Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24653

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 maio de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante o convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Programa microcréditos).

O Consello de Dirección do Igape na súa xuntanza do 27 de marzo de 2014 acordou, por unanimidade dos seus membros asistentes, a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 €, con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Segundo. Convocatoria e prazo de presentación de solicitudes:

Convocar para 2014 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de novembro de 2014, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de esgotamento do crédito o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.

Terceiro. Dotación orzamentaria:

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

2014

2015

08.A1.741A.7700

392.000,00 €

168.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar axudas por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, do cal se dará a correspondente publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial ( ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca
(Programa microcréditos)

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, de-sempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade autónoma galega.

Nun contexto en que os custos financeiros das pemes españolas en xeral, e galegas en particular, presentan un sobrecusto en relación a outros países da UE, considérase necesario arbitrar mecanismos que faciliten o acceso ao crédito e sirvan para minorar o seu custo.

Esta circunstancia ten, ademais, unha especial incidencia nas microempresas, autónomos e emprendedores, que se atopan con especiais dificultades para o acceso ao crédito a longo prazo en condicións competitivas.

Tendo en conta, ademais, a necesidade de estimular o desenvolvemento económico e social dun xeito máis equilibrado, establécese un maior apoio ao financiamento para proxectos de investimento nas provincias e comarcas onde se aprecia unha especial de-saceleración no desenvolvemento das empresas existentes e unha maior dificultade para a implantación de novas iniciativas empresariais, por parte dos emprendedores. Neste senso, en concordancia co informe do Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, respecto do programa Impulsa-Lugo e o programa Impulsa-Ourense, respectivamente, nos que se establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos e a especial situación dos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte considérase fundamental que o Igape, a través desta liña de apoio financeiro, conceda un nivel superior de intensidade de axuda ás iniciativas empresariais implantadas nestas áreas xeográficas.

Nesta liña, convócanse as axudas do Igape ás microempresas para a redución dos custos do financiamento para acometer investimentos en Galicia e dotarse da liquidez necesaria para o desenvolvemento da actividade. Tendo en conta que as entidades financeiras recorren, de xeito ordinario, aos fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) para atender as ditas operacións, a convocatoria destas axudas establécese para o financiamento obtido mediante determinadas liñas do ICO 2014.

A tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base ao establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán bonificables todas as operacións financeiras que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras, ata o esgotamento do crédito. Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de investimento que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, poidan levar adiante as empresas.

Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que solicitudes de axuda financeira poidan ser atendidas coa debida dilixencia e, en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

Artigo 1. Obxecto

As presentes bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia, por parte das microempresas. As axudas aplicaranse ao financiamento obtido das entidades financeiras con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), mediante as seguintes liñas:

• Liña ICO-empresas e emprendedores 2014.

• Liña ICO-garantía SGR/SAECA 2014.

Artigo 2. Beneficiarios

2.1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa. Para estos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 10 traballadores.

b) Que teñan unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.

c) Que cumpra o criterio de independencia.

Para os efectos da determinación dos criterios anteriores, observarase a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 800/2008 (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2.2. Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con cargo a algunha das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO) sinaladas no artigo 1, por un importe inferior ou igual a 25.000,00 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos, e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización, establecidas nestas bases.

2.3. En aplicación do artigo 52.b) da Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, os solicitantes quedan exentos de achegar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma. Non obstante, deberán cubrir no formulario telemático de solicitude a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma.

2.4. Ademais de reunir os requisitos establecidos para cada liña de financiamento deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións e non ser consideradas empresas en crise no sentido das directrices comunitarias sobres axudas estatais de salvamento e restruturación de empresas en crise (D.O. C244 do 1.10.2004).

Artigo 3. Condicións específicas para o acceso ás axudas do Igape

3.1. Actividade.

Os proxectos obxecto de financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no anexo II. Non obstante, no caso de proxectos que se van desenvolver por emprendedores considéranse atendibles todas as actividades, agás as excluídas nas letras c), d) e e) do artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis e para as empresas do sector pesqueiro no artigo 1 do Regulamento 875/2007, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE do 25 de xullo) e para as empresas do sector agrícola no artigo 1 del Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis no sector da produción de produtos agrícolas (DOUE do 21 de decembro).

3.2. Localización.

O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia. No caso de proxectos de adquisición de empresas, a empresa adquirente e adquirida deberán ter o seu domicilio social en Galicia.

Artigo 4. Características dos proxectos que se van financiar

4.1. O financiamento poderá destinarse aos seguintes conceptos:

• Activos fixos produtivos novos ou de segunda man.

• Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismos, cun prezo máximo de 30.000 €, sen incluír o IVE.

• Adquisición de empresas.

• Liquidez co límite do 50 % do financiamento.

4.2. Por activo produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade da empresa.

4.3. Os beneficiarios das axudas establecidas nestas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia da bonificación á operación financeira. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

4.4. Non se concederá axuda, por parte do Igape, ao financiamento destinado a:

– Vehículos de transporte, no sector de transporte de mercadorías por estrada.

– Adquisición ou construción de buques de pesca.

– O imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.

4.5. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. Poderanse financiar investimentos realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 ata un ano desde a formalización do préstamo. A diferenza entre os importes correspondentes aos investimentos e o importe disposto do financiamento considérase utilizada para liquidez.

Artigo 5. Importe máximo de préstamo por beneficiario

5.1. Só terán acceso ás axudas de bonificación dos custos de financiamento establecidas nestas bases os préstamos formalizados por un importe inferior ou igual a 25.000,00 €, e só un por beneficiario.

5.2. A porcentaxe de financiamento poderá alcanzar o 100 % do proxecto, non obstante a bonificación do Igape calcularase para o 75 % do préstamo.

Artigo 6. Prazos de amortización e carencia

6.1. Serán atendibles, para os efectos das axudas establecidas nestas bases, os préstamos formalizados a un prazo igual ou superior a 5 anos.

6.2. Os prazos e sistemas de amortización serán os establecidos polo ICO, para a financiación destinada a investimentos, da liña ICO empresas e emprendedores e liña ICO garantía SGR/SAECA, seguintes:

• 5 anos con 0 ou 1 ano de carencia para o pagamento de principal.

• 7 anos con 0 ou 1 ano de carencia para o pagamento de principal.

• 10 anos con 0 ou 1 ano de carencia para o pagamento de principal.

• 12 anos con 0 ou 2 anos de carencia para o pagamento de principal.

• 15 anos con 0 ou 2 anos de carencia para o pagamento de principal.

• 20 anos con 0 ou 2 anos de carencia para o pagamento de principal.

Artigo 7. Tipos de xuro e comisións das operacións

7.1. Os tipos de xuro, segundo o prazo e modalidade escollida, serán os establecidos polo ICO nos respectivos contratos de financiamento asinados coas entidades financeiras mediadoras e publicados quincenalmente na súa páxina web, na epígrafe de tipo de xuro que figura na ficha de cada liña, www.ico.es

7.2. Nas operacións sen aval de SGR, a entidade de crédito non aplicará ningunha comisión ao cliente pola concesión do financiamento. No caso de contar con aval financeiro do 100 %, a SGR poderá aplicar unha comisión de estudo máxima do 0,50 % do importe total da operación.

7.3. As SGR poderán cobrar ao cliente as seguintes porcentaxes, en concepto de comisión de aval:

• Ata 1,15 % do importe avalado en operacións con prazo a 1 ano.

• Ata 2,00 % do importe avalado en operacións con prazo de 2 ou 3 anos.

• Ata 2,15 % do importe avalado en operacións con prazo superior a 3 anos.

Artigo 8. Axuda do Igape

8.1. A axuda do Igape consistirá na bonificación do tipo de xuro nominal das operacións de préstamo acollidas a estas bases, na axuda financeira sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos e, se é o caso, na compensación do custo da comisión do aval financeiro prestado por unha SGR.

8.1.1. A axuda financeira determinarase do seguinte xeito:

a) Bonificación do tipo de xuro, de acordo cos seguintes criterios:

• Con carácter xeral, 2 puntos porcentuais.

• 3 puntos porcentuais, no caso de proxectos de investimento nos concellos con apoios específicos relacionados no anexo IV.

• No caso de emprendedores, 0,5 puntos porcentuais adicionais.

• No caso de contar con aval de SGR, 0,5 puntos porcentuais adicionais.

b) Axuda financeira do 15 % sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos.

c) Compensación da comisión do aval financeiro, se é o caso.

8.2. Terán a consideración de emprendedores, de acordo coa Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, as persoas físicas e xurídicas que se encontren realizando unha actividade empresarial ou profesional con ata corenta e dous meses de antigüidade ou ben os trámites previos para poder desenvolver unha actividade económica. O dito prazo computarase desde a data de formalización do préstamo.

8.3. Tanto a bonificación ao tipo de xuro como, se é o caso, a compensación da comisión de aval da SGR calcularase do seguinte xeito:

a) Calcularanse os valores absolutos das bonificacións que se van percibir durante o período teórico de vixencia do préstamo, incluído, se é o caso, o período de carencia. Para os efectos de excluír o IVE, tomarase coma base para o cálculo o 75 % da operación formalizada e coma base da liquidación o ano comercial (360 días).

b) Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da formalización da operación financeira.

c) No caso de que a operación fose formalizada a un prazo superior a 7 anos, a compensación da comisión de aval da SGR calcularase de xeito teórico, coma se fose a 7 anos, incluída a carencia.

d) O importe resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo e non poderá a entidade financeira cobrar comisión ningunha pola dita amortización.

8.4. No suposto de que o tipo de xuro alcanzase niveis inferiores aos puntos de bonificación, a axuda do Igape limitaríase ao tipo de xuro establecido para a vixencia da operación, ou ben para o primeiro período, no caso de operacións a tipo de xuro variable. É dicir, o tipo de xuro resultante, tras a bonificación de xuros, non poderá ser inferior a cero.

8.5. A axuda financeira sobre o tramo de préstamo que debe financiar activos fixos calcularase aplicando a porcentaxe do 15 % sobre o 50 % da base de cálculo tida en conta para a bonificación de xuros e, se é o caso, compensación da comisión de aval.

Artigo 9. Compatibilidade e límite de axuda

9.1. A concesión das axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outras axudas públicas ou privadas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis; isto é, de xeito xeral as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

9.2. Cando o importe de axuda que se vai conceder con suxeición a estas bases supere o límite máximo global, o dito importe de axuda reducirase na parte que proceda.

9.3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico das axudas recibidas en réxime de minimis nos derradeiros tres exercicios. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 10. Consentimentos e autorizacións

10.1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

10.2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

10.3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

A devandita autorización esténdese á cesión dos seus datos persoais á entidade colaboradora do Igape, á entidade financeira en que se aboe o pagamento das axudas, ao Diario Oficial de Galicia e ás demais cesións previstas na lei.

O solicitante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto do contido dos rexistros antes citados, ante a Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, sito no complexo administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, en aplicación do disposto no Decreto 132/2006.

10.4. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e regula o rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE nº 223, do 16 de setembro), no caso de empresas do sector pesqueiro, a empresa solicitante da operación consentirá expresamente a inclusión e publicidade da información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto no devandito rexistro.

10.5. O solicitante poderá autorizar ao órgano xestor para acceder ao Sistema de verificación de datos de identidade, co fin de evitar a achega do seu DNI ou do seu representante legal. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización deberá presentar, obrigatoriamente, o DNI coa solicitude.

Artigo 11. Tramitación das solicitudes de axuda ante o Igape

11.1. De acordo coas características do programa de axuda, o procedemento de concesión tramitarase en concorrencia non competitiva. As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

11.2. Presentación das solicitudes de axuda.

11.2.1. Para presentar unha solicitude de axuda o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. Este IDE estará composto de 40 carácteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado «SHA-1 160 bits» a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición do interesado o seu servizo de asistencia técnica, a través do mencionado enderezo da internet ou dos números de teléfono 902 30 09 03 ou 981 54 11 47. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo a internet. Tamén se poderá recibir asistencia na propia entidade de crédito colaboradora.

11.2.2. As solicitudes de axuda presentaranse mediante a instancia normalizada que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo e que deberá asinar o solicitante. Na instancia será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedéndolles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal consideraranse desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivo.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamén se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, xunto coa documentación establecida.

11.2.3. Xunto coa instancia de solicitude deberá presentarase a seguinte documentación:

• Póliza da operación financeira formalizada.

Na presentación electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude a copia dixitalizada da dita póliza, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade do dito documento co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirir do interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tal copia implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tal documento.

Para achegar xunto coa instancia de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

d) Unha vez asinada a instancia de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior tamén poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante teña indicado no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento de axudas. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño) e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

No caso de presentación en papel, os interesados deberán achegar coa solicitude o orixinal da póliza para a súa dixitalización ou ben as copias cotexadas pola entidade financeira.

De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa se atope en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

11.2.4. Os solicitantes poderán obter, en todo momento, un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. Dentro do prazo de presentación de solicitudes poderán modificarse os termos da solicitude inicial, utilizando para isto a aplicación informática para xerar un formulario modificado cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das ditas modificacións. Para efectos de prioridade na resolución, terase en conta a data de presentación da solicitude modificada.

As entidades financeiras e SGR, se é o caso, poderán consultar a situación das solicitudes a través da extranet de entidades colaboradoras.

11.2.5. Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no rexistro o Igape comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas, o número de expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (3 meses desde a data da presentación da solicitude no Igape) e os efectos do silencio administrativo (negativo).

11.2.6. Se a solicitude non reúne os datos exixidos nestas bases, requirirase o solicitante para que, no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento, emende a falta, con indicación de que, en caso contrario, se considerará ao interesado desistido da solicitude, logo da resolución declarativa de tal circunstancia.

11.2.7. Nos casos en que o Igape o considere necesario, e para os efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación ao cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

11.2.8. Instruído o procedemento pola área de financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados mediante trámite da audiencia para que, no prazo de 10 días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 12. Resolución

Unha vez rematada a instrución e formalizado, se é o caso, o trámite de audiencia, a Dirección da Área de Financiamento do Igape elevará proposta de resolución ao director xeral do Igape, quen resolverá por delegación do Consello de Dirección, e incluirá os termos que se expresan a continuación:

O importe e destino do préstamo bonificado, o prazo de vixencia e, se é o caso, a carencia, o tipo de xuro da operación, os puntos e o importe da bonificación, o importe da axuda financeira sobre o tramo de préstamo que debe financiar os investimentos en activos fixos e a compensación da comisión de aval, no caso das operacións avaladas por unha SGR.

As resolucións de denegación de solicitudes deberán detallar a causa.

Artigo 13. Notificación, silencio administrativo e recursos

13.1. O Igape notificará ao solicitante e comunicará á entidade de crédito e SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da bonificación, de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución sen que o interesado comunique expresamente a súa renuncia á operación entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na resolución, nas bases reguladoras da axuda e nas demais disposicións legais e regulamentarias que sexan de aplicación. A renuncia poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992. No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas, procederase conforme o artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

13.2. O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será de 2 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda no Igape. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido o tal prazo sen que se notifique resolución expresa, poderá entenderse desestimada.

13.3. Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses desde a súa notificación, se fose expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde a súa notificación, se fose expresa, ou no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Publicación

14.1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a súa remisión ás entidades financeiras e sociedades de garantía recíprocas para os efectos da formalización da operación e a referida publicidade.

14.2. De acordo co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as axudas concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape, www.igape.es e no Diario Oficial de Galicia expresando a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia debe realizarse no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das axudas concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das axudas concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

14.3. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e regula o rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE nº 223, do 16 de setembro), no caso de que o beneficiario sexa unha empresa do sector pesqueiro, o Igape publicará a axuda concedida ao abeiro destas bases no citado rexistro expresando a información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto.

