Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20898

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir seis prazas da categoría profesional de técnico especialista en informática, especialidade desenvolvemento de sistemas, grupo III, desta universidade.

Por Resolución do 31 de xullo de 2012 (DOG do 14 de agosto e BOE do 3 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional de técnico especialista en informática, especialidade desenvolvemento de sistemas, grupo III, tres pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 17 de outubro de 2012 (DOG do 2 de novembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/spas/laborais/indice.htm

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 4 de setembro de 2013, ás 17.00 horas, na Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, Pavillón de Servizos, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral en que se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no DOG.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela