Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21906

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o ano 2014.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) foi creada como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e a coordinación do territorio rural galego, para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o seu despoboamento (disposición adicional 6ª da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, modificada pola Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei 7/1996 e a Lei 5/2000, e mais pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

No marco das súas funcións, desenvolvidas no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o seu regulamento, correspóndelle a Agader a xestión dos recursos destinados á dinamización das áreas rurais de Galicia.

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión CE (2008) 703, do 15 de febreiro, e modificado por Decisión C (2010) 1227, do 5 de marzo de 2010, prevé no eixe 3 diversas medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural, cuxa xestión corresponde a Agader. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado.

Dado que a promoción do desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese, dando continuidade á liña de proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, o apoio a actuacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) é un ente de dereito público creado especificamente mediante a Lei 3/1999, do 11 de maio, que presta soporte á consellería competente en materia enerxética, e entre cuxas funcións destacan a de incidir na utilización racional da enerxía, así como diversificar as fontes enerxéticas e reducir, na medida do posible, a dependencia exterior. Neste contexto danse as condicións para que o Inega e Agader colaboren co obxecto de coordinar as actuacións dentro do campo do aproveitamento da biomasa forestal. Esa colaboración vaise concretar na tramitación da presente liña de subvencións, co obxectivo de fomentar o aforro enerxético a través da utilización da biomasa forestal, en que o Inega vai colaborar con Agader na xestión das citadas subvencións como unha entidade colaboradora das previstas no artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante LSG).

Máis concretamente, preténdese fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que comporta toda unha serie de vantaxes tanto sociais, coma ambientais, económicas e enerxéticas. Non se debe esquecer que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.

Precisamente o uso térmico da biomasa pode representar para Galicia un gran viveiro de nova actividade e, por iso, a Xunta de Galicia entende que cómpre facer unha aposta firme e realista de cara ao futuro, materializando esta a través da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva. As subvencións centraranse na medida 321. Servizos básicos para a economía e a poboación rural do PDR 2007-2013.

As operacións da medida 321 do PDR de Galicia que poidan afectar a competencia están amparadas, segundo o caso, no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.

Tendo en conta que os investimentos que se van realizar consisten en equipamentos moi específicos e con características moi definidas, faise innecesario comparar as solicitudes co fin de establecer unha prelación entre os proxectos presentados á vista duns criterios de valoración, pois o criterio determinante para a fixación do investimento elixible máximo está vinculado ás características dos propios sistemas, en virtude do rango de potencias que resulta das bases reguladoras. Por esta razón, a convocatoria tramitarase ao abeiro do artigo 19.2 da LSG. Ademais, a tramitación non competitiva vese reforzada polo amplo abano de posibles beneficiarios, así como pola busca dun efecto demostrativo da bondade e interese para Galicia da utilización deste sistema de quentamento, e que se pretende potenciar de maneira máis rápida posible o uso xeneralizado destes sistemas de obtención de calor, polo que a tramitación non competitiva redundará nunha axilización do procedemento o que, pola súa vez, vai en beneficio dos posibles interesados e do sector das empresas instaladoras de enerxías renovables.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é unha entidade pública instrumental das sinaladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O seu director xeral ten delegada a aprobación dos procedementos de selección de actuacións con cargo aos recursos que lle sexan asignados para o desenvolvemento do medio rural, así como a súa xestión orzamentaria e a súa distribución, segundo o acordo do Consello de Dirección do 11 de xullo de 2013 (DOG nº 148, do 5 de agosto).

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia 2014 para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, que se xuntan a esta resolución como anexo I.

2. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2014 que se xuntan a esta resolución como anexos II a VI.

3. Convocar para o ano 2014, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa.

Artigo 2. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 9.324.009 € que se distribuirá do seguinte xeito:

Medida

Anualidade 2014

Importe total (€)

Aplicación orzamentaria

32120. Servizos básicos para a economía e a poboación rural

2.000.000

2.000.000

12.A1.712A.7600

2.324.009

2.324.009

12.A1.712A.7130

2.000.000

2.000.000

12.A1.712A.7800

500.000

500.000

12.A1.712A.7810

2.500.000

2.500.000

12.A1.712A.7700

Total

9.324.009

9.324.009

2. A contía indicada poderá incrementarse en función das solicitudes presentadas e sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo recolle o artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei. O aludido incremento debe publicarse no DOG e nas páxinas web do Inega (www.inega.es) e de Agader (http://agader.xunta.es). Este posible incremento de financiamento só se poderá realizar ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

3. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da medida 321 do eixe 3 «Mellora da calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural», do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013.

4. O crédito máximo, segundo o tipo de beneficiario, será o seguinte:

Beneficiarios

Orzamento

Administracións públicas locais

2.000.000

Administración pública autonómica

2.324.009

Persoas físicas

2.000.000

Institucións sen ánimo de lucro

500.000

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

2.500.000

Total

9.324.009

5. Segundo o número de solicitudes presentadas e resoltas por cada tipo de beneficiario poderá redistribuírse o crédito entre os diferentes tipos de beneficiarios co obxecto de cubrir o maior número de actuacións e aproveitar o crédito total dispoñible. Non se poderán efectuar detraementos de crédito dun tipo de beneficiario cando haxa solicitudes sen resolver.

Artigo 3. Prazo para presentar as solicitudes e a documentación

As solicitudes, dirixidas a Agader presentaranse segundo os modelos do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 4. Prazo de resolución das solicitudes

O prazo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será dun (1) mes contado desde o día seguinte a aquel en que foi presentada a solicitude. O interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo transcorrido o prazo anterior -un mes desde que presentou a solicitude- sen que se teña notificada a resolución expresa.

Artigo 5. Prazos de execución e xustificación dos investimentos

Os investimentos xustificaranse documentalmente de acordo co disposto nas bases reguladoras. O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 31 de outubro de 2014. O feito de non xustificar correctamente os ditos investimentos devirá en perda do dereito ao cobramento da axuda concedida.

Artigo 6. Condicionalidade

Agader reserva para si o dereito a denegar a concesión das subvencións previstas na presente convocatoria para a Administración pública autonómica e para as persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións, de non producirse a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2007-2013 admitindo como beneficiarios da medida 321 as citadas entidades.

Disposición adicional primeira

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección de Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web de Agader http://agader.xunta.es

b) Na páxina web do Inega (www.inega.es).

b) Nos teléfonos 981 54 15 00 (Inega) e 981 54 73 82 (Agader).

c) Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 15 00.

Disposición derradeira primeira

O director xeral de Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Anexo I
Bases reguladoras das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.

Artigo 2. Requisitos e regras xerais

Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.

2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

4. Que sexan viables técnicamente.

5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.

6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar por cometer infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Artigo 3. Conceptos subvencionables

Serán subvencionables:

1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios.

2. O custo do sistema de almacenamento de combustible.

3. O custo do sistema de alimentación de combustible.

4. O custo de montaxe e conexionado.

En todos os casos, ata o valor de mercado.

Artigo 4. Conceptos non subvencionables

Non son subvencionables:

1. O IVE, agás cando non sexa recuperable e sexa custeado de forma efectiva e definitiva por beneficiarios distintos das persoas que non son suxeitos pasivos, a que se refire a sexta directiva 77/388/CEE. Os concellos e demais entidades de dereito público non teñen a consideración de suxeito pasivo, nos termos previstos no artigo 13, número 1 da Directiva 2006/112/CE do Consello; polo tanto o IVE soportado por estes non será subvencionable.

En todo caso, aquelas persoas xurídicas que desfruten da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.

2. Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.

3. Os gastos anteriores á presentación da solicitude.

4. A reposición ou mera substitución de equipamento de biomasa existente. Para estes efectos enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte dela por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente (artigo 3.15 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro).

5. Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.

6. As obras de mantemento.

7. As taxas e licenzas administrativas.

Artigo 5. Normas específicas

1. Co obxectivo de garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipamentos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.

Para tal efecto, as instalacións financiadas deben cumprir cos requisitos establecidos no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE) respecto a instalacións de biomasa térmica, coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE sobre biomasa térmica, así como calquera outra normativa nacional, rexional ou local que lles sexa de aplicación.

2. O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polas características do sistema segundo a seguinte táboa:

Tipoloxía

Tipo de equipamento xerador

Rango de potencias

Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW)

A1

Estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente

P ≤ 20 kW

200

20 kW < P ≤ 40 kW

300 - 5 · P

P > 40 kW

100

A2

Cambio de queimador en equipamento existente que non sexa de biomasa

50

B1

Caldeiras sen sistema de alimentación automática

e volume de acumulación de combustible V < 250 litros

P ≤ 40 kW

250

40 kW < P ≤ 440 kW

260 – (P/4)

P > 440 kW

150

B2

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros

P ≤ 40 kW

300

40 kW < P ≤ 440 kW

310 – (P/4)

P > 440 kW

200

B3

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible con

V ≥ 1.000 litros

P ≤ 40 kW

325

40 kW < P ≤ 440 kW

335 – (P/4)

P > 440 kW

225

Nas tipoloxías B1, B2 e B3, no caso de que a caldeira incorpore un sistema de limpeza automática de intercambiador, o custo elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) poderá incrementarse en 50 €/kW adicionais.

P: potencia nominal total do sistema de caldeira(s) (kW).

V: capacidade do sistema externo de acumulación de combustible (litros).

Artigo 6. Compatibilidade das subvencións

1. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros, ...).

2. Coa excepción anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública coma privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 22 destas bases reguladoras.

Artigo 7. Funcións do Inega como entidade colaboradora

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) actuará como entidade colaboradora de Agader na xestión das subvencións reguladas nestas bases, conforme o previsto no artigo 9 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (LSG). Considérase que o Inega, como ente de dereito público que presta soporte á consellería competente en materia enerxética, reúne as condicións de solvencia e eficacia necesarias para actuar como entidade colaboradora na xestión das subvencións.

Para os efectos da xestión das subvencións, Agader e o Inega formalizarán, conforme o artigo 13 da LSG, o correspondente convenio de colaboración. Entre outras funcións, o Inega realizará as seguintes:

a) Xestionar informaticamente o procemento da convocatoria.

b) Revisar que a documentación administrativa e técnica presentada polos promotores está completa e é correcta.

c) Se é o caso, realizar os requirimentos precisos (art. 71 da LRXAP).

d) Comprobar se os proxectos que se xuntan ás solicitudes resultan técnica e economicamente viables.

e) Unha vez rematada a instrución do procedemento, emitir un informe de conformidade sobre cada unha das solicitudes de axuda con carácter previo á resolución de concesión de subvención.

f) Emitir informe técnico sobre as solicitudes de modificación dos proxectos aprobados.

g) Comprobar a documentación xustificativa dos investimentos, realizando, se é o caso, os requirimentos que procedan.

h) Comprobar a existencia da autorización ou inscrición da instalación no rexistro (ou da súa solicitude) a través da xefatura territorial correspondente da Consellería de Economía e Industria, sempre que sexa obrigatorio para a posta en servizo da instalación, e para os casos en que o beneficiario non achegue a devandita documentación.

i) Emitir o informe previo ao pagamento cando estea rematado todo o procedemento administrativo correspondente a cada proxecto.

j) Realizar as visitas de control previstas no manual de procedemento e no plan de controis.

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. Reserva de fondos

a) Dentro do prazo establecido na convocatoria, e antes de presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para que se solicita a subvención, ao cal se terá acceso a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/), ou ben desde as páxinas web do Inega (www.inega.es) e da Agader (http://agader.xunta.es).

b) Non se poderá cubrir o formulario máis dunha vez para un mesmo proxecto.

c) Para o mesmo proxecto poderá cubrirse un novo formulario descritivo sempre que se cancele o anterior. No caso de ter xa solicitada a axuda, terá que renunciar á solicitude feita antes de cubrir un novo formulario. En ambos os dous casos non se conserva a orde que lle correspondía á primeira solicitude.

d) Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Inega porá á disposición dos interesados un servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 15 00. Desde este servizo poderase acceder á aplicación informática, cubrir o formulario e xerar o identificador de documento electrónico (IDE), no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.

e) O formulario inclúe o orzamento da operación que deberá estar perfectamente detallado canto ás súas diferentes partidas económicas. Non se admitirá ningún orzamento con partidas económicas agregadas, que fagan imposible a distinción das partidas económicas relevantes do proxecto.

f) O interesado deberá cubrir todos os campos marcados como obrigatorios, e a aplicación informática calculará automaticamente, en función das características do proxecto e do establecido nestas bases, a contía máxima da axuda que pode chegar a ter o proxecto proposto.

Igualmente, unha vez cubertos os campos obrigatorios do formulario, a aplicación emitirá un IDE que identificará inequivocamente a solicitude de axuda.

g) O formulario pode cubrirse a partir das 9.00 horas do primeiro día hábil despois da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberta ata as 14.00 horas da data límite para presentar solicitudes prevista na resolución de convocatoria, sen prexuízo do sinalado no seguinte punto.

2. Solicitudes.

a) Tras cubrir o formulario indicado nos puntos anteriores, deberá xerarse de maneira obrigatoria a solicitude normalizada de axuda a través da mesma aplicación informática, que se xunta como anexo II a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou ben desde as páxinas web do Inega (http://www.inega.es) e Agader (http://agader.xunta.es). Esta presentación deberá realizarse nos cinco (5) días hábiles seguintes ao día en que se cubriu o formulario.

No caso de non xerarse a solicitude no dito prazo de cinco (5) días hábiles desde que se cubriu o formulario, a inscrición do formulario cancelarase, e perderase a posibilidade de xerar e, polo tanto, presentar a correspondente solicitude de axuda asociada ao anterior IDE.

b) Cando as persoas interesadas teñan a consideración de Administración pública, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou ben desde as páxinas web do Inega (http://www.inega.es) e da Agader (http://agader.xunta.es) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Para estes efectos, terá a consideración de Administración pública o sector público autonómico, nos termos definidos no artigo 3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia -Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes-, así como as entidades locais previstas na Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia e as entidades delas dependentes.

Para todas as demais persoas interesadas, as solicitudes poderán realizarse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou ben desde as páxinas web do Inega (http://www.inega.es) e Agader (http://agader.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se quere enviar para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación.

c) A solicitude presentada non deberá engadir novos datos, nin emendas ou variacións con respecto ao formulario que se validou mediante a aplicación informática. En caso contrario, as solicitudes non serán admitidas a trámite.

d) Tampouco se admitirán a trámite aquelas solicitudes referidas a proxectos que xa se presentaron en convocatorias anteriores para a mesma finalidade e as cales lles foi concedida a axuda correspondente, agás que previamente se renuncie a ela.

Artigo 9. Documentación complementaria

Xunto coa solicitude todos os interesados deberán presentar a seguinte documentación:

1. Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os cales se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante un período mínimo de cinco anos.

2. Memoria técnica da actuación, que incluirá como mínimo:

a) Descrición da instalación proxectada.

b) Descrición detallada dos sistemas da caldeira (acendido, alimentación, limpeza, extracción de cinzas, etc.).

c) Descrición detallada do sistema de almacenamento de biomasa que se vai instalar (silo, depósito, etc.) e do sistema de alimentación de combustible ata a caldeira.

d) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos.

e) Declaración de conformidade da caldeira segundo a normativa vixente.

f) Folla de características da caldeira utilizada.

3. Con independencia do importe do gasto subvencionable, e na procura da moderación de custos propostos, é obrigatorio presentar tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.

Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas, e non se admitirá o certificado, informe, invitacións realizadas ou documento similar indicando que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance.

Non será necesario acreditar as tres ofertas no suposto de que polas especiais características dos gastos que se subvencionan non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten; neste suposto o beneficiario deberá prestar declaración expresa motivada en tal sentido.

Non obstante, as administracións públicas e as entidades delas dependentes non deberán presentar tres ofertas cando estean obrigadas a tramitar un procedemento de contratación pública dos previstos no artigo 138.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e seralles de aplicación o previsto no artigo 20.7 das presentes bases no momento da xustificación final.

No caso do sector público autonómico, integrado -de acordo coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia-, pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais do seu sector público, será de aplicación o previsto no artigo 23.2 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación á non vinculación das empresas convidadas á presentación das tres ofertas naqueles supostos en que veña exixido pola citada norma.

4. As administracións públicas e as entidades delas dependentes, ademais da documentación sinalada nos puntos anteriores, deberán presentar:

a) Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.

b) Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo cal se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases, se procede.

c) No caso das administracións locais, certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigado ao Consello de Contas. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que a data de sinatura do certificado implicará que a data de remisión das respectivas contas ao Consello de Contas se efectuou en todo caso nunha data anterior á emisión do certificado.

d) Fotocopia do NIF da entidade solicitante.

5. As empresas, ademais da documentación sinalada nos puntos 1 a 3, cando non estean obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).

6. As entidades privadas sen ánimo de lucro, ademais da documentación sinalada nos puntos 1 a 3, deberán presentar a documentación que acredite a representación con que se actúa.

7. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, ademais da documentación sinalada nos puntos 1 a 3, deberán presentar:

a) Documentación que acredite a súa constitución.

b) Documentación que acredite a representación con que se actúa.

c) Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (anexo III).

8. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.

9. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 10. Emenda

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o Inega requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que se non o fixese se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 71 da LRXAP.

Artigo 11. Non obrigatoriedade de presentar determinada documentación

Non será necesario que os solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder de Agader, sempre que indiquen o código de expediente ou outros datos que permitan localizala e non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. De conformidade co previsto no artigo 15 da LSG, e do artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega Agader publicará no DOG as subvencións concedidas ao abeiro destas bases. Así mesmo, serán publicadas nas páxinas web de Agader e do Inega, e nos taboleiros de ambas as dúas entidades, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos de carácter persoal e da súa publicación.

2. Ademais, de acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a presentación da solicitude de axuda leva consigo o consentimento para que os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas, de ser o caso, sexan incluídos e feitos públicos no citado rexistro, que depende da Consellería de Facenda.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deberá emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesoraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e neste caso deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Artigo 13. Beneficiarios

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

2. Quedan excluídas aquelas empresas que non teñan a consideración de pemes, segundo os termos definidos no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías (Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión). Os datos para o cálculo de efectivos, os importes financeiros e o período de referencia serán os sinalados nos artigos 4 e 5 do anexo I do citado regulamento.

3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía, nos termos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

4. Se as empresas non teñen o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

5. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, nin as empresas excepcionadas do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e máis do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.

8. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Estas agrupacións non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Intensidade da axuda

1. A intensidade máxima da axuda, segundo o tipo de beneficiario, será a seguinte:

Beneficiarios

Porcentaxe máxima de axuda

Entidades locais

80 %

Sector público autonómico

100 %

Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

75 %

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

75 %

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 200.000 €, agás para as empresas do sector agrícola que será de 15.000 €, e para as empresas de transporte de mercadorías por estrada por conta allea, que será de 100.000 €.

Artigo 15. Procedemento de concesión das axudas

1. O procedemento de concesión das subvencións tramitarase ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, polo que as solicitudes se avaliarán e resolverán conforme a orde de presentación, mentres se dispoña de crédito suficiente, de maneira que unha vez esgotadas as dispoñibilidades orzamentarias, as solicitudes restantes quedarán en lista de espera. O esgotamento dos fondos será obxecto de publicación no DOG e nas páxinas web de Agader e do Inega, tal e como prevé o artigo 32 do Decreto 11/2009.

2. Para estes efectos, a orde de presentación será a que resulte da data e hora en que foi cuberto o formulario descritivo a que fai referencia o artigo 8.1.a), e sempre que a solicitude se presente dentro do prazo de cinco días a que fai referencia o artigo 8.2.a).

3. Existirá unha lista de espera por cada unha das tipoloxías de beneficiarios establecidas no artigo 14, que estará ordenada por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

4. Poderanse activar as listas de espera cando se vaian producindo liberacións de axudas reservadas a outros promotores ou por redistribución de créditos entre as tipoloxías de beneficiarios.

5. As listaxes de espera manteranse en vigor ata a data límite para a emisión de resolucións de concesión fixada na resolución de convocatoria. Todos os expedientes para os cales, nesa data, non existan fondos suficientes para atender a axuda serán arquivados por insuficiencia de partida orzamentaria destinada a subvencións de equipamentos térmicos de biomasa comprendidas nesta convocatoria.

6. Igualmente procederá o arquivo de todos os expedientes da lista de espera dunha tipoloxía concreta no caso de que as axudas correspondentes a expedientes con investimentos debidamente xustificados e pagados igualen a partida orzamentaria dispoñible para a dita tipoloxía.

Artigo 16. Instrución do procedemento

1. A instrución do procedemento corresponde á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

2. As solicitudes serán valoradas en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Revisarase a documentación presentada coa solicitude de axuda e comprobarase a súa adecuación ás bases reguladoras e á normativa de aplicación, así como as dispoñibilidades orzamentarias para atender as solicitudes.

4. No suposto de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción, os créditos liberados poderán asignarse aos proxectos en lista de espera.

Artigo 17. Resolución das solicitudes

1.O director xeral de Agader resolverá motivadamente a selección dos proxectos, tendo en conta o informe de conformidade emitido polo Inega e verificado por Agader.

2. O prazo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será dun (1) mes desde a data de recepción da solicitude.

3. No caso de que un expediente teña dereito a unha axuda tras atoparse nunha listaxe de espera, por dispoñibilidade de fondos, o prazo dun (1) mes comezará a contar desde o momento en que se produza a dita dispoñibilidade.

4. En calquera caso, a data última para ditar resolución será a fixada na resolución de convocatoria.

5. O interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo transcorridos os prazos anteriormente referidos sen que se teña notificada a resolución expresa.

6. Nas notificacións indicarase de modo expreso a contía da subvención, e que esta é concedida en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, no marco do eixe 3 do PDR de Galicia 2007-2013. Para os beneficiarios acollidos ao réxime de minimis, indicarase esta circunstancia con indicación do título e a referencia de publicación no DOCE dos regulamentos (UE) nº 1407/2013 e 1408/2013 da Comisión, segundo corresponda.

7. Notificada a resolución, se os interesados propostos como beneficiarios non renuncian expresamente á subvención no prazo de dez días, contados desde a notificación de concesión, considerarase que a aceptan.

Artigo 18. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.

2. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase no anexo IV.

3. O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os cinco anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

4. Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

5. Os beneficiarios deben publicitar a concesión da axuda do seguinte xeito:

a) Se o investimento supera os 50.000 €, mediante unha placa cos logotipos das administracións financiadoras. O tamaño mínimo da placa será A4 (297×210 mm).

b) Cando o orzamento supere os 100.000 euros, o beneficiario colocará un panel publicitario durante a execución das obras, que non poderá retirar ata a visita de comprobación in situ. Para investimentos superiores a 500.000 euros o panel será permanente.

O 25 % do espazo, como mínimo, dos paneis e placas estará ocupado pola descrición do proxecto, o logotipo do Feader e o lema: «Feader: Europa inviste no rural». Todas as actividades informativas e publicitarias incorporarán a bandeira europea e o lema anterior.

Agader e o Inega facilitarán modelos aos beneficiarios ao través das súas páxinas web.

6. O beneficiario deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e está obrigado a facilitar a información que lle requira Agader e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

7. Os beneficiarios estarán obrigados a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado (artigo 75.1.c.i) do Regulamento (CE) 1698/2005).

8. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as súas entidades instrumentais, no caso de resultar beneficiarias de subvención, de ser o caso, deberán aprobar a modificación orzamentaria que proceda.

Artigo 19. Prazos de execución das instalacións

1. A execución da instalación deberá respectar a data de inicio establecida no artigo 2.1 destas bases. Non obstante, a data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos variará en función dos prazos que seguidamente se recollen na táboa, que se contarán a partir do día seguinte ao da notificación da resolución pola cal se concede a axuda.

2. O último día para presentar a documentación de xustificación será aquel en que remate o prazo que corresponda, cunha única limitación: en ningún caso esa data poderá ser posterior á data máxima prevista na resolución pola cal se convocan as presentes axudas para a xustificación, aínda que do cómputo do prazo lle correspondese unha data posterior.

Prazo máximo de xustificación dos investimentos

(contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión)

1. Equipamentos térmicos de biomasa nas administracións públicas

5 meses (3+2)

2. Resto das instalacións non incluídas na tipoloxía anterior

3 meses

3. Co obxecto de distribuír os fondos reservados para instalacións que logo non se executan, cando se trate de instalacións cuxo solicitante sexa unha Administración pública, o prazo de cinco meses establecido na táboa anterior para a xustificación do investimento (contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión) distribuirase da seguinte forma:

a) A entidade disporá dun prazo máximo de tres meses para a formalización do contrato coa empresa que vai executar o proxecto, tendo que remitir ao órgano xestor a documentación xustificativa desta contratación antes de que remate este prazo. No caso de non estar formalizado o contrato ou non remitir esta documentación arquivarase o expediente sen máis.

b) Unha vez formalizada a contratación, a entidade disporá de dous meses adicionais, para a execución do proxecto e a presentación da documentación xustificativa dos investimentos realizados ante o órgano xestor.

Artigo 20. Xustificación e pagamento das axudas

1. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro do prazo que lle corresponda ao expediente segundo o establecido no artigo 19, nese momento os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables.

2. O beneficiario xustificará a subvención documentalmente, presentará toda a documentación que se sinala nos puntos seguintes e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou ben desde as páxinas web do Inega (http://www.inega.es) e Agader (http://agader.xunta.es).

3. Para cada un dos gastos realizados presentaranse as facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente –debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra– e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento. Agader selará as facturas indicando a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a porcentaxe que resulte afectada pola subvención e, posteriormente, devolveraas ao promotor.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

a) Xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo polo portelo, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado. Neste caso, achegarase copia do efecto mercantil xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) Non se admitirán en ningún caso como xustificantes os documentos acreditativos obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

d) Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día en que foi presentada a solicitude de axuda e ata aquel en que remate o prazo que lle corresponda á instalación en función dos previstos no artigo 19, sempre co límite da data máxima que figura na resolución de convocatoria, que será a última data posible aínda que polo cómputo lle corresponda unha posterior.

4. Non se admitirán os supostos de autofacturación e, en relación coas empresas ou entidades vinculadas co beneficiario que executasen total ou parcialmente as actuacións subvencionadas, deberán concorrer as dúas circunstancias previstas no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

b) Que se obteña a pertinente autorización por parte do órgano xestor.

En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos establecidos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Non se admitirán pagamentos en metálico.

6. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

7. As administracións públicas e as entidades delas dependentes, caso de ser beneficiarias, presentarán unha certificación expedida polo órgano competente, na cal se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública, así como a dispoñibilidade do expediente para a súa comprobación.

8. Os concellos, para os proxectos de investimentos promovidos por eles, deberán presentar o acordo do órgano municipal competente de aprobación do proxecto nos termos previstos no artigo 198.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural.

9. Presentaranse fotografías dos principais equipamentos instalados.

10. Xustificación de ter dado cumprimento ás obrigas establecidas no artigo 18.5 en relación coa publicidade que o beneficiario lle deberá dar ao financiamento do investimento que se subvenciona.

11. Cando o proxecto requira obra civil, o promotor deberá xuntar á xustificación a/s correspondente/s certificación/s de obra asinada/s por técnico competente. Ademais, naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente, achegarase o proxecto técnico (visado, no caso de ser necesario) e o certificado de dirección de obra. A data dos certificados referidos deberá estar comprendida, igualmente, dentro do reiterado período de execución dos investimentos (artigo 19).

12. Para proceder ao pagamento final do expediente, o promotor deberá presentar os permisos, inscricións, informes de conformidade, e/ou licenzas requiridas pola normativa autonómica ou local.

Sempre que sexa obrigatorio para a posta en servizo da instalación, esta deberá estar autorizada ou inscrita no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria. No caso de que a instalación non estea definitivamente inscrita no rexistro correspondente dentro do período de xustificación, si deberá terse solicitada a dita inscrición, achegando a documentación do procedemento que corresponda (solicitude e certificado de instalación).

No caso de que o beneficiario non presente esta documentación, o Inega comprobará a existencia da autorización ou inscrición (ou da súa solicitude) a través da xefatura territorial correspondente.

A data da autorización, inscrición ou a súa solicitude deberá estar comprendida dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día en que se presente a solicitude de axuda e ata aquel en que remate o prazo que lle corresponda á instalación en función dos previstos no artigo 19, sempre co límite da data máxima establecida na resolución de convocatoria.

13. Poderánselle solicitar ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que o órgano xestor considere convenientes. Feito o oportuno requirimento, se transcorrido o prazo concedido para o efecto o beneficiario non os presenta, iniciarase o procedemento de perda de dereito ao cobramento da subvención.

14. Transcorrido o prazo establecido na convocatoria para a xustificación dos investimentos sen se ter presentado esta, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comporta a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que derivan da LSG.

Artigo 21. Variacións nas partidas de investimento subvencionable

Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas por Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da subvención, Agader aceptará variacións nas partidas de gasto aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 20 % do orzamento, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características e finalidade do proxecto.

Artigo 22. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida e o promotor deberá notificalo mediante o modelo de anexo VI. En particular, a variación do orzamento aceptado por Agader -coa precisión sinalada no artigo 21- e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención. Unha vez recaída a resolución de concesión e, en todo caso, cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo para xustificar o investimento, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido.

2. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tiveron lugar con posterioridade a ela.

3. Os beneficiarios terán a obrigar de comunicar á Agader calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención.

4. A modificación poderase autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da axuda e non supoña incremento do investimento subvencionable.

b) Non exista prexuízo a terceiros.

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supuxeran a denegación da axuda.

Artigo 23. Incumprimentos do proxecto

1. Incumprimento total. Se o beneficiario xustifica conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe total do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderá o dereito de cobramento da subvención.

2. Incumprimento parcial. Se a xustificación é igual ou superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, o beneficiario percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 24. Redución adicional

Cando o importe que derive da solicitude de pagamento presentada polo beneficiario exceda en máis do 3 % da comprobación efectuada por Agader e polo Inega sobre a admisibilidade dos gastos, aplicarase unha redución adicional pola diferenza entre ambos os dous importes (artículo 30.1 do Regulamento (UE) 65/2011 da Comisión).

Artigo 25. Comprobación de investimentos

As operacións de investimento, de ser o caso, de acordo co Plan galego de controis Feader en vigor, incluirán unha visita in situ para comprobar o remate da operación obxecto da solicitude de pagamento. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

Artigo 26. Prórrogas, principio de proporcionalidade por incumprimentos, pagamentos a conta e anticipados

Dada a natureza dos investimentos a que van dirixidas estas bases, a súa vixencia e os prazos establecidos no artigo 19, non se prevé a aplicación de ningún dos conceptos a que se refire o enunciado do presente artigo.

Artigo 27. Moderación de custos

En aplicación do disposto no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 24.2.d) do Regulamento 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, o órgano instrutor poderá comprobar en calquera momento, e particularmente nas fases de instrución e de xustificación, a moderación dos custos ou valor de mercado dos gastos subvencionables e xustificados mediante a comparación de ofertas comerciais ou de custos de proxectos similares, prezos coñecidos de mercado ou por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da LSG.

Artigo 28. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento (UE) nº 937/2012 da Comisión, do 12 de outubro de 2012).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento da actividade ou requisito exixido, aplicándose a razón do 3 % por cada mes de incumprimento, ata acadar os dous anos, trascorridos os cales deberán reintegrar a totalidade das cantidades cobradas.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

4. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se concedeu a subvención.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da empresa subvencionada e impida o seu normal funcionamento.

Artigo 29. Non execución ou xustificación do proxecto

Aqueles beneficiarios da axuda que na data máxima de remate e xustificación da operación prevista no artigo 19 non renunciasen expresamente a ela e non executasen nin xustificasen o proxecto, sen causa debidamente xustificada e comunicada a Agader, quedarán excluídos das dúas seguintes convocatorias para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia en que poidan ser beneficiarios.

Artigo 30. Xestión informática das axudas

Os beneficiarios poderán visualizar na aplicación informática –accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/) ou nas páxinas web do Inega (www.inega.es) e Agader (http://agader.xunta.es)– o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente.

Artigo 31. Réxime sancionador

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e desenvolvido no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.

Artigo 32. Normativa de aplicación

Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras están previstas pola UE, rexeranse polas seguintes normas:

Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013, aprobado por Decisión da Comisión C(2008) 703, do 15 de febreiro de 2008, e modificado por Decisión da Comisión C(2010), do 5 de marzo.

Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), modificado polo Regulamento (CE) nº 74/2009, do 19 de xaneiro e 473/2009, do 25 de maio, do Consello.

Regulamento (CE) nº 1974/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, modificado polos regulamentos (CE) nº 1175/2008, do 27 de novembro, 363/2009, do 4 de maio, 482/2009, do 8 de xuño, 108/2010, do 8 de febreiro, e 679/2011, do 14 de xullo, da Comisión.

Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

Regulamento (CE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.

Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (BOE núm. 1, do 1 de xaneiro de 2010).

Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Así mesmo, rexeranse pola normativa aplicable ás axudas e subvencións na Comunidade Autónoma, en particular a seguinte:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 33. Réxime de recursos

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o Consello de Dirección de Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, se a resolución é expresa. Se non o é, o prazo será de tres meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, se a resolución é expresa. Se non o é, o prazo será de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file