Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41502

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO de adxudicación de contrato mixto de obras e equipamento (expediente CMIOSC01/2014).

Por acordo do Pleno Municipal do 7 de agosto de 2014, adxudicouse o contrato mixto de obras e subministración consistente en construción e equipamento de edificio destinado a centro de día, residencia de Montederramo (expediente CMIOSC01/2014), o que se publica para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Montederramo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: CMIOSC01/2014.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://dpouv2.depourense.es/index.php/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto de obras e subministración.

b) Descrición: construción e equipamento de edificio destinado a centro de día-residencia.

c) Lote (no seu caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45215212-6/39151000-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP de Ourense, perfil de contratante e DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 31 de maio, 5 de xuño e 11 de xuño de 2014, respectivamente.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.098.962,81 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.098.962,81 euros.

Importe total: 1.329.745,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 20 de agosto de 2014.

c) Contratista: UTE Hnos. Carrajo, S.A./Desmaco, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 846.201,36 euros.

Importe total: 1.023.904,33 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Prezo: neto de 846.201,36 euros e total de 1.023.904,33 euros.

Prazo de execución: 6 meses.

Prazo de garantía: 10 anos.

Execución de melloras:

– Acometida para a subministración de enerxía eléctrica.

– Acondicionamento de aparcadoiro.

– Acondicionamento de acceso/axardinamento do contorno.

– Dous vehículos para desprazamentos dos maiores.

Montederramo, 21 de agosto de 2014

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde