Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 0000151/2013) interposto pola Federación Estatal de Traballadores do Ensino, integrada en UGT.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 0000151/2013, interposto pola Federación Estatal de Traballadores do Ensino, integrada en UGT, contra o Decreto 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 59, do 25 de marzo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos