Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12712

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, leva a cabo a promoción e a organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á xuventude no ámbito do lecer e do tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Traballo e Benestar inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da xuventude en actividades deste tipo, e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán-2014.

Mediante a oferta da devandita campaña, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.

Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que, ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Neste sentido cómpre, ademais, sinalar que a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008, recoñece no seu artigo 30 o dereito das persoas con discapacidade a participar, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas actividades recreativas e de lecer e tempo libre; e o artigo 7 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, versa exclusivamente sobre o dereito á igualdade das persoas con discapacidade.

Con base nestes criterios, tanto a Secretaría Xeral de Política Social como a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado acordan integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de xeito que neste ano 2014 os/as mozos/as galegos/as con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación a que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das mozas e mozos con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, oferta a programación de actividades que se detalla no anexo I (letras A, B e C) desta orde.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web www.xuventude.net. Ademais, as persoas interesadas poden solicitar folletos informativos da convocatoria na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, nos servizos e oficinas locais de xuventude das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede galega de información e documentación xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ao cidadán.

3. Co fin de lograr a efectiva difusión desta campaña para vindeiras convocatorias e co obxectivo de garantir a transparencia, a eficacia e eficiencia na organización e xestión pública (artigo 2.b) da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega), de proporcionar e difundir información constante, veraz, obxectiva e clara sobre a actuación do sector público (2.c), recolleranse experiencias e mesmo fotografías das instalacións e das persoas participantes que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como en páxinas web da Consellería de Traballo e Benestar.

Para estes efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imaxes.

Artigo 2. Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán-2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

2. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16.00 e as 19.00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión do/a participante, será responsabilidade dos/das pais/nais ou titores/as legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Artigo 3. Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria
os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte:

– Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.

– Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

3. O incumprimento destas normas dará lugar á inadmisión da solicitude.

4. Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

5. Persoas con discapacidade.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % poderán participar nesta convocatoria sempre que:

– Teñan capacidade de integración nun grupo.

– As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver (as características das instalacións de cada destino poderanse consultar na páxina web de xuventude (www.xuventude.net); así mesmo, as actividades dos distintos campamentos e quendas poderanse consultar na citada páxina web e nos folletos informativos da convocatoria).

O sinalado será condición inescusable para a súa admisión no campamento.

As persoas que cumpran os requisitos sinalados poderán presentar a súa solicitude optando por unha destas dúas vías:

a) Polo procedemento xeral (BS303A, no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple, para o suposto de irmáns/ás, de concorreren os requisitos sinalados no artigo 5.1.b) exclusivamente para as actividades detalladas no anexo I A (campamentos que se desenvolven en Galicia, excluíndose, polo tanto, os campamentos que teñen lugar noutras comunidades autónomas).

Esta solicitude incluirase no sorteo xeral da campaña de verán. No caso de que opten por esta vía, no formulario de solicitude deberán consignar obrigatoriamente os datos relativos á discapacidade que presenta o/a solicitante con necesidades especiais. De non facelo así, non se garante a súa admisión no campamento.

b) Polo procedemento das prazas reservadas para inclusión (procedemento BS303G no caso de solicitude individual ou BS303H no caso de solicitude múltiple, para o suposto de irmáns/ás, de concorreren os requisitos sinalados no artigo 5.1.b) exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B. Estas solicitudes incluiranse nun sorteo específico.

As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

Artigo 4. Persoas procedentes de centros de menores

As solicitudes relativas a mozos e mozas procedentes de centros de menores serán canalizadas a través da Subdirección Xeral de Familia e Menores, polo que non serán admitidas aquelas solicitudes que non veñan por esta vía.

Artigo 5. Tipos de solicitude e forma de presentación

1. A solicitude pode ser individual ou múltiple.

a) Solicitude individual:

1) Procedemento xeral:

As persoas que queiran presentar solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II (procedemento BS303A).

2) Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

As persoas con discapacidade que non presenten a súa solicitude individual pola vía xeral (procedemento BS303A) e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión (as incluídas no anexo I B) deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (procedemento BS303G). As persoas solicitantes deben ter en conta o sinalado no artigo 3.1 e, en consecuencia, solicitar a súa participación naqueles campamentos e quendas do anexo I B, que se correspondan co seu ano de nacemento.

b) Solicitude múltiple:

1) Procedemento xeral:

No caso das persoas que cumpran os requisitos que se sinalan no parágrafo final desta alínea e queiran presentar unha solicitude múltiple deberán empregar o formulario que se incorpora como anexo III da orde (procedemento BS303F).

2) Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:

As persoas con discapacidade que non presenten a súa solicitude múltiple pola vía xeral (procedemento BS303F) e opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión (as incluídas no anexo I B) deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (procedemento BS303H).

Tanto no procedemento xeral como no de inclusión, a solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. Equipararanse a estes supostos os/as menores en situación de acollemento familiar. Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan a mesma instalación e quenda. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas. Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión. O incumprimento do disposto neste parágrafo por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude. Estas solicitudes teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera, pero no momento das adxudicacións desde a lista de espera xa se teñen en conta como individuais.

2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. Formalización da solicitude.

Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I (letras A, B e C) desta orde.

b) Os datos do/a solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples, deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar os/as pais/nais ou titores/as dos/as menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, por tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á inadmisión de ambas, quedando o/a solicitante fóra do sorteo.

Transcorrido un mes desde a publicación da orde, a persoa interesada deberá comprobar a recepción da súa solicitude na páxina web www.xuventude.net, así como os posibles erros de mecanización que se cometesen co obxecto de proceder á súa corrección. Nesa páxina aparecerá unha ligazón para consultar os datos das solicitudes. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI do/a pai/nai ou titor/a que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas atopan algún erro nos datos da solicitude ou non a atopan, deben chamar a calquera dos números de teléfono da D.X. de Xuventude e Voluntariado que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, contra os erros ou omisións de solicitudes non procederá reclamación ningunha.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Artigo 6. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7. Adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas, tanto dos que participan polo procedemento xeral como dos que o fan polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo cal se solicite (o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión).

Neste caso o sorteo realizarase, ante notario/a, nos 45 días seguintes á data de publicación da orde. O día concreto de realización do sorteo anunciarase na páxina web de xuventude (www.xuventude.net), e tera lugar ás 12.00 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Traballo e Benestar, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no Edificio Administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I (letras A, B e C) desta orde.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades, en que se colocará a cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións. O número de reservas en cada actividade será do 50 % das prazas convocadas. Xerarase a lista de espera tanto no sorteo de prazas do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.

3. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado fará público o resultado do sorteo, incluídas as listas de espera, e confeccionará a correspondente lista de admitidos/as para cada quenda e actividade.

O resultado do sorteo publicarase na páxina web www.xuventude.net, onde se exporá a lista de admitidos/as a partir do día seguinte ao do sorteo. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación dos datos da persoa solicitante.

Artigo 8. Documentación

Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, na xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, no caso das actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, a seguinte documentación:

– Xustificación de pagamento.

– Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia, no caso de que o/a pai/nai ou representante legal do/a menor interesado/a non autorice expresamente a comprobación de datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade.

– Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.

– No caso de persoas con discapacidade, o certificado acreditativo do grao de discapacidade cando non se autorice expresamente a comprobación deste dato ou o dito documento non fose expedido na nosa comunidade autónoma e un informe explicativo do tipo de discapacidade ou da características do/a menor, para os efectos da axeitar a selección do persoal de apoio que vai necesitar.

– Cuestionario médico sanitario (anexo VI).

– Declaración responsable de que sabe nadar.

No caso de tratarse de adxudicatarios/as de prazas reservadas para inclusión que presenten a documentación nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, estas remitiranas coa maior celeridade posible á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para a valoración das necesidades especiais e a dotación do persoal de apoio adecuado.

Artigo 9. Adxudicación de prazas ás listas de espera

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo serán ofrecidas na fase de reservas dos respectivos procedementos (xeral ou de prazas reservadas para inclusión) aos/ás solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ou o servizo de xuventude correspondente contactarán, seguindo a orde de lista, cos/coas suplentes mediante chamada telefónica. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de xuventude (www.xuventude.net). Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 horas que quedarán rexistradas para a súa constancia. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase á seguinte na lista de espera. Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 8 nun prazo de 48 horas.

2. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado a praza ofrecerase á seguinte persoa da lista de espera.

Artigo 10. Adxudicación das prazas de resultas

1. As prazas vacantes que non se cubrisen polos procedementos de adxudicación establecidos nos artigos 7 e 9 desta orde serán ofertadas na fase de resultas.

Estas prazas estarán expostas na páxina web www.xuventude.net, onde se anunciará a apertura da fase de resultas.

Para estes efectos, poderá solicitar as prazas vacantes toda persoa que cumpra os requisitos do ano de nacemento a que se fai mención no artigo 3 desta orde e tendo en conta o disposto no artigo 3.4 e o sinalado no artigo 3.5, no caso de persoas con discapacidade.

2. Para solicitar as prazas de resultas a persoa interesada poderá efectuar a oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, por teléfono a través de calquera servizo de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais ou da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Cada persoa só poderá facer a reserva, como máximo, de catro prazas para catro participantes.

A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9.00 a 14.00 horas, en días laborables agás os sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, a persoa interesada disporá dun prazo máximo de 48 horas para presentar a documentación relacionada no artigo 8.

Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. No caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo VII indícanse os enderezos e teléfonos das oficinas administrativas a través das cales pode efectuar a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 11. Prezos

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (letras A, B e C) desta orde, de acordo co sinalado na Orde pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2014.

2. Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde.

3. As persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde.

4. Os descontos citados nos dous números anteriores en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando a casa correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa ou o Carné Xove, para a súa posterior comprobación pola Administración.

Artigo 12. Obrigas e facultades dos/as adxudicatarios/as

Os/as adxudicatarios/as das prazas están obrigados/as:

1. A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

2. A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia dos/as
pais/nais ou titores/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.2.

3. A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia.

4. A praza é intransferible.

Así mesmo, os/as adxudicatarios/as poderán formular por escrito cantas queixas ou reclamacións consideren oportunas durante a estadía no campamento ou no momento do seu remate, tanto ante o responsable da actividade como ante a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e de cantos comentarios ou suxestións queiran facer ao respecto cubrindo o formulario de enquisa que se lles facilitará no campamento.

Artigo 13. Devolución de cota

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente a persoa interesada non puider asistir á actividade, só terá dereito á devolución do prezo no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días naturais antes do inicio da actividade, ou cando por causas non imputables á persoa interesada non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

No caso de renuncia a unha praza concedida e posterior solicitude e adxudicación doutra na fase de resultas, se a renuncia á primeira praza non se comunicou coa antelación de vinte días antes sinalada, terá que aboarse o importe íntegro da segunda praza, sen que se compense co prezo aboado pola primeira.

2. Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no número anterior, polo menos vinte días naturais antes do inicio da actividade serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude de devolución de cota.

3. Para estes efectos as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo VIII), que se poderá obter na guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico
https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos, ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.es.

4. A solicitude deberá dirixirse ao/a xefe/a territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no caso das actividades que se desenvolvan fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Artigo 14. Protección de datos

De acordo co artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos recollidos nos diferentes anexos desta orde resultan necesarios para a adxudicación de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2014. Os datos facilitados serán incorporados ao ficheiro «Actividades dirixidas á cidadanía» do cal é responsable a Consellería de Traballo e Benestar coa finalidade de xestión da actividade. O/a titular dos datos consente expresamente a súa comunicación a organizacións ou persoas directamente relacionadas co/coa responsable do ficheiro e a súa publicación nos termos contidos na presente orde. Non haberá máis cesións de datos agás a outras administracións públicas que exerzan as mesmas competencias ou no caso de que unha lei o previse. A persoa interesada pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, no enderezo Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). Cando o/a solicitante facilite datos dun terceiro, aínda que se trate de menores de idade, sempre que sexan maiores de 14 anos, será o/a encargado/a de informar do contido desta cláusula á persoa titular dos datos e con carácter previo á súa inclusión no devandito ficheiro; no caso de menores deberá expresalo nunha linguaxe facilmente comprensible para estes.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

A. Campamentos de verán 2014-xeral.

A CORUÑA

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8/07

04-05

113 €

150001

11-18/07

04-05

113 €

150002

21-28/07

04-05

113 €

150003

1-8/08

04-05

113 €

150004

11-18/08

02-03

113 €

150005

Alb. Xuv. Gandarío -Residencia X. Lug II

Conecta con Galicia

1-12/07

96-97-98-99

222 €

150006

Alb. Xuv. Gandarío -

Res. Florentino L. Cuevillas

15-26/07

96-97-98-99

222 €

150007

Alb. Xuv. Gandarío

Actividades no mar

1-12/07

99-00

232 €

150008

17-28/07

97-98-99

232 €

150009

2-13/08

96-97-98

232 €

150010

18-29/08

00-01

232 €

150011

Camp. Xuv. Furelos

En bicicleta pola natureza

1-12/07

99-00

207 €

150012

17-28/07

96-97-98

207 €

150013

2-13/08

00-01

207 €

150014

Camp. Xuv. Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

1-12/07

99-00

207 €

150015

17-28/07

99-00

207 €

150016

2-13/08

96-97-98

207 €

150017

Camp. Xuv. Espiñeira

Campamento de teatro

1-12/07

02-03

176 €

150018

17-28/07

02-03

176 €

150019

LUGO

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. Area

Actividades no mar: vela, windsurf e wake board

1-12/07

99-00

232 €

270001

17-28/07

98-99

232 €

270002

2-13/08

99-00

232 €

270003

18-29/08

99-00

232 €

270004

Alb. Xuv. Benigno Quiroga

Xogando no encoro. A nosa primeira aventura

1-8/07

03-04-05

113 €

270005

11-18/07

03-04-05

113 €

270006

21-28/07

03-04-05

113 €

270007

1-8/08

03-04-05

113 €

270008

Camp. Xuv. A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

1-12/07

00-01

176 €

270009

Acampada ao carón do mar

1-12/07

02-03

176 €

270010

DevesAventura

17-28/07

00-01

176 €

270011

Campamento Sinte Galicia

17-28/07

02-03

176 €

270012

Unha viaxe a través do tempo

2-13/08

02-03

176 €

270013

Sons da Devesa

2-13/08

02-03

176 €

270014

Camp. Xuv. Os Chacotes

Aventura-T

1-12/07

00-01

176 €

270015

Multiaventura nos Chacotes

17-28/07

99-00

176 €

270016

Poboado dos Peares (Carballedo)

Adventure Camp 2014

14-21/07

96-97-98

113 €

270017

OURENSE

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de nacemento

Importe

da praza

Código

Albergue Equal (Coles)

Campamento Equal

1-12/07

03-04-05

222 €

320001

Alb. Vilar de Ordelles (Esgos)

Achégate á Ribeira Sacra

11-18/07

00-01-02-03

113 €

320002

Complexo O Corgo (Muíños)

Ocio e deportes náuticos no encoro das Conchas

15-22/07

98-99

113 €

320003

23-30/07

00-01

113 €

320004

Estación de montaña Manzaneda

Manzaneda alta montaña

27/07-3/08

98-99-00-01

113 €

320005

Manzaneda alta montaña

3-10/08

00-01-02

113 €

320006

Manzaneda alta montaña

10-17/08

00-01-02

113 €

320007

Manzaneda alta montaña

17-24/08

03-04-05

113 €

320008

PONTEVEDRA

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. As Sinas

Actividades no mar: vela, táboa, piragüismo, kaiak-polo e aula de natureza mariña.

1-12/07

99-00

232 €

360001

17-28/07

99-00

232 €

360002

2-13/08

99-00

232 €

360003

18-29/08

96-97-98

232 €

360004

Camp. Xuv. Pontemaril

A miña primeira aventura

1-8/07

03-04-05

101 €

360005

11-18/07

03-04-05

101 €

360006

21-28/07

03-04-05

101 €

360007

Aventura na natureza

1-12/07

02-03

176 €

360008

17-28/07

00-01

176 €

360009

2-13/08

00-01

176 €

360010

Camp. Xuv. Illa de Ons

Aventura na illa

1-8/07

01-02

101 €

360011

11-18/07

02-03

101 €

360012

21-28/07

01

101 €

360013

1-8/08

02-03

101 €

360014

B. Campamentos de verán 2014-prazas reservadas para inclusión.

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano de

nacemento

Importe

da praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8/07

04-05

113 €

150001

11-18/07

04-05

113 €

150002

Camp. Xuv. Furelos

En bicicleta pola natureza

17-28/07

96-97-98

207 €

150013

Camp. Xuv. Espiñeira

Campamento de teatro

1-12/07

02-03

176 €

150018

17-28/07

02-03

176 €

150019

Camp. Xuv. A Devesa

DevesAventura

17-28/07

00-01

176 €

270011

Camp. Xuv. Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

17-28/07

99-00

176 €

270016

Camp. Xuv. Pontemaril

A miña primeira aventura

11-18/07

03-04-05

101 €

360006

Aventura na natureza

1-12/07

02-03

176 €

360008

2-13/08

00-01

176 €

360010

C. Campamentos noutras comunidades autónomas. Campaña de verán 2014.

Comunidade Autónoma

Instalación xuvenil

Modalidade

Ano de

nacemento

Data

Prezo

Código

Álava

Albergue Catedral de Vitoria-Gasteiz

Colonia de rock

97-98

1-12/07

293 €

500001

Alb. Xuv. Barría

Multiaventura

99-00

1-11/08

274 €

500003

Isla de Zuhatza

Náutica

98-99-00

1-11/08

283 €

500004

Estremadura

Camp. X. Emperador Carlos V (Jerte)

Deporte e ocio en Jerte

99-00

3-14/08

247 €

500005

Castela e León

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos

Multiaventura e aire libre

00-01

1-12/08

293 €

500006

A Rioxa

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

99-00

1-12/07

293 €

500007

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

– Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Consellería de Traballo e Benestar.

Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 881 99 90 25/881 99 91 94/981 95 71 15/981 54 48 38/981 54 48 51/981 54 48 40.

– Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Enderezo: CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9,1º, 15008 A Coruña.

Teléfonos: 881 88 12 40/881 88 12 41/881 88 12 43/881 88 12 44.

– Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Enderezo: rolda da Muralla, 70, 27001 Lugo.

Teléfonos: 982 29 42 24/982 29 42 51/982 29 49 23.

– Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Enderezo: avda. da Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 61 20/988 38 61 16/988 38 61 15/988 38 61 18.

– Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Xuventude e Voluntariado.

Enderezo: Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo.

Teléfonos: 986 81 70 78/986 81 77 81/ 986 81 76 56.

missing image file