Artigo 15. Xustificación e pagamento da axuda

15.1. Para facer efectivo o pagamento da totalidade da axuda o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento, no prazo máximo de 1 mes desde a data de remate do período de execución (o período de execución remata un ano despois da formalización da operación de financiamento). No caso de que o investimento xa estivese realizado con carácter previo á resolución de concesión da axuda, o prazo dun mes computarase desde o día seguinte á notificación da resolución.

15.2. Para iso, deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación informática establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. Este IDEL estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación citada anteriormente.

15.3. A solicitude de cobramento presentarase mediante a instancia normalizada que a título informativo figura como anexo III a estas bases, na cal será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo do requirimento realizado para o efecto.

15.4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da instancia de solicitude de cobramento normalizada co IDEL (anexo III), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes e sempre que o solicitante cumpra os requisitos previstos no anterior artigo 11.2.3 das bases reguladoras.

Alternativamente, unha vez xerada a solicitude de cobramento, tamén se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando a instancia de solicitude de cobramento normalizada (anexo III) co IDEL.

15.5. O sistema de xustificación será a conta xustificativa simplificada establecida no artigo 51 do Decreto 11/2009 que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia (por tratarse de axudas por importe inferior a 30.000 €). No formulario de liquidación solicitaranse os datos e información necesarios para a súa composición, establecidos no citado artigo.

O Igape requirirá ao beneficiario a remisión dos xustificantes de gastos, seleccionados con base nas técnicas de mostraxe, comprobando para estes efectos, o Igape un mínimo do 10 % dos expedientes con axudas aprobadas por importe ata 6.000 €, e un mínimo do 20 % dos expedientes con axudas aprobadas por importe superior a 6.000 € e ata 30.000 €.

Porén, cando das comprobacións realizadas non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da axuda, o Igape procederá a requirirlle aos beneficiarios a totalidade dos documentos xustificativos.

No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

15.6. O Igape revisará a documentación xustificativa, podendo solicitar ao beneficiario, á entidade de crédito ou, se é o caso, á SGR calquera documentación e información adicional que considere oportuna para os efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do proxecto.

15.7. De conformidade co disposto no punto 2 do artigo 4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios quedan excluídos das obrigas de xustificación previstas nos artigos 28.7, 29.3 e 29.4 de dita lei.

15.8. Unha vez verificada a documentación achegada, o Igape procederá ao pagamento da axuda financeira a través da entidade financeira prestamista. A axuda terá que destinarse á amortización anticipada do principal da operación, polo que, unha vez aplicada, a entidade financeira deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días, certificación acreditativa da amortización do principal, na contía aboada.

En calquera caso o réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

15.9. Cando o beneficiario da axuda poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da axuda, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 16 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da axuda poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme á Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Modificacións

16.1. O beneficiario queda obrigado a comunicarlle ao Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os que foi concedida a axuda. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para a mesma operación no momento en que sexa comunicada calquera concesión e sempre coa presentación da solicitude de cobramento.

16.2. O beneficiario da axuda poderá solicitar, motivadamente, a modificación da resolución, durante o período establecido na resolución de concesión para a execución do proxecto. No caso de que a modificación afecte os datos declarados no formulario, deberá cubrir previamente un novo formulario na aplicación informática e obter un novo código IDE. Este IDE incluirase na solicitude de modificación que se dirixirá ao director do Instituto Galego de Promoción Económica.

16.3. O director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, poderá acordar as modificacións do proxecto relativas ao importe subvencionable, os conceptos subvencionables e titularidade, tidas en conta para a concesión da axuda sempre que a modificación do proxecto ou titularidade fose autorizada previamente polo ICO, non exista prexuízo a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

O cambio de beneficiario deberá acreditarse documentalmente así coma a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados da operación bonificada. Presentarase a solicitude asinada polo novo titular, xunto co consentimento do anterior beneficiario.

En ningún caso a resolución de modificación implicará aumentar a contía da axuda inicialmente aprobada.

16.4. A obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, ou a súa revogación, no caso de que os ditos cambios supoñan o incumprimento dos requisitos establecidos para os proxectos ou beneficiario.

16.5. O Igape poderá rectificar, de oficio, a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 17. Incumprimentos, reintegros e sancións

17.1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de devolver total ou parcialmente a axuda percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

17.2. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se e o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base de cálculo da axuda, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados inicialmente, debendo, se e o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % do proxecto financiado, entenderase que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida, de acordo coa seguinte graduación:

• Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o proxecto financiado así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da axuda, suporá a perda dun 20 % da axuda concedida.

• Non manter os investimentos obxecto da axuda durante o período establecido suporá a perda da axuda correspondente ao activo non mantido, nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

• Non manter a vixencia do préstamo bonificado durante o período inicialmente establecido na escritura de formalización suporá o reintegro do importe correspondente á seguinte graduación:

• Si se amortizase totalmente o préstamo durante o primeiro cuarto da vida do préstamo suporía a devolución do 90 % da axuda.

• Si se amortizase totalmente o préstamo durante o segundo cuarto da vida do préstamo suporía a devolución do 40 % da axuda.

• Si se amortizase totalmente o préstamo durante o terceiro cuarto da vida do préstamo suporía a devolución do 20 % da axuda.

• Si se amortizase totalmente o préstamo durante o último cuarto da vida do préstamo non suporía a devolución de contía ningunha da axuda.

• No caso de amortización parcial, aplicaranse as porcentaxes anteriores de xeito proporcional ao importe do préstamo cancelado.

17.3. Incumprimento total:

• Obter a axuda sen reunir as condicións requiridas.

• Cando non se xustifique ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da axuda, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute desta.

• Cando non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou Consello de Contas.

17.4. O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sendo competente para a súa resolución o director xeral do Igape. Contra a súa resolución caberá recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela nos dous meses seguintes á súa notificación e, potestativamente, recurso de reposición ante o director xeral do Igape no mes seguinte ao da súa notificación.

17.5. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

18.1. Os beneficiarios e as entidades colaboradoras quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verificar a aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Artigo 19. Adhesión mediante convenio con entidades colaboradoras

19.1. Para a xestión das axudas o Igape contará coa colaboración de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca.

19.2. O Igape convidará a adherirse ao convenio de colaboración en que se regulen os compromisos das partes a todas aquelas entidades que cumpran os seguintes requisitos:

• Que teñan subscrito o contrato de financiamento co ICO paro o ano 2014, para a comercialización das liñas liña ICO empresas e emprendedores e liña ICO garantía SGR/SAECA.

• Que teñan acreditada a súa solvencia. Entenderase acreditada polo feito de ter subscrito o contrato de financiamento co Instituto de Crédito Oficial, mediante o cal se lles autoriza para a xestión dos fondos que a axencia financeira do estado canaliza as pemes mediante a fórmula de mediación a través das entidades de crédito.

• Que presenten declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade colaboradora no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asumindo as obrigas do artigo 12 do citado texto legal.

19.3. Formalización da adhesión ao convenio de novas entidades colaboradoras.

As entidades que cumprindo as anteriores condicións non foran invitadas poderán instar a súa adhesión ante o Igape. A adhesión formalizarase mediante a sinatura, por apoderado con facultades bastantes, da declaración que se xunta como anexo V a estas bases. O Igape daralles conta ao resto das entidades adheridas da existencia de cada novo partícipe no convenio.

19.4. Non se prevé a constitución de garantía por parte das entidades colaboradoras.

19.5. As entidades colaboradoras adheridas ao convenio relaciónanse no anexo VI a estas bases. A incorporación de novas entidades tamén será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 20. Compensación ás SGR

20.1. O Igape aboará as sociedades de garantía recíproca colaboradoras neste programa en concepto de compensación das establecidas nos artigo 13.2.m) da Lei 9/2007, de subvencións, un 3,25 % do principal dos préstamos formalizados que conten con resolución de concesión do Igape. O convenio de colaboración que para tal efecto se subscriba regulará o procedemento de liquidación e o destino desa achega.

Artigo 21. Remisión normativa

21.1. Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352 do 24 de decembro de 2013), Regulamento 875/2007, do 24 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis no sector pesqueiro (DOUE L 193 do 25 de xullo de 2007) e Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352 do 24 de decembro de 2013); no contrato de financiamento subscrito entre o Instituto de Crédito Oficial e as entidades de crédito (liñas ICO 2014 ) e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 48 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO II
Actividades incentivables-CNAE 2009
Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO (Programa microcréditos)

Sección

CNAE

Actividade

Observacións

Agricultura, gandería, silvicultura e pesca

01

Agricultura, gandería, caza e servizos relacionados coas mesmas

Agás 01.15 e 01.70

 

02

Silvicultura e explotación forestal

 

 

03

Pesca e acuicultura

Industrias extractivas

08

Outras industrias extractivas

09

Actividades de apoio ás industrias extractivas

Industria manufactureira

10

Industria da alimentación

 

 

11

Fabricación de bebidas

 

 

13

Industria téxtil

 

 

14

Confección de roupa de vestir

 

 

15

Industria do coiro e do calzado

 

 

16

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría

 

 

17

Industria do papel

 

 

18

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

 

 

20

Industria química

 

 

21

Fabricación de produtos farmacéuticos

 

 

22

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

 

 

23

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

 

 

24

Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaliaxes

 

 

25

Fabricación de produtos metálicos, salvo maquinaria e equipamento

 

 

26

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

 

 

27

Fabricación de material e equipo eléctrico

 

 

28

Fabricación de maquinaria e equipo n.c.o.p

 

 

29

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

 

 

30

Fabricación doutro material de transporte

 

 

31

Fabricación de mobles

 

 

32

Outras industrias manufactureiras

 

 

33

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

 

Fornecemento de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación

38

Recollida, tratamento e xestión de residuos; valorización

 

39

Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

Construción

43

Actividades de construción especializada

Comercio

45

Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

 

 

47

Comercio ao retallo, salvo vehículos de motor e motocicletas

 

Transporte e almacenamento

49

Transporte terrestre e por tubaxe

Agás vehículos de transporte no sector transporte de mercadorías por estrada

 

50

Transporte marítimo e por vías navegables interiores

 

 

51

Transporte aéreo

 

52

Almacenamento e actividades anexas ao transporte

 

Hostalaría

55

Servizos de aloxamento

 

 

56

Servizos de comidas de bebidas

Información e comunicacións

58

Edición

 

 

59

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

 

 

60

Actividades de programación e emisión de radio e televisión

 

 

61

Telecomunicacións

 

 

62

Programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática

 

 

63

Servizos de información

 

Investigación e desenvolvemento

72

Investigación e desenvolvemento

 

73

Publicidade e estudos de mercado

 

 

74

Outras actividades profesionais, científicas e técnicas

 

75

Actividades veterinarias

Actividades administrativas e servizos auxiliares

77

Actividades de alugamento

 

 

78

Actividades relacionadas co emprego

 

79

Actividades de axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas con estes

80

Actividades de seguranza e investigación

81

Servizos a edificios e actividades de xardinaría

82

Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares as empresas

87

Asistencia en establecementos residenciais

88

Actividades de servizos sociais sen aloxamento

90

Actividades de creación, artísticas e espectáculos

91

Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais

93

Actividades deportivas, recreativas e de entretemento

 

95

Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico

 

96

Outros servizos persoais

ANEXO IV
Concellos preferentes

Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO (Programa microcréditos).

1. Concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal:

A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Ares, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

2. Concellos da Costa da Morte:

A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo, Zas.

3. Concellos da provincia de Lugo.

4. Concellos da provincia de Ourense.

ANEXO VI
Relación de entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas

Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO (Programa microcréditos)

                     Caixas

                           Bancos

                               Sgr

– Caixa Rural Galega, Sociedad
Cooperativa de Crédito Limitada Gallega

– Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

– Bankinter, S.A.

– NCG Banco, S.A.

– Banco Caixa Geral, S.A.

– Banco de Sabadell, S.A.

– Banco Pastor, S.A.

– Banco Popular Español, S.A.

– Afianzamientos de Galicia, Sociedad de Garantía Recíproca (Afigal, S.G.R.).

– Sociedad de Garantía Recíproca de la Pequeña y Mediana Empresa de
Pontevedra y Ourense (Sogarpo, S.G.R.).

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file