Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17437

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a acta de adhesión ao acordo regulador da xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias.

Na mesa sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde, en reunión que tivo lugar o día 30 de abril de 2013, aprobouse por unanimidade a adhesión da coalición sindical CESM-O´Mega ao acordo polo que se regula a xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias (DOG do 23 de abril de 2007).

Esta adhesión debe ser publicada para o seu xeral coñecemento.

En consecuencia,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación da acta de mesa sectorial do 30 de abril de 2013, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO
Acta de adhesión ao acordo polo que se regula a xornada, retribucións
e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias
(DOG do 23 de abril de 2007)

En Santiago de Compostela, ás 14.00 horas do día 30 de abril de 2013, no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, vista a solicitude formulada pola coalición CESM-O´Mega, de adhesión ao acordo polo que se regula a xornada, retribucións e condicións de traballo do persoal médico de urxencias hospitalarias (DOG do 23 de abril de 2007), e logo da convocatoria realizada para tal efecto, as partes acordan por unanimidade:

1. Aceptar a adhesión de CESM-O´Mega ao referido acordo.

2. Aceptar a participación de CESM-O´Mega na comisión de seguimento do acordo. Pola súa parte, a coalición asume os acordos adoptados con anterioridade pola dita comisión de seguimento.

– Pola Administración:

Margarita Prado Vaamonde, directora de Recursos Humanos.

Félix Rubial Bernárdez, director de Asistencia Sanitaria.

Alberto López Suárez, subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións.

Mª Jesús Rúa Moure, subdirectora xeral de Xestión e Políticas de Persoal.

Mercedes Castro Seijas, subdirectora xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional.

María Ponte García, xefa do Servizo de Relacións Laborais.

Javier García Caeiro, xefe de sección de Relacións Laborais.

Mª José Montero Furelos, xefa do Servizo de Selección Fixa e Provisión.

– Polas organizacións sindicais:

Mª Xosé Abuín Álvarez (CIG).

Susana Méndez Rodríguez (CIG).

Lois Méndez Pérez (CIG).

José M. Blanco Docanto (CESM-O´Mega).

Manuel Nieto Pereira (CESM-O´Mega).

J. Víctor Crespo Comesaña (CESM-O´Mega).

Manuel Rodríguez Piñeiro (CESM-O´Mega).

Emilio Armada Rodríguez (CESM-O´Mega).

Javier Martínez Fente (UGT).

Luis Jerez Couselo (UGT).

Eliseo Rivas Pernas (UGT).

Jacobo Formigo Couceiro (CSI-CSIF).

Daniel Otero Castiñeira (CSI-CSIF).

David Dios Núñez (CSI-CSIF).

Ángel Cameselle Corbacho (CC.OO.).

Emilia Lamas Seoane (CC.OO.).

Araceli Loureiro Sousa (CC.OO.).

Carmen García Rivas (SATSE).

Mª Teresa Joaquín Suárez (SATSE).