Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26350

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 3 de xuño de 2014 pola que se modifica, no relativo ás anualidades, a Orde do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convoca para o exercicio 2013 o devandito procedemento.

A Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 3 de xuño de 2013 (DOG núm. 109, do 10 de xuño) establece as bases reguladoras e procede á convocatoria de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura.

No artigo 3 da citada orde detállanse as aplicación orzamentarias e o importe económico previsto nas anualidades 2013 e 2014 para o financiamento das ditas axudas.

Tendo en conta as especiais circunstancias administrativas que dificultaron a tramitación destas axudas no exercicio 2013, as cales non puideron ser resoltas ata o ano 2014, fai preciso realizar unha modificación de crédito por anualidades con respecto ao previsto inicialmente.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 3.7 da Orde do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca, e se convoca para o exercicio 2013 o devandito procedemento, que queda redactado como segue:

7. Para o ano 2013 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.772.0 que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Medio Rural e do Mar para o ano 2013, aprobado pola Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A concesión das subvencións queda supeditada á existencia de crédito adecuado e suficiente. Os importes máximos das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán a 8.000.000 de euros, distribuídos na anualidade 2014.

Disposición adicional única

A modificación das anualidades prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 3 de xuño de 2013.

Disposición derradeira única

A presente orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar