Advertido erro no anexo I da dita resolución, publicada no DOG nº 91, do martes 14 de maio de 2013, cómpre efectuar as oportunas correccións sen alterar o prazo de presentación de instancias.
Na páxina 15978, na especialidade Análises Clínicos, onde di:
«– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Químicas e acreditar a súa formación na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación completa como químico/a interno/a residente, realizado en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo de superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.
– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Biolóxicas e acreditar a súa formación na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica mediante a formación completa como biólogo/a interno/a residente, realizada en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo de superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.»,
Debe dicir:
«– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Químicas e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.
– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Ciencias Biolóxicas e título de especialista expedido polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, na especialidade de Análises Clínicas ou Bioquímica Clínica.».
Na páxina 15979, na especialidade de Farmacia Hospitalaria, o seguinte parágrafo relativo á titulación queda eliminado:
«Calquera dos seguintes títulos:
– Título universitario oficial de grao ou de licenciado/a ou doutor/a en Medicina e Cirurxía e o título de médico/a especialista expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na especialidade de Farmacia Hospitalaria.».