Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18251

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría da Automoción.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Automoción que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría da Automoción

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

43

Optativas

4

Prácticas externas

4

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

• Especialidade: Tecnoloxías de Automoción.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

A Industria do Automóbil, Tecnoloxías e Procesos

10

Obrigatorio

Coñecemento do Sector e Habilidades

Mantemento e Ambiente na Automoción

3

Obrigatorio

Aprovisionamento, Loxística e Técnicas de Calidade

3

Obrigatorio

Financiamento, Sistemas de Prevención e Recursos Humanos

3

Obrigatorio

Xestión de Proxectos

3

Obrigatorio

Introdución ao Proceso de Desenvolvemento e Estrutura

6

Obrigatorio

Tecnoloxías de Automoción

Acabamentos Internos e Externos

4

Obrigatorio

Sistema Motopropulsor

4

Obrigatorio

Sistemas de Dinámica Vehicular

3

Obrigatorio

Sistemas Eléctricos e Electrónicos

4

Obrigatorio

Ensaios e Tendencias Futuras

4

Obrigatorio

Prácticas externas

4

Optativo

Traballo fin de máster

CAD

4

Optativo

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

• Especialidade: Procesos de Automoción.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

A Industria do Automóbil, Tecnoloxías e Procesos

10

Obrigatorio

Coñecemento do Sector e Habilidades

Mantemento e Ambiente na Automoción

3

Obrigatorio

Aprovisionamento, Loxística e Técnicas de Calidade

3

Obrigatorio

Financiamento, Sistemas de Prevención e Recursos Humanos

3

Obrigatorio

Xestión de Proxectos

3

Obrigatorio

Estampación

7

Obrigatorio

Procesos de Automoción

Ferraxe

8

Obrigatorio

Pintura

3

Obrigatorio

Montaxe

3

Obrigatorio

Xestión Lean

4

Obrigatorio

Prácticas externas

4

Optativo

Traballo fin de máster

CAD

4

Optativo

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría da Automoción, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta a especialidade que elixa do máster.