Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 147, do 2 de agosto de 2013, cómpre efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 30947, no artigo 2, punto 3, grupo 2, onde di: «Establecementos industriais con instalación de potencia comprendida entre 250˂P(Kw)≤250», debe dicir: «Establecementos industriais con instalación de potencia comprendida entre 250˂P(Kw)≤500».