Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12741

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da Comisión Mixta do Convenio colectivo de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2013.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2013, que subscribiu a Comisión Mixta do Convenio colectivo de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A. (código 82000512011999), na reunión que tivo lugar o 3 de marzo de 2014, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispor a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Aprobación das táboas salariais e dos importes de complemento nocturno e de complemento de festivo definitivos do exercicio 2013

Ás 10.30 horas do día 3 de marzo de 2014, iníciase unha sesión da Comisión Mixta do Convenio colectivo de Autoestradas de Galicia, S.A. nas oficinas centrais da compañía, sitas na r/ Alfredo Vicenti, 13, A Coruña.

En virtude da redacción dos artigos 6, 21 e 24 do Convenio colectivo de ámbito interprovincial de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., 2011-2014 (A15508856), código de convenio 82000512011999 (en adiante o Convenio), recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación suficiente, as partes que máis abaixo se relacionan deciden aprobar por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro. Unha vez publicado polo Instituto Nacional de Estatística o índice de prezos de consumo (IPC) establecido o 31 de decembro de 2013 (0,3 %) e en aplicación do previsto nos artigos 21, letra B), e 25, procédese á actualización dos importes que configuran as táboas salariais, de complemento nocturno e de complemento de festivos vixentes, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2013 ata o 31 de decembro de 2013. A dita actualización será do 0,285 %, correspóndese co 95 % do IPC do ano 2013 e será de aplicación a todos e a cada un dos traballadores de Autoestradas de Galicia, S.A., de acordo co previsto no artigo 2 do Convenio. Estarán constituídos polos conceptos, valores e importes que a continuación se relacionan:

ANEXO 3
Táboas salariais convenio colectivo 2013

Grupo profesional

Nivel retributivo

Salario base

Complemento de traballo
a quendas

Complemento de transporte

Complemento
de vehículo

Quebrantamento

de moeda

Cómputo anual

Grupo segundo

A

16.196,89

0,00

1.552,99

0,00

0,00

17.749,88

Grupo segundo

B

14.487,30

0,00

1.552,99

0,00

0,00

16.040,28

Grupo terceiro

A

11.340,17

1.448,08

1.287,61

74,19

1.287,61

15.437,67

A continuación preséntase unha táboa de correspondencia entre as antigas categorías profesionais e os novos niveis que se asignan a cada unha delas dentro do grupo profesional en que se integran:

Grupo profesional

Nivel retributivo

Antiga categoría

Grupo segundo

A

Oficial 1ª

Grupo segundo

B

Aux. administrativo

Grupo terceiro

A

Cobrador peaxe

ANEXO 4

Valor de complemento nocturno
(Importe bruto en euros ano 2013)

Importe complemento hora nocturna ano 2012
(por cada hora efectiva en xornada das 22.00 ás 6.00)

1,70 €

Valor de complemento de domingos ou festivos
(Importe bruto en euros ano 2013)

Importe complemento día ano 2012
(por cada hora efectiva en cabina en domingo ou festivo)

0,36 €

Valor de axuda á maternidade e educación prescolar
(Importe bruto en euros anos 2012-2014)

Importe axuda maternidade e educación prescolar
(devindicación mensual)

65,00 €

Valor de hora extra
(Importe bruto en euros ano 2013)

Importe hora extra

17,47 €

Artigo 3

En aplicación do artigo 25 do Convenio, a liquidación de atrasos correspondentes ao exercicio 2013 deberá ser aboada nunha soa paga durante o primeiro trimestre do exercicio inmediatamente posterior ao de revisión salarial, isto é, antes do 31 de marzo de 2013.

Disposición derradeira

En aplicación do Real decreto 1040/1981, artigo 2, letra E, acórdase apoderar o secretario da Comisión Mixta, Fco. Javier Fernández Andrade, para que proceda á notificación inmediata do contido da presente acta á autoridade laboral competente, para os efectos legais oportunos.

Sen outros asuntos que tratar, lévantase a sesión ás 10.30 horas.