Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52315

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de decembro de 2013, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Turismo de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 19 de decembro de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de decembro de 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia, coa finalidade de cumprir ese acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Na vixente relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia, modifícase o seguinte posto de traballo, quedando da seguinte forma:

Persoal funcionario

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

CENTRO DE DESTINO: SECRETARÍA DE COORDINACIÓN ECONÓMICA E ADMINISTRATIVA

Código do posto

Denominación

Niv.

Complem. específico

Tipo posto

Forma prov.

Subgrupo

Corpo/escala

Adscr. Adm. P.

Titulación académica

Formación específica

Observacións

PX.A20.00.002.15770.050

XEFATURA ÁREA DE OBRAS E MANTEMENTO

28

13.698,72

S

LD

A1-A2

ESPECIAL

AXG

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

LD LIBRE DESIGNACIÓN

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA