Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17733

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 74/2013, do 18 de abril, polo que se modifica o Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, para a súa adaptación á Directiva 95/16/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de xuño, sobre aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas a ascensores.

A Constitución española no seu artigo 9.2 obrígalles aos poderes públicos a promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, e a remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social.

O artigo 49 da Constitución española encoméndalles aos poderes públicos a realización dunha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, aos cales lles prestarán a atención específica que requiran e os que ampararán especialmente para o desfrute dos dereitos que a Constitución lles outorga a todos os cidadáns.

O artigo 4.2 do Estatuto de autonomía atribúelles aos poderes públicos de Galicia a promoción das condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude.

A Comunidade Autónoma, en virtude da competencia exclusiva que en materia de asistencia social lle atribúe o artigo 27.23 do Estatuto de autonomía, aproba a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que recolle a especial protección ao colectivo conformado polas persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia, incluíndo como principio inspirador do sistema de servizos sociais a prevención sobre as causas que orixinan a situación de marxinación.

De conformidade coa competencia en materia de asistencia social do artigo 27.23, a competencia exclusiva en materia de ordenación do territorio e do litoral do artigo 27.3, a competencia exclusiva en materia de urbanismo e vivenda do artigo 27.7, a competencia exclusiva en materia de obras públicas do artigo 27.8 e de conformidade coa competencia en materia de comunicación do artigo 34.1 do Estatuto de autonomía; o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e posteriormente o Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. Este decreto contén a normativa de desenvolvemento necesaria para a execución adecuada dos preceptos lexislativos, sendo de aplicación a todas as actuacións levadas a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia por entidades públicas ou privadas, así como polas persoas individuais, en materia de planeamento, xestión ou execución urbanística; nova construción, rehabilitación ou reforma de edificacións; transporte e comunicación.

O artigo 288 do Tratado de funcionamento da Unión Europea dispón que a directiva vincula os Estados membros destinatarios en canto ao resultado que hai que acadar e deixa ás instancias nacionais a competencia en canto á forma e aos medios. Non cabe dúbida ningunha sobre o carácter obrigatorio das directivas comunitarias en canto aos seus efectos directos, é dicir, en canto á posibilidade de ser invocadas polos/as cidadáns/as como fonte de dereitos e deberes. En consecuencia, os/as particulares ven reforzada a súa esfera xurídica e o dereito comunitario logra que o seu efecto útil, é dicir, a súa funcionalidade, non se vexa desvirtuada por unha eventual inexecución das directivas comunitarias por un Estado membro.

Asemade, co fin de harmonizar as normas dos Estados membros da UE en materia de ascensores e/ou os seus compoñentes de seguridade, apróbase a Directiva 95/16/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de xuño, sobre aproximación das lexislacións dos Estados membros relativas a ascensores.

De conformidade coa citada directiva, todos os ascensores novos, sempre que as súas dimensións o permitan, serán accesibles para as persoas con discapacidade, que deberán poder utilizalos.

A transposición da directiva ao ordenamento xurídico estatal produciuse en virtude do Real decreto 1314/1997, do 1 de agosto, polo que se ditan as disposicións de aplicación da Directiva do Parlamento Europeo e do Consello 95/16/CE, sobre ascensores.

A norma harmonizada EN 81-70 tamén recolle estes requisitos esenciais de saúde e seguridade, en particular contén as regras de seguridade para a construción e instalación de ascensores e as aplicacións particulares para os ascensores de pasaxeiros e de pasaxeiros e cargas. A súa parte 70 regula a accesibilidade aos ascensores de persoas, incluíndo persoas con discapacidade.

Por outra banda, a norma EN 81-1 e 2: 1998, substituída pola EN81-1: 1998+A3: 2009 e pola EN81-2: 1998+A3: 2009, establece as regras de seguridade para a construción e instalación de ascensores, na súa parte 1, para os ascensores eléctricos, e na súa parte 2, para os ascensores hidráulicos.

Ben que estas normas non son vinculantes, de acordo co artigo 5 da Directiva sobre ascensores, os ascensores e/ou os compoñentes de seguridade construídos de conformidade coas correspondentes normas harmonizadas deben cumprir os requisitos esenciais pertinentes.

Desde xullo de 1999 todos os ascensores novos deberán cumprir as disposicións da Directiva sobre ascensores.

A razón de ser da modificación do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, atópase nos trámites seguidos ante a Comisión Europea tras a solicitude de información remitida por esta no marco do proxecto UE Pilot.

Que afecta os seguintes puntos:

«Conforme o seu artigo 17, a comunicación vertical realizarase, como mínimo, cun ascensor que deberá ser adaptado de conformidade co regulamento.».

«Os ascensores situados en calzadas ou áreas de uso público deben cumprir os requisitos do Código de accesibilidade (anexo I), norma de base 1.2.6.».

«O anexo I, norma de base 2.2.3, contén requisitos relativos ás barreiras arquitectónicas nos edificios de uso público polo que se refire aos ascensores.».

«O anexo I, norma de base 4, epígrafe B, contén requisitos relativos ás barreiras arquitectónicas nos edificios de uso residencial (comunicacións verticais) polo que se refire aos ascensores.».

«Finalmente, o anexo I, norma de base 6.1.2.c, contén os requisitos para ascensores destinados ao uso de viaxeiros con equipaxe (accesibilidade no transporte público).».

Por todo o exposto, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de abril de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia

O Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, queda modificado como segue:

Un. A base 1.2.6 do anexo I queda redactada do seguinte modo:

«A. As dimensións interiores da cabina dunha entrada ou con dúas entradas opostas serán:

De tipo 1: capacidade para soportar una carga nominal de 450 kg. Cunhas dimensións mínimas de 1.000 mm de largo por 1.250 mm de profundidade.

De tipo 2: capacidade para soportar una carga nominal de 630 kg. Cunhas dimensións mínimas de 1.100 mm de largo por 1.400 mm de profundidade.

De tipo 3: capacidade para soportar una carga nominal de 1.275 kg. Cunhas dimensións mínimas de 2.000 mm de largo por 1.400 mm de profundidade.

A bis.

– As portas de cabina e pisos deberán ser automáticas e operar con desprazamento horizontal.

– O sistema de control deberá permitir o axuste do tempo de mantemento da porta aberta para cumprir as condicións onde se instale o ascensor (normalmente entre 2 seg. e 20 seg.). Deben instalarse medios para reducir este tempo, por exemplo utilizando un botón de peche das portas da cabina. Os medios de axuste non deben ser accesibles
aos/ás usuarios/as.

– O dispositivo de protección requirido no número 7.5.2.1.1.3 das normas EN 81-1: 1998 e EN 81-2: 1998 debe cubrir a entrada nunha distancia entre, polo menos, 25 mm e 1.800 mm por enriba do piso de cabina (por exemplo, cortina de luz). O dispositivo debe consistir nun sensor que preveña o contacto físico entre o/a usuario/a e os bordos condutores da(s) folla(s) de peche da porta.

B. No uso previsto a precisión de parada de cabina debe ser de ± 10 mm; debe manterse a precisión de nivelación de ± 20 mm.

O espazo libre entre e a parede e a zona para asir debe ser de 35 mm como mínimo.

A altura do bordo superior da zona para asir debe estar comprendida entre (900 ± 25) mm medidos desde o chan da cabina.

O espazo mínimo fronte ás portas terá que deixar unha área horizontal que permita inscribir un círculo de 1,50 m de diámetro libre de obstáculos.

A altura mínima entre o nivel do piso e a liña central de calquera botón = 900 mm.

A altura máxima entre o nivel do piso e a liña central de calquera botón = 1.100 mm - 1.200 mm (preferentemente 1.100 mm).

A sinalización no exterior da situación do ascensor colocarase a unha altura comprendida entre 1,10 m e 1,30 m e será en relevo.

Para ascensores con manobra rexistrada, información visible e audible que permita identificar facilmente o ascensor.

Os/as usuarios/as deben ser informados visible e audiblemente de que están a punto de entrar na cabina asignada.

Recoméndase o uso de voz como indicación sonora. A voz tamén pode proporcionar información, entre outras cosas, acerca da situación de tendas ou oficinas a nivel de planta. Un indicador visual tamén é útil.

Recoméndase que a chegada dunha cabina sexa precedida dun sinal acústico.

O chan da cabina debería ter unhas características superficiais similares ás do piso de entrada.

O alumeado interno debería proporcionar un nivel de iluminancia media de 100 lux como mínimo ao nivel do chan e uniformemente distribuído, evitando o uso de puntos de luz.».

Dous. A Base 2.2.3. do anexo I queda redactada do seguinte modo:

«A. As dimensións interiores da cabina dunha entrada ou con dúas entradas opostas serán:

De tipo 1: capacidade para soportar unha carga nominal de 450 kg. Cunhas dimensións mínimas de 1.000 mm de largo por 1.250 mm de profundidade.

De tipo 2: capacidade para soportar unha carga nominal de 630 kg. Cunhas dimensións mínimas de 1.100 mm de largo por 1.400 mm de profundidade.

De tipo 3: capacidade para soportar unha carga nominal de 1.275 kg. Cunhas dimensións mínimas de 2.000 mm de largo por 1.400 mm de profundidade.

A bis.

– As portas de cabina e pisos deberán ser automáticas e operar con desprazamento horizontal.

– O sistema de control deberá permitir o axuste do tempo de mantemento da porta aberta para cumprir as condicións onde se instale o ascensor (normalmente entre 2 seg. e 20 seg.). Deben instalarse medios para reducir este tempo, por exemplo utilizando un botón de peche das portas da cabina. Os medios de axuste non deben ser accesibles aos usuarios/as.

– O dispositivo de protección requirido no número 7.5.2.1.1.3 das normas EN 81-1: 1998 e EN 81-2: 1998 debe cubrir a entrada nunha distancia entre, polo menos, 25 mm e 1.800 mm por enriba do piso de cabina (por exemplo, cortina de luz). O dispositivo debe consistir nun sensor que preveña o contacto físico entre o/a usuario/a e os bordos condutores da(s) folla(s) de peche da porta.

B. No uso previsto a precisión de parada de cabina debe ser de ± 10 mm; debe manterse a precisión de nivelación de ± 20 mm.

O espazo libre entre a parede e a zona para asir debe ser de 35 mm como mínimo.

A altura do bordo superior da zona para asir debe estar comprendida entre (900 ± 25) mm medidos desde o chan da cabina.

O espazo mínimo fronte ás portas terá que deixar unha área horizontal que permita inscribir un círculo de 1,50 m de diámetro libre de obstáculos.

A altura mínima entre o nivel de piso e a liña central de calquera botón = 900 mm.

A altura máxima entre o nivel e a liña central de calquera botón = 1.100 mm - 1.200 mm (preferentemente 1.100 mm).

A sinalización no exterior da situación do ascensor colocarase a unha altura comprendida entre 1,10 m e 1,30 m e será en relevo.

Para ascensores con manobra rexistrada, a información visible e audible debe permitir identificar facilmente o ascensor.

Os/as usuarios/as deben ser informados visible e audiblemente de que están a punto de entrar na cabina asignada.

Recoméndase o uso de voz como indicación sonora. A voz tamén pode proporcionar información, entre outras cosas, acerca da situación de tendas ou oficinas a nivel de planta. Un indicador visual tamén é útil.

Recoméndase que a chegada dunha cabina sexa precedida dun sinal acústico.

O chan da cabina debería ter unhas características superficiais similares ás do piso de entrada.

O alumeado interno debería proporcionar un nivel de iluminancia media de 100 lux como mínimo ao nivel do chan e uniformemente distribuído, evitando o uso de puntos de luz.».

Tres. A epígrafe B da base 4.3 do anexo I queda redactada do seguinte modo:

«As dimensións interiores da cabina dunha entrada ou con dúas entradas opostas serán:

– De tipo 1: capacidade para soportar unha carga nominal de 450 kg. Cunhas dimensións mínimas de 1.000 mm de largo por 1.250 mm de profundidade.

– De tipo 2: capacidade para soportar unha carga nominal de 630 kg. Cunhas dimensións mínimas de 1.100 mm de largo por 1.400 mm de profundidade.

– De tipo 3: capacidade para soportar unha carga nominal de 1.275 kg. Cunhas dimensións mínimas de 2.000 mm de largo por 1.400 mm de profundidade.

– As portas de cabina e pisos deberán ser automáticas e operar con desprazamento horizontal.

– O sistema de control deberá permitir o axuste do tempo de mantemento da porta aberta para cumprir as condicións onde se instale o ascensor (normalmente entre 2 seg. e 20 seg.).

Deben instalarse medios para reducir este tempo, por exemplo introducindo un botón de peche das portas da cabina. Os medios de axuste non deben ser accesibles aos/ás usuarios/as.

– O dispositivo de protección requirido no número 7.5.2.1.1.3 das normas EN 81-1: 1998 e EN 81-2:1998 debe cubrir a entrada nunha distancia de entre, polo menos, 25 mm y 1800 mm por enriba do piso de cabina (por exemplo, cortina de luz). O dispositivo debe consistir nun sensor que preveña o contacto físico entre o/a usuario/a e os bordos condutores da(s) folla(s) de peche da porta.

No uso previsto a precisión de parada de cabina debe ser de ± 10 mm; debe manterse a precisión de nivelación de ± 20 mm.

O espazo libre entre a parede e a zona para asir debe ser de 35 mm como mínimo.

A altura do bordo superior da zona para asir debe estar comprendida entre (900 ± 25) mm medidos desde o chan da cabina.

A altura mínima entre o nivel de piso e a liña central de calquera botón = 900 mm.

A altura máxima entre o nivel e a liña central de calquera botón = 1.100 mm - 1.200 mm (preferentemente 1.100 mm).

A sinalización no exterior da situación do ascensor colocarase a unha altura comprendida entre 1,10 m e 1,30 m e será en relevo.

Os ascensores descenderán ata a planta de garaxe, cando exista.

Para ascensores con manobra rexistrada, a información visible e audible debe permitir identificar facilmente o ascensor; os/as usuarios/as deben ser informados visible e audiblemente de que están a punto de entrar na cabina asignada.

Recoméndase o uso de voz como indicación sonora. A voz tamén pode proporcionar información, entre outras cousas, acerca da situación de tendas ou oficinas a nivel de planta. Un indicador visual tamén é útil.

Recoméndase que a chegada dunha cabina sexa precedida dun sinal acústico.

O chan da cabina debería ter unhas características superficiais similares ás do piso de entrada.

O alumeado interno debería proporcionar un nivel de iluminancia media de 100 lux como mínimo ao nivel do chan e uniformemente distribuído, evitándose o uso de puntos de luz.».

Catro. A base 6.1.2.c) do anexo I queda redactada do seguinte modo:

«Os ascensores que se instalen terán as medidas que se dispoñen na base 2.2 do presente código.

No interior dos ascensores haberá un sistema de comunicación cun punto exterior de servizo permanente, sito a unha altura sobre o nivel do chan comprendida entre 0,90 m e 1,20 m.

Para ascensores con manobra rexistrada, a información visible e audible debe permitir identificar facilmente o ascensor.

Os/as usuarios/as deben ser informados visible e audiblemente de que están a punto de entrar na cabina asignada.

Recoméndase o uso de voz como indicación sonora. A voz tamén pode proporcionar información, entre outras cosas, acerca da situación de tendas ou oficinas a nivel de planta. Un indicador visual tamén é útil.

Recoméndase que a chegada dunha cabina sexa precedida dun sinal acústico.

– As portas de cabina e pisos deberán ser automáticas e operar con desprazamento horizontal.

– O sistema de control deberá permitir o axuste do tempo de mantemento da porta aberta para cumprir as condicións onde se instale o ascensor (normalmente entre 2 seg. e 20 seg.).

Deben instalarse medios para reducir este tempo, por exemplo utilizando un botón de peche das portas de cabina. Os medios de axuste non deben ser accesibles aos/ás usuarios/as.

– O dispositivo de protección requirido no número 7.5.2.1.1.3 das normas EN 81-1: 1998 e EN 81-2: 1998 debe cubrir a entrada nunha distancia entre, polo menos, 25 mm y 1800 mm por enriba do piso de cabina (por exemplo, cortina de luz). O dispositivo debe consistir nun sensor que preveña o contacto físico entre o/a usuario/a e os bordos condutores da(s) folla(s) de peche da porta.

O chan da cabina debería ter unhas características superficiais similares ás do piso de entrada.

O alumeado interno debería proporcionar un nivel de iluminancia media de 100 lux como mínimo ao nivel do chan e uniformemente distribuído, evitando o uso de puntos de luz.».

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

A persoa titular da consellería competente en materia de autonomía persoal poderá ditar cantas disposicións administrativas de carácter xeral resulten necesarias para o desenvolvemento deste decreto, no relativo á organización e ás materias propias do seu departamento.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de abril de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar