Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27038

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 68/2014, do 12 de xuño, polo que se concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago a título persoal a Vicente del Bosque González, Marqués de Del Bosque.

En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgar esta alta distinción á persoa que se indica a seguir.

Por tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xuño de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Conceder o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago a título persoal e con carácter vitalicio a Vicente del Bosque González, Marqués de Del Bosque.

Santiago de Compostela, doce de xuño de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza