Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15448

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 3 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2013.

O Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que su-poñen os seguros como un instrumento que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións como consecuencia da actuación de axentes alleos, como o clima, enfermidades e outros.

Tendo en conta a evolución da contratación de seguros agrarios nas últimas campañas, as recomendacións da Comisión Europea, en canto a contías máximas de subvención por tipos de seguros e coberturas, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, é necesario regular, mediante esta orde, determinados aspectos das axudas para fomentar a contratación de seguros agrarios durante o ano 2013.

Conforme o previsto no artigo 5 do título II da Lei 87/1978, do 28 de decembro, e o regulamento que a desenvolve, aprobado polo Real decreto 2329/1979, do 14 de setembro, a Entidade Estatal de Seguros Agrarios elaborou o Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2013, o contido do cal se axusta ao Acordo de bases para a elaboración dos plans de seguros agrarios combinados para o trienio 2013-2015, aprobado pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos o 26 de xullo.

No Plan determínanse as distintas porcentaxes de subvención que lle corresponden á Administración do Estado, que achegará Enesa, nos diferentes grupos de liñas de seguro e os criterios para a súa asignación, os estudos de viabilidade e condicións de cobertura, as novas liñas de seguro ou garantías adicionais que se poden incorporar como novidades, a elaboración e revisión das normas de peritación, as datas de subscrición e prazos de elaboración de cada seguro e demais cuestións relacionadas co Plan.

O Plan anual de seguros agrarios combinados para o exercicio 2013 foi aprobado por Resolución do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 28 de decembro de 2012, da Subsecretaría (BOE nº 1, do 1.1.2013) na que se publica o Acordo do Consello de Ministros da mesma data.

Mediante esta orde, e en desenvolvemento do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, a Comunidade Autónoma de Galicia participará nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no plan anual estatal, co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios.

As liñas mestras deste plan estarán destinadas ao logro dos seguintes obxectivos:

– Revisar os criterios de asignación de subvencións adecuándoos á dispoñibilidade orzamentaria, optimizando os recursos e facilitando a súa aplicación, xestión e control.

– Avanzar no desenvolvemento do sistema de seguros agrarios, para conseguir un nivel de implantación que permita aos produtores agrícolas, gandeiros, forestais e acuícolas, contar cunha garantía básica de protección ante as consecuencias que deriven do acaecemento do conxunto dos fenómenos naturais non controlables, universalizando as garantías que se poñen á disposición do sector.

– Perfeccionar os procedementos de xestión dos seguros e a información que se facilita ao asegurado, tanto na contratación coma no proceso de valoración dos danos.

Adicionalmente ao anterior, continuarase atendendo especialmente á revisión dos condicionados das diferentes liñas de seguro para favorecer a súa adaptación ás condicións reais do cultivo, ás características do risco, ao destino das producións, ao tamaño e estrutura da explotación, ás técnicas de prevención do risco e aos resultados actuariais do aseguramento.

Proseguiranse as actuacións que se veñen desenvolvendo para o perfeccionamento técnico das diferentes liñas de aseguramento consideradas no sistema de seguros agrarios. Para afianzar os avances que se rexistraron na protección do sector agrario, tanto nas liñas de seguros gandeiros como a través da posta en marcha do modelo de cobertura denominado «seguro crecente», traballarase especialmente en consolidar e completar os procesos de deseño, favorecer a súa adaptación ás condicións reais do cultivo, ás características do risco, ao destino das producións, ao tamaño e estrutura da explotación, ás técnicas de prevención do risco e aos resultados actuariais do aseguramento, prestándose especial atención aos seguintes aspectos:

– Adaptar os actuais módulos dos seguros con coberturas crecentes a un seguro no que, partindo dun módulo básico (módulo 1), os asegurados poidan completar garantías de xeito voluntario. Esta adaptación comezará nos seguros de outono.

– Establecerase un seguro de rendementos para froiteiras, especialmente deseñado para dar cobertura a aqueles riscos anteriores ao callado e que, polo tanto, son de difícil valoración e cuantificación en campo.

– Actualizaranse as bases de datos de rendementos dos seguros que conten con elas.

– Revisaranse as coberturas do módulo 2 para volver incluír os danos excepcionais por explotación, reducindo así o custo do seguro.

– Recoñeceranse as explotacións de gando vacún e ovino agrupado baixo unha denominación de calidade (IXP) para o seguro de ovino e caprino, e de reprodutores bovinos de aptitude cárnica.

– Modifícase a denominación da actual liña de «seguro de seca en pastos» que pasa a denominarse «seguro de compensación por perda de pastos».

– Para o perfeccionamento técnico das diferentes liñas gandeiras, continuaranse as actuacións que se veñen desenvolvendo, sobre todo en gando porcino, buscando unha simplificación dos distintos sistemas de manexo e tipos de animais actualmente empregados no proceso de contratación e valoración.

– Avanzar no desenvolvemento da modalidade de aseguramento renovable como contribución á simplificación do proceso de contratación e a fidelización dos produtores.

No ano 2013 por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar recibirán subvención as liñas de seguros indicadas no anexo.

En virtude do exposto, e de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e beneficiarios

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e convocalas para o ano 2013, para os seguros incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2013, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

2. A Consellería do Medio Rural e do Mar concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios das ditas axudas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2013 e liñas gandeiras dos plans 2012 e 2013, formalizadas en 2013, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.

3. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

Para os efectos de identificar as grandes empresas, terase en conta a definición de pequena e mediana empresa contida no anexo I do Regulamento (CE) nº 70/2001 da Comisión do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas, con excepción das sociedades cooperativas e asociacións sen ánimo de lucro, que poderán ser beneficiarias destas subvencións calquera que sexa a súa dimensión.

4. Segundo o establecido no número 2 do artigo 19 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estas axudas exceptúanse do requisito de fixar unha orde de prelación das solicitudes, polo que se procederá ao pagamento destas ata o esgotamento do orzamento consignado.

5. As subvencións establecidas nesta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por asegurados que, de acordo co artigo 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, teñan a consideración de administracións públicas.

Artigo 2. Entidades aseguradoras autorizadas

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Artigo 3. Liñas de seguros subvencionables e contía das axudas

1. Para o ano 2013 a subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar queda establecida para as liñas de contratación dos grupos establecidos no anexo que se xunta a esta orde do seguinte xeito:

a) Para todas as liñas, incluídas as do seguro crecente, agás as dos seguros de retirada de cadáveres, unha porcentaxe sobre a axuda á contratación que lles conceda Enesa, que será variable segundo as liñas, na contía que se especifica no anexo.

b) Para as liñas dos seguros de retirada de cadáveres correspondente aos seguros de cobertura de gastos derivados da destrución de animais bovinos mortos nas explotacións e gastos derivados da destrución de animais non bovinos mortos nas explotacións, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre o custo neto do seguro especifica-do no anexo.

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender as posibles perdas causadas por desastres naturais e acontecementos de carácter natural ou por fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:

a) A subvención conxunta de Enesa e da Consellería do Medio Rural e do Mar non poderá exceder un límite xenérico do 80 % do custo do seguro.

b) Existirán uns límites específicos sobre o custo do seguro das seguintes contías:

1. Seguros de explotación de producións gandeiras e acuícolas: 65 %.

2. Seguro de explotación de uva de vinificación: 65 %.

3. Seguro de caqui e outras froiteiras, froiteiras e cereixa: 74 %.

3. Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo restaráselle a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.

Artigo 4. Procedemento e prazos de execución

1. A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e, ademais, se cumpran as distintas partes referentes á subvención que se conteñan na declaración do seguro. En todo caso, na declaración do seguro especificarase, na parte de subvencións para comunidades autónomas, a expresión literal de «subvención da Comunidade Autónoma de Galicia».

2. A contratación da póliza do seguro constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas, de acordo cos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que non foron obxecto de resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro ou que, de ser o caso, se realizou o correspondente ingreso, e que dispón dos documentos que xustifican o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde para a concesión das subvencións.

3. No caso daquelas pólizas de seguro correspondentes á modalidade «renovable», terán a consideración de solicitude de subvención a póliza de seguro inicialmente subscrita mediante a formalización da declaración do seguro, conxuntamente co recibo de pagamento da correspondente anualidade. Neste senso, presumirase que o pagamento do recibo da póliza constitúe a manifestación da aceptación das condicións do seguro e de xuntar os requisitos para a percepción das subvencións correspondentes.

4. As datas de inicio e o prazo da subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no plan anual para o ano 2013, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas do seguro de que se trate.

5. O importe da axuda que corresponda á Consellería do Medio Rural e do Mar deducirase do importe da prima que aboen o tomador ou o asegurado no momento da subscrición da póliza. As cantidades así descontadas pagarallas a Consellería a Agroseguro contra as certificacións de liquidacións, sempre de acordo co procedemento establecido no correspondente convenio de colaboración subscrito entre a Consellería e Agroseguro.

6. No dito convenio establécense os prazos e a documentación que Agroseguro deberá xuntar a cada certificación de liquidación co fin de que se poidan efectuar as comprobacións oportunas para a resolución por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, antes de realizar os correspondentes pagamentos da axuda a Agroseguro.

7. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións será a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

8. Dentro das dispoñibilidades orzamentarias e de acordo coa orde de presentación de solicitudes, a conselleira do Medio Rural e do Mar, logo da proposta do/a director/a xeral de Produción Agropecuaria, ditará a correspondente resolución de concesión ou denegación da axuda, no prazo máximo de seis meses contados desde a presentación da solicitude. Poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes se no devandito prazo non se dita a correspondente resolución.

9. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e, contra elas, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Artigo 5. Obrigas dos beneficiarios e tomadores dos seguros

1. Os tomadores dos seguros e, de ser o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista resumo das pólizas subscritas, así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles fose exixida expresamente pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán constar as axudas solicitadas ou concedidas polas distintas administracións públicas competentes para a mesma finalidade.

3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supor a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituír as cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puideren incorrer os beneficiarios ou perceptores.

4. Os asegurados, polo feito de contrataren a póliza do seguro agrario, autorizan a Consellería do Medio Rural e do Mar, para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estaren ou non ao día nas súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención das subvencións reguladas nesta orde.

5. A formalización da poliza constitúe unha autorización para poder obter de Agroseguro a información sobre os sinistros acaecidos nas explotacións aseguradas e outros datos re-levantes sobre a xestión da póliza, segundo se fai constar no documento de aseguramento que se asina para a súa formalización.

6. Nos seguros de gando, no caso de cesar a actividade para a cal se subscribise o seguro, antes de rematar o prazo de garantías, é obrigatorio comunicar á compañía ase-guradora o fin da actividade, a fin de que, se é o caso, a Consellería de Medio Rural e do Mar poida recuperar a parte de subvención non empregada.

Artigo 6. Modificación da resolución de concesión e infraccións administrativas

Toda alteración das condicións que se tivesen en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da axuda.

Artigo 7. Control das axudas

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar establecerá os controis administrativos e de campo precisos para asegurar que se cumpren os requisitos establecidos nesta orde.

2. Para os efectos do control das subvencións reguladas nesta orde, o tomador do seguro, no caso de pólizas de contratación colectiva, ou o asegurado, no caso de pólizas individuais, serán responsables das infraccións administrativas en materia de subvencións e estarán suxeitos ás sancións reguladas ao respecto, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Co obxecto de mellorar o sistema de control de subvencións, a Consellería de Medio Rural e do Mar poderá establecer un convenio de colaboración con Enesa para o intercambio de información relativa ás pólizas contratadas, en particular aquelas cuxo importe se calcula como unha porcentaxe das que outorga esta entidade.

Artigo 8. Reintegro das axudas

No caso de pagamentos indebidos, os beneficiarios ou perceptores das axudas quedarán obrigados ao reembolso do importe indebidamente percibido, xunto cos xuros de demora producidos desde o pagamento, sen prexuízo doutras responsabilidades a que houber lugar segundo os artigos 37, 38, 39 e 40 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 9. Financiamento

Para a concesión das axudas reguladas nesta orde existe crédito adecuado e suficiente con cargo ao proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, por un importe total de 6.000.000,00 euros, que poderá verse incrementado con outros remanentes orzamentarios e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias na aplicación 2013 12 22 712B 7720.

Disposición adicional primeira. Norma que se observará para o non previsto nesta orde

Para o non previsto nesta orde, observarase o disposto preferentemente na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula o regulamento da dita lei.

Disposición adicional segunda. Publicación da concesión de axudas

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e de conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos na citada páxina web.

Disposición derradeira primeira. Facultades para ditar instrucións

Facúltase o/a director/a xeral de Produción Agropecuaria para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO
Porcentaxes de subvención base aplicables

1. Seguros para producións agrícolas.

Liñas de seguro

Producións asegurables

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Módulo

Subvención base de Enesa (%)

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de cereixa.

Cereixa.

1 de xaneiro

55

1

29

55

2

14

55

P

4

Seguro de coberturas crecentes para OOPP e cooperativas.

Cereixa, cítricos, cultivos herbáceos extensivos, caqui e outras froiteiras, froiteiras, froitos secos, hortalizas, olivas, plátano, producións tropicais e subtropicais, uva de mesa e uva de vinificación.

1 de xaneiro

18

OP

45

Seguros con coberturas crecentes para explotacións hortícolas ao aíre libre, de ciclo primavera-verán, na península e Baleares.

Chicoria de raíz, berenxena, cabaciña, cabaza, calçot, cebola, ceboliña, charouvía, chufa, feixón verde, melón, nabo, cogombro, cogombro novo, pemento, porro, ravo, remolacha de mesa, sandía, tomate e cenoria.

15 de xaneiro

18

1

29

18

2

14

18

3

9

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións hortícolas con ciclos sucesivos na península e Baleares.

Acelga, chicoria de folla verde, apio, baby leaf, berza, bimi, borraxe, brócoli, coles de Bruxelas, col-repolo, coliflor, escarola, endivia, espinaca, grelos, fiúncho, hortalizas orientais, leituga e romanesco.

15 de xaneiro

18

1

29

18

2

14

18

3

9

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións forestais.

Coníferas, frondosas arbustivas.

15 de xaneiro

0

P

14

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de planta viva, flor cortada, viveiros e sementes na península e Baleares.

Planta viva, flor cortada, viveiros: vide, cítricos, aromáticas, forestais, amorodo, froiteiras; produción de sementes e criadeiros de hortalizas e tabaco.

1 de febreiro

18

1

29

18

2

14

18

3

9

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións industriais téxtiles.

Algodón, cánabo e liño téxtil.

1 de febreiro

18

1

29

18

2

14

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de cultivos industriais non téxtiles.

Durmideira, alcaparra, aloe vera, anís, azafrán, cana de azucre, lavanda, lavandina, lúpulo, menta, vimbio, regalicia, remolacha, resto de aromáticas, resto de culinarias e

1 de febreiro

18

1

29

18

2

14

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de multicultivos de hortalizas.

Todas as hortalizas.

1 de marzo

18

1

29

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións hortícolas baixo cuberta, na península e Baleares.

Todas as producións hortícolas, amorodo e amorodo grande, framboesa, arándano, grosella e amora.

1 de xuño

18

1

29

18

2

14

18

3

9

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións hortícolas ao aire libre, de ciclo outono-inverno, na península e Baleares.

Faba verde, chícharo verde, alcachofa, cardo, espárrago, allo, pataca, batata, boniato, arándano, framboesa, amorodo, amorodo grande, grosella e amora.

1 de xuño

18

1

29

18

2

14

18

3

9

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de caqui e outras froiteiras.

