Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23851

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 16 de maio de 2014 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2014, convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2013.

A Orde do 23 de decembro de 2013 (DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2014), establece na súa disposición adicional cuarta que se poderán ditar resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 23 de decembro de 2013, coa finalidade de facelas chegar ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron concedidas

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2013, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

11.03.323A.460.1

201200617

28.537,97

201300545

504.946,69

11.03.323A.471.0

201200617

758.394,93

201300545

2.012.754,40

11.03.323A.481.0

201200617

1.390.772,71

201300545

467.286,22

Total

5.162.692,92

Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar