, condutor RV-0.6/1kV 240 mm2 segundo planos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña