Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1605

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 e que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Darlle publicidade ao convenio de colaboración subscrito no segundo cuadrimestre pola Axencia Turismo de Galicia e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado pola axencia €

Data de sinatura

Convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia para a promoción do turismo

20.000 €

4.9.2013

Convenio de colaboración co Concello do Grove para a celebración da Festa do Marisco

10.000 €

4.9.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e as axencias grosistas de Galicia Touroperadores, para a realización da campaña Regálate Galicia... Entre embajadores

55.575 €

15.9.2013

Convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a creación da Comisión Interadministrativa do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela (1214-2014)

Sen achega económica

18.9.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Turismo de Sanxenxo, S.L. para a realización de actividades de fomento do turismo

40.000 €

20.9.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Moaña para a execución do proxecto de sinalización turístico-cultural nas parroquias de Moaña, Pontevedra

39.000 €

3.10.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Soutomaior para a execución do proxecto de sinalización turístico-cultural nas parroquias de Soutomaior, Pontevedra

31.000 €

3.10.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mos para a execución do proxecto de sinalización turístico-cultural nas parroquias de Mos, Pontevedra

45.000 €

7.10.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondariz para a execución do proxecto de sinalización turístico-cultural nas parroquias de Mondariz, Pontevedra

52.000 €

15.10.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de acondicionamento como sala de exposicións da sala de armas e anexos do Pazo Arcebispal de Xelmírez, no Pazo de Xelmírez, en Santiago de Compostela

149.829 €

15.10.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e os concellos galegos do Camiño Francés para actuacións de limpeza e mantemento do Camiño Francés, e de atención e información ao peregrino

373.100 €

23.12.2013

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola axencia €

Data de sinatura

Convenio de colaboración coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para a promoción da artesanía en Galicia

30.000 €

28.8.2013