Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42147

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2013 pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 2 de xullo de 2013, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

A Orde do 2 de xullo de 2013 (DOG do 8 de xullo) convocou as axudas para proxectos de investigación desenvolvidos por investigadores emerxentes para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva.

Unha vez rematada a tramitación establecida na convocatoria, de acordo co establecido no artigo 7 da orde de convocatoria, e atendendo ao informe-proposta elevado pola Comisión de Selección a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás universidades do Sistema universitario de Galicia as axudas que a seguir se relacionan (con indicación do investigador destinatario e a duración do proxecto subvencionado) para o desenvolvemento dos proxectos presentados e na contía que se indica en cada caso.

Nº expte.

Solicitante

Universidade

2013

2014

2015

2016

Data
de inicio

Data de fin

EM2013/017

Alonso Gómez, José Lorenzo

Uvigo

6.000

24.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/018

Alonso Vega, María Flora

Uvigo

6.000

26.000

33.000

33.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/003

Álvarez Fernández, María Inés

Uvigo

17.000

37.200

42.800

0

8.8.2013

30.11.2015

EM2013/040

Antelo Martínez, Juan

USC

6.000

29.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/030

Arines Pifirrer, Justo

USC

9.200

9.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/019

Ayán Pérez, Carlos Luis

Uvigo

6.000

36.200

14.800

5.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/046

Barbosa Fernández, Silvia

USC

6.000

44.200

44.800

3.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/016

Costoya Ramos, María Cristina

UDC

12.000

22.200

39.800

10.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/012

Diz Ferreiro, Paula

Uvigo

10.000

33.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/020

Domínguez Seoane, Marta

VIGO

20.000

47.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/039

Fernández Domínguez, Beatriz

USC

6.000

37.200

48.800

6.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/051

Fernández Rodríguez, Nuria

UDC

6.000

25.200

43.800

22.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/032

Freire Iribarne, Félix Manuel

USC

14.000

38.200

44.800

0

8.8.2013

30.11.2015

EM2013/042

García Fuentes, Marcos

USC

8.000

43.200

27.800

18.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/005

González Jorge, Higinio

Uvigo

22.000

47.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/009

Gosset, Anne Marie Elisabeth

UDC

6.000

18.200

47.300

28.500

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/036

Gulías Costa, Moisés

USC

6.000

49.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/038

López Martínez, Paula

USC

6.000

25.200

32.800

34.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/013

Loveira Pazó, Rosa María

Uvigo

20.000

18.200

22.800

19.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/021

Mouriño Carballido, Beatriz

Uvigo

13.000

58.200

19.800

0

8.8.2013

30.11.2015

EM2013/037

Pardo Castro, Víctor

USC

6.000

43.200

37.800

12.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/002

Paredes Galán, Ángel

Uvigo

6.000

28.200

39.800

3.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/041

Pichel Campos, Juan Carlos

USC

6.000

50.200

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/052

Prieto Aneiros, Andrés

UDC

6.000

23.200

39.800

30.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/004

Rial Otero, Raquel

Uvigo

7.000

28.200

38.800

14.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/011

Sangiao Alvarellos, Susana

UDC

9.000

31.200

36.800

19.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/056

Sanjurjo Sánchez, Jorge

UDC

6.000

26.000

0

0

8.8.2013

30.11.2014

EM2013/023

Teira González, Eva

Uvigo

11.000

23.200

50.800

13.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/031

Vázquez Verdes, Pedro

USC

7.300

32.200

38.800

20.000

8.8.2013

8.8.2016

EM2013/029

Villasante Larramendi, Carlos Sebastián

USC

12.000

39.200

41.800

0

8.8.2013

30.11.2015

Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas ou rexeitadas.

Terceiro. Os beneficiarios deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades un escrito de aceptación da axuda no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. A non aceptación da axuda no prazo indicado implicará a renuncia a ela e procederase conforme o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. A subvención será librada a través da universidade a que pertenza o destinatario, de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a universidade correspondente expida, na data límite do 30 de novembro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a certificación que exprese a realización do gasto e do pagamento acompañada dun informe de seguimento, asinado polo/a investigador/a solicitante do proxecto, no cal se detalle o logro dos obxectivos do proxecto. Este informe poderá ser anual ou final. O informe final deberá ser entregado en formato papel e dixital e xuntaránselle as separatas ou documentos que demostren os resultados xerados polo proxecto.

De acordo co establecido no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 11.e) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a obriga de presentar a certificación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da comunidade autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, será substituída por unha declaración responsable de cada universidade de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Para efectuar o último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Quinto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Sexto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria