Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2013 Páx. 25795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2013 pola que se lles comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), mediante esta resolución, ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo que a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións, co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2013

Javier Aguilera Navarro
Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data de resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG114.2010.2.200

Feceg

Axudas a proxectos de iniciativas abertas de difusión (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG núm. 73, do 20 de abril, e Resolución do 19 de xaneiro de 2011, DOG núm. 14, do 21 de xaneiro)

26.4.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG127.2010.2.48

Creaciones Elen P.V., S.L.

Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio, e Resolución do 10 de marzo de 2011, DOG núm. 63, do 30 de marzo)

26.4.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG133.2010.1.18

Gestión de Proyectos Vincallo, S.A.

Axudas á implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental, sistemas integrados de calidade e ambiente, excelencia empresarial e sistemas de xestión de seguridade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio)

4.4.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG162.2008.1.2171

Paz Gómez, José Antonio

Axudas ao acceso e á adecuación do financiamento das pemes. Liña 1: programa de apoio ao circulante (Resolución do 4 de novembro de 2008, DOG núm. 215, do 5 de novembro)

4.4.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG163.2008.1.341

Medicampo Productos de Veterinaria, S.L.

Axudas ao acceso e adecuación do financiamento das pemes. Liña 2: programa de refinanciamento de pasivos (Resolución do 4 de novembro de 2008, DOG núm. 215, do 5 de novembro)

12.3.2013

Dirección Xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total