Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25730

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 192/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 192/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Rodríguez Suárez contra a empresa Piera & Rodríguez, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

Estímase a demanda interposta por José Ramón Rodríguez Suárez contra Piera & Rodríguez, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 13.953,76 euros cos xuros do 10 % previsto no artigo 29.3 do ET.

Declárase a prescrición das cantidades reclamadas percibidas ata novembro de 2009 en relación á eventual responsabilidade do Fogasa en virtude dos artigos 33 do ET e concordantes.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xuño de 2013

A secretaria xudicial