En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil trece,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Cristina Ortiz Dorda como secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar