Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42854

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2014 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG núm. 147, do 5 de agosto), establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva.

No artigo 2 das bases da orde de convocatoria determínanse os beneficiarios e os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas das axudas correspondentes ao Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, e no artigo 2 do anexo II da Orde do 2 de outubro concrétanse os requisitos para a modalidade B.

De acordo co establecido no artigo 6 da convocatoria, despois de estudadas as solicitudes publicáronse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as universidades tiveron un prazo de dez días para formularen reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez examinada a documentación, publicouse a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes admitidas foron avaliadas por un equipo de avaliadores formado por expertos de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación achegóuselle á comisión de selección definida no artigo 7 da orde de convocatoria, a cal, na súa reunión do 17 de setembro de 2014, elaborou un informe para o órgano instrutor, de acordo cos criterios establecidos na orde de convocatoria e coa dispoñibilidade de recursos. A partir deste informe, a Secretaría Xeral de Universidades elaborou a proposta de concesión.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 8 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta de concesión elevada pola Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas da modalidade B de apoio á etapa de formación posdoutoral para o ano 2014 ás universidades do SUG que contraten as persoas candidatas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I. A data de inicio dos contratos laborais establécese para o 1 de outubro de 2014.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. As 9 axudas posdoutorais (modalidade B) concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución, segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 10 das bases da convocatoria no punto referido á modalidade B, no relativo ao libramento da subvención.

Programa

Aplicación orzamentaria

Universidade

Número contratos

Crédito (en euros)

2014

2015

2016

Total

Axudas posdoutorais 2013 modalidade B

09.40.561B.444.0

UDC

1

3.850,00

35.200,00

31.350,00

70.400,00

USC

6

23.100,00

211.200,00

188.100,00

422.400,00

UVIGO

2

7.700,00

70.400,00

62.700,00

140.800,00

Total

9

34.650,00

316.800,00

282.150,00

633.600,00

Cuarto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Solicitudes concedidas

Universidade da Coruña.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Área temática

Puntuación

ED481C 2014/9

UDC

Martínez

Abraín

Alejandro

*****037R

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

83

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Área temática

Puntuación

ED481C 2014/3

USC

Lema

Márquez

Margarita

*****991P

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

88

ED481C 2014/6

USC

Miranda

López

José Manuel

*****830V

Ciencias

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

88

ED481C 2014/5

USC

Arias

Vázquez

María Sol

*****621L

Ciencias da Saúde

Gandaría e Pesca

85,5

ED481C 2014/7

USC

Rodríguez

Lado

Luis Manuel

*****092K

Ciencias

Ciencias da Terra

82

ED481C 2014/8

USC

Tovar

Carro

Sulay

*****445M

Ciencias da Saúde

Biomedicina

82

ED481C 2014/4

USC

Feás

Sánchez

Xesús

*****204A

Ciencias

Química

63

Universidade de Vigo.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Área temática

Puntuación

ED481C 2014/1

UVIGO

Galindo

Dasilva

Juan

*****124P

Ciencias

Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía

84

ED481C 2014/2

UVIGO

Mohamed

Falcón

Kais Jacob

*****909F

Ciencias

Ciencias da Terra

77