Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (156/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre vacacións 156/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Iván Varela Lema contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Dar por desistido a Iván Varela Lema da súa demanda en materia de vacacións fronte a Limpiezas El Polígono.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de citación a Limpiezas El Polígono, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

A secretaria xudicial