Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Luns, 12 de xaneiro de 2015 Páx. 1098

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución do 15 de xaneiro de 2014.

A selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia están regulados na Orde do 28 de novembro de 2013.

Na data do 11 de setembro de 2014 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 2 de setembro de 2014 pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014.

Interpostas polos interesados neste procedemento diversas reclamacións ás referidas bolsas de traballo provisionais, de acordo co establecido no artigo 12 da Orde do 28 de novembro de 2014 e no punto décimo primeiro da Resolución do 15 de xaneiro de 2014, e resoltas estas,

RESOLVO:

Aprobar as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das bolsas de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, e acordar a súa publicación nos taboleiros oficiais da Dirección Xeral de Xustiza, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos das capitais de provincia e das cidades de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, así como no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na intranet de Xustiza.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2014

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza