Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 20 de agosto de 2013 Páx. 33651

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

CONVOCATORIA dunha praza de peón coveiro interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 164, do 18 de xullo de 2013 publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a unha praza de funcionario interino-peón coveiro deste concello de Ribadeo.

De conformidade co previsto na base 7ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no boletín oficial correspondente.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 19 de xullo de 2013

Fernando Suárez Barcia
Alcalde