Caqui, kiwi, néspera, abruñeiro, granado, figueira, castaña e azufaifo.

1 de setembro

55

1

29

55

2

14

55

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de froitos secos.

Amendoeira, abeleira, alfarrobeira, nogueira e pistacho.

1 de setembro

18

1

34

18

2

16

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións de cultivos herbáceos extensivos.

Cereais de inverno, cereais de primavera, arroz, leguminosas gran e oleaxinosas.

1 de setembro

18

1

34

18

2

16

18

S

3

18

P (arroz e fabes)

4

18

P (resto)

1

Seguro de coberturas crecentes para explotacións olivareiras.

Oliva.

1 de outubro

18

1

34

18

2

16

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para uva de vinificación en península e Baleares.

Uva de vinificación.

1 de outubro

55

1

34

55

2

16

55

3

9

55

P

4

Seguro de coberturas crecentes para explotacións frutícolas.

Albaricoque, ameixa, mazá, melocotón, marmelo e pera.

15 de novembro

55

1

34

55

2

14

55

3

9

55

P

4

Seguro de coberturas crecentes para cultivos forraxeiros.

Cultivos forraxeiros, palla de cereais de inverno e pastos aproveitables a dente.

15 de novembro

18

1

29

18

2

14

18

P

4

Seguro de coberturas crecentes para cultivos agroenerxéticos.

Cultivos anuais ou plurianuais destinados á produción de biocombustibles sólidos lignocelulósicos para a produción de enerxía.

15 de novembro

18

1

29

18

2

14

18

P

4

Os seguros complementarios e de extensión de garantías, de aplicación aos módulos 1, 2, 3, S ou P que dispoñan deles, beneficiaranse da mesma porcentaxe de subvención que se aplique á póliza principal, incluíndo as subvencións adicionais que se lle aplicasen.

2. Seguros de produción gandeiras.

2.1. Seguros de explotación.

Liñas de seguro

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Subvención base de Enesa (%)

Seguro de explotación de gando vacún reprodutor e de recría.

Sistema de manexo de explotación de aptitude cárnica.

15 de xaneiro

18

8

Outros sistemas de manexo de explotación.

18

17

Seguro de explotación de gando vacún de ceba.

15 de xaneiro

18

15

Seguro de explotación de gando vacún de lida.

15 de xaneiro

18

15

Seguro de explotación de gando vacún de alta valoración xenética.

15 de xaneiro

18

17

Seguro de explotación de reprodutores bovinos de aptitude cárnica.

15 de xaneiro

18

17

Seguro de explotación de gando ovino e caprino.

15 de xaneiro

18

17

Seguro de explotación de gando equino.

1 de febreiro

18

14

Seguro de explotación equino en razas selectas.

1 de febreiro

18

15

Seguro de explotación de gando aviar de carne.

1 de febreiro

18

17

Seguro de explotación de gando aviar de posta.

1 de febreiro

18

17

Seguro de explotación de gando porcino.

1 de febreiro

18

17

Tarifa xeral gandeira.

1 de marzo

18

14

Seguro de compensación por perda de pastos.

1 de xullo

18

17

Seguro de explotación en apicultura.

1 de outubro

18

17

Seguro de piscifactorías de troitas.

1 de febreiro

20

14

Seguro de acuicultura mariña para mexillón da Comunidade Autónoma de Galicia.

1 de marzo

0

14

Seguro de acuicultura mariña para ollomol, corvina, dourada, robaliza e rodaballo.

1 de marzo

0

14

3. Seguros de retirada e destrución.

Liñas de seguro

Data inicio subscrición

Subv. CA Galicia (%)

Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais bovinos mortos na explotación.

1 de xuño

28

Seguro renovable para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais bovinos mortos na explotación.

1 de xuño

28

Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animales non bovinos (1) mortos na explotación.

1 de xuño

28

Seguro renovable para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais non bovinos (1) mortos na explotación.

1 de xuño

28

(1) Ovina, caprina, porcina, aviar, cunícola, equina, piscícola e acuícola. Cérvidos e camélidos.