Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xuño de 2013 pola que se dá traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/64/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo do interesado.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 31 de maio de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de construción dunha vivenda unifamiliar, unha edificación auxiliar e o peche da parcela, no lugar do Formigueiro, parroquia de Ouzande, no termo municipal da Estrada, na provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Miguel Alenxandre Núñez Hurtado, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística